Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos de español para persoas estranxeiras

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

En que consisten os cursos de español para persoas estranxeiras?

Estas clases están destinadas a persoas estranxeiras de orixe non hispana que teñan dificultades para comunicarse en español. O seu obxectivo é unha mellora no manexo lingüístico das situacións cotiás e un achegamento, a través do idioma, á cultura local.

As clases teñen unha periodicidade bisemanal e unha duración dunha hora cada unha.

Como participar

  • As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse na propia biblioteca de forma presencial.
  • A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.

Onde e cando

Lugar Día Día semana Hora
Biblioteca Municipal Sagrada Familia Grupo I Martes e xoves 18.00 a 19.00 horas
Grupo II Martes e xoves 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora Grupo I Martes e xoves

16.00 a 17.00 horas

Grupo II Martes e xoves 17.00 a 18.00 horas

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Próximos Cursos de español para estranxeiros

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión