Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos trimestrais de golf - 1.º trimestre de 2025

(Xaneiro, febreiro e marzo de 2025)

18 de decembro de 2024: listaxe de adxudicación e lista de espera

Procédese á publicación da listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera dos cursos municipais de Golf do primeiro trimestre de 2025 (Xaneiro, Febreiro e Marzo).

  • Listaxe de adxudicación de prazas

Matrícula

As persoas que obtivesen praza, poderán tramitar a matrícula no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 19 ao 26 de decembro de 2024.

Cada persoa só poderá matricularse nun único curso, aínda que por sorteo teña adxudicadas as dúas opcións solicitadas. Agás que, finalizada a lista de espera, quedasen prazas libres.

No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.

A xestión da lista de espera será do 27 ao 30 de decembro.

Documentación que debe acompañarse para a matrícula.

  • a) Fotocopia do DNI (desde os 14 anos).
  • b) Para menores de idade ou persoas suxeitas a tutela, aínda que que dispoñan de DNI propio, tamén deberá presentarse Libro de Familia e DNI de pai/nai ou titor/titora legal. No caso de persoas suxeitas a tutela deberá presentarse tamén o documento legal que a acredite.

16 de decembro de 2024: Sorteo

Realizouse o sorteo para obter o número que establecerá o corte á hora de adxudicar as prazas dos cursos municipais de golf do primeiro trimestre de 2025, e o número obtido foi o 59.

Pódese consultar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: Sorteo

A listaxe coa adxudicación das prazas e a lista de espera publicarase o 18 de decembro de 2024, a partir das 14.00 h.

13 de decembro de 2024: Listaxe definitiva de solicitantes

Tras a finalización do prazo para realizar emendas e ao non se recibir ningunha, publícase a listaxe definitiva de solicitantes, coa inclusión do número de sorteo, asignado por orde cronolóxica de solicitude.

  • Por orde alfabética: listaxe definitiva alfabética
  • Por orde cronolóxica: listaxe definitiva Cconolóxica

O sorteo está previsto para o luns 16 de decembro de 2024, ás 09.00 h

Poderase seguir en directo a través da seguinte ligazón: Sorteo

10 de decembro de 2024: Listaxe provisional de solicitantes

Publícase a listaxe provisional de solicitantes dos cursos municipais de golf do primeiro trimestre de 2025.

  • Listaxe provisional trimestre 1 Cursos Municipais Golf ano 2025

Con esta publicación, ábrese o prazo para a emenda de erros ata o 12 de decembro de 2024. As alegacións presentaranse por correo electrónico ao enderezo programasdeportivos@coruna.gal.

No prazo de corrección de erros non se admitirán novas solicitudes nin cambios na orde de preferencia dos cursos solicitados, tan só se atenderá á corrección dos datos persoais consignados no formulario (Base 3.3).

Convocatoria

Presentación de solicitudes

FORMULARIO DE SOLICITUDES Cursos Municipais de Golf 1º T 2025

  • Presentación das solicitudes: as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 02 de decembro a partir das 08:00 h ata o 8 de decembro de 2024 ás 23:59 h, ambos inclusive.
  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o 10 de decembro de 2024 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación da listaxe provisional para que se poidan formular alegacións ata o 12 de decembro de 2024. As alegacións presentaranse por correo electrónico ao enderezo programasdeportivos@coruna.gal.
  • Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 13 de decembro de 2024 a partir das 14:00 h.
  • Sorteo público: terá lugar o 16 de decembro de 2024, ás 09:00 h.
  • Listaxe de adxudicación de prazas: publicaranse o 18 de decembro de 2024 a partir das 14:00 h.
  • Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 19 ao 26 de decembro de 2024 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da lista de espera será do 27 ao 30 de decembro.

CURSOS OFERTADOS

FRANXA DE IDADE

CÓDIGO DO  CURSO

DÍAS

HORARIO

PRAZAS

ADULTOS +17 INICIACIÓN

13.2.25.02.06.0.01

LUNS E XOVES

09:30 a 10:30

8

13.2.25.02.06.0.02

LUNS E XOVES

10:30 a 11:30

8

13.2.25.02.06.0.03

LUNS E XOVES

11:30 a 12:30

8

13.2.25.02.06.0.04

LUNS E XOVES

19:30 a 20:30

8

13.2.25.02.06.0.05

LUNS E XOVES

20:30 a 21:30

8

13.2.25.02.06.0.06

MARTES E VENRES

09:30 a 10:30

8

13.2.25.02.06.0.07

MARTES E VENRES

10:30 a 11:30

8

13.2.25.02.06.0.08

MARTES E VENRES

11:30 a 12:30

8

13.2.25.02.06.0.09

MARTES E VENRES

19:30 a 20:30

8

13.2.25.02.06.0.10

MARTES E VENRES

20:30 a 21:30

8

13.2.25.02.06.0.11

SÁBADO E DOMINGO

09:30 a 10:30

8

13.2.25.02.06.0.12

SÁBADO E DOMINGO

10:30 a 11:30

8

XUVENIL INICIACIÓN 12-17

13.2.25.02.09.0.15

LUNS E XOVES

18:00 a 19:00

8

13.2.25.02.09.0.16

SABADOS E DOMINGOS

11:30 a 12:30

8

INFANTIL INICIACIÓN 6-11

13.2.25.02.08.0.13

LUNS E XOVES

17:00 a 18:00

8

13.2.25.02.08.0.14

MARTES E VENRES

16:00 a 17:00

8

13.2.25.02.08.0.17

SÁBADO E DOMINGO

12:30 a 13:30

8

DATAS DE INICIO E FIN DOS CURSOS

FRECUENCIA DÍAS

DATA INICIO

DATA FIN

Luns e xoves

02 de xaneiro de 2025

17 de marzo de 2025

Martes e venres

03 de xaneiro de 2025

18 de marzo de 2025

Sábados e domingos

11 de xaneiro de 2025

22 de marzo de 2025

TAXAS

ADULTO 49.67€ INFANTIL 29.81€

Documentos relacionados

  • Bases reguladoras dos Cursos Municipais de Iniciación ao Golf ano 2025 (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión