
Problemas para enviar un curriculo ou para conectar o teu móbil á wifi da cafetería? Dubidas como cubrir un formulario que pide un organismo? Queres facer unha videoconferencia coa familia? Nas Bibliotecas Municipais podemos axudarche.
Unha persoa experta atenderá individualmente na biblioteca as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou redes sociais na Internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...). Se necesitas axuda, podes acudir directamente nos días e horas sinalados.
Horario de atención
|
luns |
martes |
mércores |
xoves |
venres |
|
|
Ágora |
09.30-13.30 h |
16-19 h. |
09.30-13.30 h. |
||
|
Castrillón |
|||||
|
Durán Loriga |
17-20 h. |
||||
|
Forum |
10-13 h. |
17-20 h. |
10-13 h. | ||
|
Monte Alto |
10-13 h. |
10-13 h. |
17-20 h. |
||
|
Rosales |
10-13 h. |
17-20 h. |
|||
|
Sagrada F. |
17-20 h. |
10-13 h. 17-20 h. |
10-13 h |
Preguntas frecuentes
O servizo prestarase por orde de chegada, respectando a quenda, tempo e intimidade da persoa que estea sendo atendida.
Que tipo de dúbidas ou problemas axudades a resolver?
Cuestións puntuais e concretas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación: Internet, redes sociais, páxinas web... e tamén cos dispositivos dixitais como o teu móbil, portátil ou tableta: configuración, conexións, notificacións... É importante que entendas que non podemos facer cursos individuais sobre un dispositivo, informática ou Internet.
Na práctica, como podedes axudarme?
Indicámosche como facer e poñémosche exemplos, orientámoste e axudámoste pero nunca realizamos actividades no teu nome nin configuramos directamente o teu dispositivo. Non queremos coñecer as túas claves de acceso a calquera aplicación, servizo ou trámite. Podemos ensinarche a poñer unha clave segura e recomendarche que a gardes nun lugar privado pero nunca a rexistraremos nós mesmos/as.
Teño que facilitarvos a miña clave para algo?
Non queremos coñecer as túas claves de acceso a calquera aplicación, servizo ou trámite. Podemos ensinarche a poñer unha clave segura e recomendarche que a gardes nun lugar privado pero nunca a rexistraremos nós mesmos/as.
En que asuntos non me ides axudar?
Naqueles que entendamos que poidan supoñer unha vulneración da legalidade vixente. Tampouco queremos entrar nos relacionados coa túa saúde persoal, asuntos financeiros ou de carácter estritamente privado.
Podedes axudarme a realizar un trámite?
Por suposto, queremos ser facilitadores e acompañarte na realización deses trámites en liña que che piden desde a administración ou desde entidades privadas. Pero debes ter en conta que non somos orientadores/as laborais, asistentes sociais ou consultores/as financeiros/as, polo que non che poderemos axudar sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.
Podedes arranxar o meu teléfono ou a miña tableta?
Podémoste orientar na configuración correcta do teu dispositivo e mesmo poderiamos deducir se hai algún tipo de problema, pero en ningún caso a nosa misión é arranxar unha disfunción do aparello.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible