Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coruña en forma 2025

Coruña en Forma

O Concello da Coruña ofrece cada verán o programa deportivo Coruña en Forma, unha iniciativa que ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre. Este programa ofrece actividades deportivas dirixidas, abertas á cidadanía, sen inscrición previa, e totalmente gratuítas para promover hábitos de vida saudables durante os meses de xullo e agosto.

A cidadanía poderá participar, de luns a venres, en horario de mañá e tarde, nas seguintes modalidades deportivas: ioga, tai-chi, ximnasia aeróbica, zumba, maiores en forma, pilates e tonificación muscular. As actividades estarán dirixidas por persoal especializado, que guiará ás persoas participantes a través dos distintos exercicios. As actividades terán un nivel de intensidade moderado para adaptarse a todo tipo de niveis de condición física das persoas participantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión