Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Xestión de préstamos

"Identifícame"

Se o desexas, podes consultar ou renovar os teus préstamos a través do teu espazo persoal no catálogo, sen necesidade de acudir á biblioteca ou chamar por teléfono.

Para iso tes que premer sobre a casa "Identifícame" e cubrir o teu número de carné e contrasinal, e abrir a continuación o apartado "A miña biblioteca" do menú que aparece ao premer sobre o teu nome.

Consultar os meus préstamos

Captura da pantalla de préstamos

Para que podas ver os materiais que tes prestados no teu carné, debes seguir antes de nada os pasos indicados máis arriba: introduce o número de carné da biblioteca e o contrasinal e clica sobre "A miña biblioteca".

Baixo os teus datos persoais, que tamén podes consultar, aparecerá un símbolo co número de documentos prestados.

Se clicas enriba do número de préstamos, abriráseche unha pantalla que amosa a relación de materiais que están prestados ao teu carné coas datas de préstamo e devolución, se é posible renovalos, e mesmo poderás solicitar un recibo coas datas de devolución por correo electrónico.

En caso de ter títulos reservados, verás información sobre se unha reserva está activa, caso en que poderás ir recollela á biblioteca onde a solicitases.

Outra información dispoñible, se decides activala, é a consulta do historial dos teus últimos documentos devoltos.

Volver a menú

Renovar os meus préstamos

Non é posible renovar un documento fóra do prazo de préstamo

Desde a mesma pantalla onde consultas os préstamos, poderás renovalos por un prazo de 10 días (só unha única vez) sempre que sexa posible. Isto será así se o documento permite renovacións, se está nos últimos 7 días de préstamo e non existen reservas sobre el.

Hai certos documentos que non poden renovarse en ningún caso, como as publicacións periódicas ou as películas.

Cando o documento pode renovarse, estará claramente indicado a carón das datas de préstamo e devolución do título (ou títulos) que che interese renovar.

Para facer a renovación, activa o check do botón correspondente ao título e clica sobre Renovar.

Volver a menú

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión