Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pena Loureira

Pena Loureira

O que agocha a pedra

Na dirección oeste do castro, no cumio dun outeiro e dándolle nome ao monte, localízase a Pena Loureira. É unha gran rocha de granito situada na marxe dereita da vella estrada que unía A Coruña e Arteixo. Polo lado oeste presenta marcas extractivas de cantería tradicional, mentres que polo lado este posúe unha concavidade na que segundo a tradición oral "pódense refuxiar varias persoas". Este punto resulta ser un observatorio natural excepcional, coa Torre de Hércules as norte, o santuario da Pastoriza ao oeste e o castro de Elviña ao leste. A pedra serve de marco tradicional local e sobre ela existen lendas.

O tipo de localización no que se sitúa a pedra e o folclore asociado ten levado a algún autor a relacionala con crenzas prerromanas de influencia celta, dotándoa de valor apotropaico e chegando mesmo a relacionarse coa función guerreira. Nesta liña pénsase que o topónimo Pedra Loureira derivaría da tradución romana de pedra dos loureiros, vinculada coa morte e o máis alá. Así é todo, na actualidade existen evidencias que permiten asegurar a súa utilización simbólica ou relixiosa na prehistoria.

Pena Loureira

Pena Loureira coa Torre de Hércules ao norte

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión