Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ilustración de David Sánchez, CC-BY.

Os agricultores

A obtención do alimento

A agricultura era a actividade principal no castro, xa que é esta a que proporciona o elemento básico para a vida: o alimento.

Antes da chegada dos romanos, os cultivos facíanse con aixada, os romanos introducen o arado, un avance tecnolóxico que permitiu cultivar terras máis pesadas e, polo tanto, aumentar os terreos agrícolas.

Na agricultura predominaba o cultivo de cereais (trigo, cebada e millo) e leguminosas (fabas e guisantes). Segundo Estrabón, os traballos agrícolas eran realizados de forma maioritaria por mulleres, e era de fundamental importancia a recolección de landras, e todo isto complementado coa recollida de froitos silvestres.

Hai autores que falan dunha posible rotación de cultivos baseada na alternancia cereal leguminosa e a combinación con períodos de barbeito, nas que os animais do poboado pastarían e estercarían as terras de cultivo.

En época prerromana, o cereal moíase en muíños naviformes, axeitados non só para moer o cereal senón tamén para triturar as landras, un alimento básico na alimentación castrexa. Coa chegada dos romanos aparece o muíño redondo, que foi adoptado de forma xeneralizada, o que indica tamén unha diminución da importancia da landra na alimentación por non poder ser triturada neles.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión