Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Sistema defensivo

Coiraza do Orzán

O sistema defensivo da cidade

A forza e garda do Reino de Galicia

Mirando cara ao mar cerrábase polo oeste a embocadura da ría, mentres que en terra, a pena granítica que conforma a península aparecía unida ao continente por unha franxa liviá de area que, de forma natural, ofrecía unha posición estratéxica singular propiciando unha defensa útil da cidade, que será acoirazada coa construción das murallas.

As murallas nas cidades non cumpriron soamente funcións de carácter defensivo. Na época medieval, a muralla será un elemento imprescindible da urbe, sendo a súa imaxe e símbolo. Serve de límite e configura o desenvolvemento urbano, ademais de facilitar o control fiscal nos seus accesos, regulando o tránsito de persoas e mercadorías, ou protexendo os seus habitantes en época de epidemias.

Tras a construción do castro de Elviña, a poboación residente na actual cidade da Coruña e nos arredores, non necesitará a construción de espazos amurallados ata entrar na Idade Media. Moitos castros créanse xa baixo a integración romana, e constrúense murallas que non cumprirían as funcións de defensa militar, do mesmo xeito que outros de orixe indíxena, como no caso de Elviña, que agora amplían e melloran o sistema de protección. Este fenómeno relaciónase polo tanto con funcións de tipo simbólico, de prestixio e sen dúbida funcionalidade, facilitando a protección de persoas, animais, vivendas e materiais, no alto dun outeiro.

Tras o cambio de era, o asentamento portuario aberto de Brigantium, sincrónico coa vida do castro nesta fase, non precisará elementos defensivos. A poboación que anteriormente se instalase nesta parte baixa, ocupará na Idade Media a zona alta, dando orixe á Cidade Vella e a parte do areal do Parrote. Estes acontecementos relaciónanse coa repoboación de 1208, promovida polo rei Alfonso IX. O espazo será amurallado e terase que ampliar, debido á expansión urbana, coa construción dunha segunda preto, atribuída ao monarca Enrique II, durante a segunda metade do século XIV. O trazado non variará ata o ataque de Francis Drake no 1589. Esta defensa aparecía configurada por un muro alto de cachotería de diferente anchura, baluartes semicirculares e algún de planta cadrada.

Varios treitos desta muralla medieval serán aproveitados como parte da muralla construída nos séculos XVII e XVIII, reforzada e ensanchada, sendo derruída noutros puntos. Parte desta pódese contemplar actualmente no xardín de Capitanía e, en maior medida, no xardín de San Carlos.

Coa cidade nomeada "forza e garda do Reino de Galicia" baixo o reinado de Felipe II, a cidade convértese nunha praza forte militar, reforzada na segunda metade do século XVI. No 1588 empezan as obras do castelo de San Antón, primeira construción defensiva moderna fóra da cidade, sobre unha illa próxima ao Parrote.

Será na Idade Moderna cando se erixa o complexo sistema defensivo coñecido, reflexo dos sistemas e tipoloxías da arquitectura militar da época. Ademais de coa muralla, repleta de baluartes formando a coñecida planta en estrela, o sistema defensivo completábase con outras fortificacións e baterías, permitindo unha mellor defensa. Como elemento singular destaca a coñecida como coiraza de Orzán, testemuña dunha liña defensiva ideada para cerrar o acceso á península por terra, perpendicular ao istmo de costa a costa. Coa expansión urbanística, as estruturas defensivas serán parcialmente derrubadas no século XIX. Actualmente pódense apreciar numerosos exemplos deste complexo defensivo, conservado en diversos puntos da cidade, como a porta de San Miguel, a contorna do hospital militar e xardíns da Maestranza, a Coiraza de Orzán ou o propio castelo de San Antón.

Sistema defensivo

Baluarte do Parrote

Sistema defensivo

Lenzo da muralla no xardín de San Carlos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán un aforo máximo de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981189850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión