Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Comercio

Comercio

Elviña relaciónase co mundo

Os primeiros comerciantes están documentados arredor do século VI a. C. e chegan ás nosas costas desde o sur, concretamente de Gades (Cádiz), colonia púnica que mantería o monopolio da ruta comercial no Atlántico ata a conquista de Roma. Os produtos importados máis antigos eran as cerámicas púnicas, iberopúnicas, ibéricas e gregas, cunha cronoloxía a partir do século IV a.C.

A partir dos séculos IV-III a. C. aparecen as ánforas e outros envases da área mediterránea que contiñan viño, aceite e salgadura. No século II a. C. empeza a introducirse a cerámica campaniense, como a procedente do golfo de Nápoles e da que se atoparon varios exemplos en Elviña. Durante o cambio de era tamén empezará a chegar a terra sigillata.

Os produtos que se exportaban desde aquí eran principalmente o estaño e o ouro. Que os excedentes cos que se comerciaba fosen principalmente materias primas era consecuencia do escaso desenvolvemento da artesanía local.

O comercio interior entre poboados indíxenas debeu ser moi limitado porque, a pesar de que puideron intercambiarse algúns recursos de produción local entre eles (pedras de características apropiadas para a fabricación de determinados instrumentos ou metais), estamos a falar dunha economía de marcado carácter de subsistencia. E non só no referente aos cultivos senón tamén ao abastecemento de cerámicas, peles e tecidos que se traballaban nos distintos poboados, tal e como testemuñan os útiles relacionados con estes traballos.

De todos os xeitos podemos pensar que cando certos produtos eran resultado dun alto grao de especialización técnica, como determinadas cerámicas, xoias ou outros obxectos de uso ornamental ou ritual, tiñan a súa orixe en talleres e artesáns concretos e logo eran distribuídos.

Partindo da base de que a maioría dos recursos alimenticios proviñan da propia produción agropecuaria do poboado, produtos doutros lugares serían demandados exclusivamente en períodos de malas colleitas que, en época prerromana, serían obtidos con frecuencia por medio da pillaxe.

Comercio

Ánforas romanas do Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, A Coruña


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión