Concello da Coruña

Concello da Coruña

Planta da estrutura oval

Estrutura oval

A Estrutura oval

Unha construción de carácter colectivo

A Estrutura oval foi escavada por primeira vez en 2003, aínda que non foi completamente exhumada ata 2018. Trátase dunha edificación de grandes dimensións (máis de 60 m2), asentada sobre unha fase antiga de muralla. O edificio presenta un banco corrido encostado á cara interior do muro, ademais dun acceso de grandes dimensións (máis de 2 m). Conta cun patio exterior na súa área sueste, cun rebaixe de forma cadrada no afloramento no medio deste espazo.

A construción desta estrutura representa a complexidade do urbanismo interno de Elviña, ademais da súa gran relevancia no mesmo. Sabemos que é unha construción posterior á estruturación da muralla da croa e do seu acceso, sendo construída nesta localización de forma consciente e con intención de separar este espazo da zona norte a través dun muro que impide o acceso. Ao mesmo tempo, o camiño empedrado que lle dá servizo á croa estrutúrase ao redor del en zig-zag, remarcando a súa relevancia.

Un edificio colectivo e asembleario

Esta edificación considérase como unha estrutura de carácter colectivo, destinada a acoller parte da poboación do castro (quizais baixo algún tipo de criterio de status, rango ou condición) en determinadas circunstancias. Este feito sinálase atendendo á existencia dun banco corrido, un indicador arqueolóxico de edificacións relixiosas ou asemblearias na Idade do Ferro. Outros aspectos como a ausencia de elementos domésticos no interior, a presenza dun van de grandes dimensións e dun patio con posible funcionalidade cultual apuntan nesta mesma dirección.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión