Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Petróglifos

Coviñas ao pé da entrada SO á croa do castro

Petróglifos de Elviña e a Torre de Hércules

Pedras gravadas ao longo dos séculos

No actual termo municipal da Coruña existe unha baixa densidade de gravados rupestres, en relación con outras áreas costeiras galegas. Estes localízanse nos arredores do castro de Elviña, a Torre de Hércules, o Monte dos Castelos en Nostián, Pedra Maiores en Feáns e o da Polvoreira, trasladado no seu momento ao museo de San Antón, e as referencias a gravados xeométricos en Monte dos Bicos en Monte Alto.

Petróglifos

Afloramento cos gravados á entrada do castro

Petróglifos do castro de Elviña

No castro de Elviña localízanse varios petróglifos. Este fenómeno é habitual dentro do mundo castrexo, tanto en hábitat de cronoloxía antiga, como noutros máis modernos ou da segunda Idade do Ferro, como é o caso de Elviña.

Por desgraza, non coñecemos a finalidade dos petróglifos nos castros, xa que algúns foron realizados séculos antes da ocupación dos hábitat castrexos e outros durante o seu uso. Entre os motivos máis comúns están as cazoletas, os serpentiformes así como os círculos concéntricos.

Os gravados localizados en Elviña destacan pola súa sinxeleza. Correspóndense cos petróglifos do Abrigo do Lusío, compostos por varias cazoletas e un singular tridente, o grupo de grandes cazoletas localizadas ao pé do acceso SW á croa, o petróglifo da morena composto por dezasete cazoletas e o petróglifo do suco ovalado irregular. As cazoletas presentan unha cronoloxía ampla, desde o Neolítico ata épocas históricas. Ademais destes petróglifos, localizáronse varios rebaixes sobre o substrato, probablemente relacionados coa base para a sustentación de columnas de madeira ou outro tipo de elementos construtivos.

Petróglifos

Detalle do petróglifo de Punta Herminia, "Pena do Altar"

Petróglifos da Torre de Hércules

Na península da Torre de Hércules sitúanse os petróglifos de Punta Herminia, e denomínase o primeiro panel descuberto como Pedra do Altar. A pedra presenta multitude de motivos superpostos, especialmente cruciformes e alfabetiformes, entre eles o J, polo que se deduce que, canto menos, foron gravados durante a Idade Media. O topónimo Pedra do Altar poderíase corresponder cunha interpretación popular das representacións, ou referirse á súa función como tal en épocas pretéritas, quedando fosilizada esta na denominación.

  • Petroglifos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión