Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coruña No Mar 2026

Tras o éxito das anteriores edicións (2021, 2022, 2023, 2024 e 2025) do Programa Coruña no Mar no verán, o Concello da Coruña pon en marcha unha nova convocatoria para o 2026.

Este programa procura axudarlle á veciñanza a saberse desenvolver no seu contorno, desenvolvendo a súa propia identidade e realizando actividades acuáticas deportivas no marco da nosa cidade.

Todo iso empregando o gran potencial de infraestruturas e entidades deportivas coas que conta a cidade, podendo deste xeito realizar unha oferta a toda a cidadanía, baseada na facilidade de oportunidades de aprendizaxe, dirixida ao mar como contorno próximo e cotián na vida das persoas.

CONVOCATORIA - Coruña no Mar 2026

PERSOAS DESTINATARIAS

A convocatoria vai dirixida a toda a cidadanía do Concello da Coruña, atendendo ás franxas de idades e número de prazas dispoñibles para cada un dos cursos e actividades ofertadas no programa, co único requisito de saber nadar 25m sen material auxiliar e cumprir co requisito da idade mínima requirida para cada un dos cursos ou actividades que se vaian solicitar.

A idade requirida para as persoas participantes está referida á que terán cumprida a 31 de decembro de 2026.

9 de Xuño - ASIGNACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA

Procédese á publicación da listaxe de asignacion de prazas do programa "Coruña no Mar - 2026", tendo en conta os seguintes criterios:

  • Nº do sorteo do dia 8 de xuño: 919
  • As persoas SI empadroadas no Concello da Coruña.
  • A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 e Opción 2).
  • As persoas NON empadroadas no Concello da Coruña.
  • A orde de preferencia da quenda indicada na solicitude (Opción 1 e Opción 2). 

Nesta listaxe as persoas que figuran coa observación ELEXIR OP 1 OU OP 2, só se poderan matricular nunha das duas opcións, xa que nesta fase só poden formalizar matrícula nun único curso, segundo o punto 5.8.5. das Bases desta convocatoria.

Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

FORMALIZACIÓN DAS MATRÍCULAS: Do 12 ao 18 de xuño de 2026, Habilitaranse dúas modalidades para formalizar a matrícula:

No caso de non formalizar a matrícula nas datas indicadas entenderase de oficio que renuncia a praza solicitada.

XESTION DA LISTAXE DE AGARDA:

Do 26 de xuño ao 2 de xullo. Só haberá un único chamamento: todas as persoas que estean na listaxe de agarda, recibirán un correo electrónico indicando a disposición de prazas.

5 e 8 de Xuño - LISTAXE DEFINITVA DE SOLICITANTES E LIGAZÓN DO SORTEO

Procédese á publicación da listaxe definitiva de solicitantes, por orde alfabética, do programa "Coruña no Mar - 2026".

Pode consultalo na seguinte ligazón:

Nesta listaxe asignase un número (Dito número aplicarase tanto a Opción 1 coma a Opción 2 solicitadas.) tendo en conta a data de entrada da solicitude, ese número será o que estableza o corte despois do sorteo do 8 de xuño as 12:30h:

Seguintes fases da convoctaoria:

  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: 9 de xuño.
  • Formalizacion da matrícula: do 12 ao 18 de xuño de 2026
  • Movemento da listaxe de agarda: 26 de xuño ao 2 de xullo. Só haberá un único chamamento: todas as persoas que estean na listaxe de agarda recibirán un correo electrónico en que se indique a disposición de prazas libres, as cales se adxudicarán por estrita orde de chegada ás oficinas ata acadar as prazas no curso solicitado.

2 de Xuño - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes, por orde alfabética, do programa "Coruña no Mar - 2026".

Prazo de emenda de erros: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes, ata o día 4 de xuño de 2026, a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas, SO SE PODERÁN SUBSANAR DATOS PERSOAIS (NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, ETC.)

Seguintes prazos:

  • Listaxe definitiva de solicitantes: 5 de xuño partir das 13.30 h
  • Sorteo: o 8 de xuño, ás 12.30 h 
  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: 9 de xuño.
  • Formalizacion da matrícula: do 12 ao 18 de xuño de 2026
  • Movemento da listaxe de agarda: 26 de xuño ao 2 de xullo. Só haberá un único chamamento: todas as persoas que estean na listaxe de agarda recibirán un correo electrónico en que se indique a disposición de prazas libres, as cales se adxudicarán por estrita orde de chegada ás oficinas ata acadar as prazas no curso solicitado.

26 de Maio - CONVOCATORIA

Establécese un único prazo de solicitude para todas as actividades do programa, coas seguintes datas:

  • Solicitudes: 27 ao 31 de maio ás 23.59 h a través da seguinte ligazón:
  • Listaxe provisional de solicitantes: 2 de xuño a partir das 15.00 h
  • Prazo de corrección: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes e ata o 4 de xuño remitindo un correo electrónico ao correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.
  • Listaxe definitiva de solicitantes: 5 de xuño partir das 13.30 h
  • Sorteo: o 8 de xuño, ás 12.30 h 
  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: 9 de xuño.
  • Formalizacion da matrícula: do 12 ao 18 de xuño de 2026
  • Movemento da listaxe de agarda: 26 de xuño ao 2 de xullo. Só haberá un único chamamento: todas as persoas que estean na listaxe de agarda recibirán un correo electrónico en que se indique a disposición de prazas libres, as cales se adxudicarán por estrita orde de chegada ás oficinas ata acadar as prazas no curso solicitado.

Límite de solicitudes: cada persoa poderá presentar unha única solicitude. No caso de rexistrar no mesmo prazo máis dunha solicitude para Cursos ou para Actividades, sempre se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación familiar, aquelas persoas que desexen optar ao mesmo curso deberán cubrir un único formulario de preinscrición no que reflectirán a todos/as os/as menores, coa condición de que sexan membros da mesma unidade familiar ou que demostren convivencia no mesmo domicilio.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

Logo de recibir todas as solicitudes e unha vez finalizado o prazo de corrección de erros, asignaráselle un número a cada solicitude por orde cronolóxica de entrada. Unha vez asignado, no resto do procedemento atenderase sempre a ese número.

SORTEO

Naqueles cursos nos que a demanda sexa maior que a oferta, procederase a asignar as prazas a partir dos números de solicitude, conforme ao sorteo público.

Orde de preferencia para a asignación de prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  2. A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude.
  3. O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado, e conforme ao número que saíse no sorteo público.

Requisitos para poder participar neste programa

  • Saber nadar 25m sen material auxiliar
  • Cumprir coa idade mínima establecida para cada curso ou actividade, referida á que o/a alumno/a debe ter a 31 de decembro de 2026.

Custo dos cursos:

  • CURSOS SEMANAIS (de cinco días, de luns a venres):
    • Menores de 18 anos: : 8,74 €
    • 18 anos e maiores de 18 anos: 10,92 €
  •  ACTIVIDADES PUNTUAIS (dun día: venres, sábado ou domingo): 8,73 €

Estes prezos estarán regulados pola Ordenanza Fiscal Nº15 - TAXA POLA PRESTACION DE SERVIZO EN INSTALACION DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Pode facer a solicitude no formulario inserido na seguinte ligazón, o prazo remata o 31 de maio de 2026, ás 23.59h.

Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto ao pe da páxina:

A continuación pode consultar a oferta de cursos semanais e actividades puntuais do programa Coruña no Mar 2026:

CURSOS INTENSIVOS SEMANAIS - CORUÑA NO MAR 2026 (De luns a venres)

CODIGO ACTIVIDADE DATAS HORARIO IDADES PRAZAS LOCALIZACIÓN ENTIDADE
CS51 Surf  1ª Quenda: 29 de xuño ao 3 de xullo  11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS01 Surf   2ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS02 Surf   3ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS03 Surf   4ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS04 Surf   5ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán Brava Surf
CS05 Surf   6ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán O Son do Mar
CS06 Surf   7ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán O Son do Mar
CS07 Surf   8ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán O Son do Mar
CS08 Surf   9ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos 12 Praia do Orzán O Son do Mar
CS09 Paddlesurf   1ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos

7

Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS10 Paddlesurf   2ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos 7 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS11 Paddlesurf   3ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos 7 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS12 Paddlesurf   4ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos 7 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS13 Paddlesurf   5ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos 7 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS14 Paddlesurf   6ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos 7 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS15 Paddlesurf   7ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos 7 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS16 Paddlesurf   8ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos 7 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS17 Vela Lixeira   1º Quenda: 29 de xuño ao 3 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS18 Vela Lixeira   1º Quenda: 29 de xuño ao 3 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS19 Vela Lixeira   2ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS20 Vela Lixeira   2ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS21 Vela Lixeira   3ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS22 Vela Lixeira   3ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS23 Vela Lixeira   4ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS24 Vela Lixeira   4ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS25 Vela Lixeira   5ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS26 Vela Lixeira   5ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS27 Vela Lixeira   6ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS28 Vela Lixeira   6ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS29 Vela Lixeira   7ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS30 Vela Lixeira   7ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS31 Vela Lixeira   8ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS32 Vela Lixeira   8ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS33 Vela Lixeira   9ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos 12 Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS34 Vela Lixeira   9ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos 6 Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS35 Windsurf   1ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS36 Windsurf   2ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS37 Windsurf   3ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS38 Windsurf   4ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS39 Windsurf   5ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS40 Windsurf   6ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS41 Windsurf   7ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS42 Windsurf   8ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos 6 Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS43 Piragüismo   1ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS44 Piragüismo   2ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS45 Piragüismo   3ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS46 Piragüismo   4ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS47 Piragüismo   5ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS48 Piragüismo   6ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS49 Piragüismo   7ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS50 Piragüismo   8ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos 12 Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias

ACTIVIDADES PUNTUAIS - CORUÑA NO MAR 2026 (Un día: venres, sábado ou domingo)

CODIGO ACTIVIDADE DATAS HORARIO IDADES PRAZAS LOCALIZACIÓN ENTIDADE
AF01 Natación Augas Abertas   Sábado 4 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos 12 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF02 Natación Augas Abertas   Sábado 4 de xullo   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos 10 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF03 Natación Augas Abertas   Sábado 18 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos 12 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF04 Natación Augas Abertas   Sábado 18 de xullo   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos 10 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF05 Natación Augas Abertas   Sábado 1 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos 12 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF06 Natación Augas Abertas   Sábado 1 de agosto   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos 10 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF07 Natación Augas Abertas   Sábado 15 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos 12 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF08 Natación Augas Abertas   Sábado 15 de agosto   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos 10 Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF09 Kaiak   Sábado 11 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF10 Kaiak  Sábado 18 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF11 Kaiak  Sábado 1 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF12 Kaiak  Sábado 15 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF13 Kaiak  Sábado 22 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF14 Pesca   Domingo 5 de xullo   10:00 a 13:00h   Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AF15 Pesca   Domingo 12 de xullo   10:00 a 13:00h   Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AF16 Pesca   Venres 31 de xullo   16:00 a 19:00h  Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AF17 Pesca   Venres 7 de agosto   16:00 a 19:00h   Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro

Documentos relacionados

  • BASES - Coruña no Mar 2026 (331 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión