Concello da Coruña

Concello da Coruña

Estrutura oval e muralla antiga (marcada en negro)

Castro antigo

O primeiro castro

Elviña antes de Elviña

Con anterioridade á fase de apoxeo do poboado, que pode apreciarse actualmente na maior parte das construcións do castro, existiu unha fase moi pouco coñecida, que se corresponde cunha fortificación anterior á que actualmente vemos.

Baixo a Estrutura Oval, identificouse un muro graduado moi potente, de máis de 1 m de ancho, que se correspondería cunha fase de muralla anterior á que actualmente se aprecia na croa. Neste contexto, obtivéronse varias datacións de carbono 14, que nos permiten afirmar que a muralla estaba en uso con anterioridade ao s. IV a.C.

Descubrindo unha vida antiga do castro

A identificación desta muralla permitiu observar outras evidencias arqueolóxicas con outros ollos. Xa se coñecía a existencia dunha vivenda de pedra circular, que foi destruída para asentar a "nova" muralla. Todo parece indicar que se corresponderían con esta primeira fase do castro. Quizais tamén sexa posible adscribir a esta fase as dúas vivendas pétreas circulares que se sitúan nas bases da croa, e quizais tamén as vivendas construídas en madeira e materiais perecedoiros que se atopan na parte máis elevada da croa. Por agora, aínda queda moito por descubrir sobre este primeiro Castro de Elviña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión