Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Cidade da Coruña

Plano da ría e cidade da Coruña do cartógrafo portugués Pedro Teixeira, 1634

A cidade da Coruña

Unha vocación liberal que vén de antigo

A posición xeográfica estratéxica determinou o devir da cidade. Primeiro, co establecemento romano e o seu faro, e despois coa cidade, de fácil defensa grazas á orografía e artificialmente potenciada mediante a creación dun sistema funcional de murallas e cercas.

Durante a Idade Media ampliáronse as rutas marítimas e os contactos comerciais con outras zonas, en moitos casos, auspiciados polos privilexios outorgados polos monarcas. Nestes momentos, a cidade cambiará de posición por cuestións estratéxicas. Todo finaliza e o fin da pax romana motiva o traslado de problación desde o istmo á parte alta. Tamén se cambia o topónimo antigo polo de Crunia e créase o Concello, base para a obtención do título de cidade. Entre os fitos que marcan este desenvolvemento podemos citar o privilexio do comercio de sal en 1255, o de franquía fiscal de 1286 para persoas e produtos e a posta en funcionamento dunha liña regular co porto británico de Bristol, cara a finais do século XV. A cidade vella crecía e reocupábase a zona do istmo, lugar no que se establece o poderoso gremio de mareantes.

Mais o desenvolvemento da cidade, como na época antiga, estivo relacionado co seu porto e a actividade comercial e industrial. No 1503 Carlos I outórgalle a celebración dunha feira anual de trinta días. As presentaciónes realizadas á coroa, reverteron na cidade coa implantación de organismos relacionados coa delegación dos poderes estatais no Reino de Galicia. Na cidade reuníase a Xunta do Reino e no século XVIII aloxará a Intendencia Xeral de Galicia. Os correos marítimos con ultramar ampliarán o espectro de mercado cara a América.

Co devir do tempo crearanse fábricas de industrias dedicadas ao téxtil, conservas, salgadura e outras moitas actividades. Todo este crecemento económico foi parello ao social e cultural, visibles entre outros aspectos na fundación de importantes institucións científicas e humanísticas vinculadas a un sentimento liberal moderno, que galvanizará a personalidade da urbe.

Sobre estes antecedentes, xa na época contemporánea, a cidade da Coruña será o xerme de diferentes movementos sociais, culturais e de carácter político, vinculados ao nacemento do galeguismo e da valorización da propia identidade.

Como na antigüidade, as cousas e as xentes viñeron polo mar de lonxe, e tamén se foron por el, xuntándose co propio e mesturándose co alleo. A posición da cidade e a actitude da xente fixo posible que entre Mediterráneo e Atlántico primeiro e entre vello e novo continente despois, a cidade fose porto central na primeira liña de escala das ideas.

Cidade da Coruña

Plano da Coruña e inmediacións, José Velarde, 1812 (Ministerio de Defensa)

Cidade da Coruña

Plano da Coruña e inmediacións, José Velarde, 1812 (Ministerio de Defensa)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión