Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa deportivo "En liña"

#ActívomeNaCasa #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa #MeActivoEnCasa

O programa xorde coa finalidade de axudar a manter unha vida activa e saudable durante o estado de alarma decretado polo Goberno con motivo do COVID-19, desde o sábado 14 de marzo de 2020 e que carrexa como medida extraordinaria a limitación de movementos da cidadanía en todo o territorio nacional, dando lugar á permanencia nos fogares durante a práctica totalidade do día.

OBXECTIVOS:

  • Evitar o sedentarismo
  • Activar corpo e mente para mellorar o benestar xeral
  • Conseguir pasar o menor tempo sentado/a
  • Contribuír a crear unha rutina diaria de vida saudable
  • Reducir tempos de pantalla, descansando a vista
  • Manter e/ou mellorar a forza, coordinación, flexibilidade, resistencia, equilibrio, axilidade, percepción corporal, espacial, temporal e a relaxación.

PERSOAS DESTINATARIAS:

Desde menores a partir de 6 anos, mocidade, persoas adultas, maiores e familias.

MATERIAIS NECESARIOS:

Ningún, ou material diverso que habitualmente se pode atopar en cada casa: botellos de auga, paquetes de arroz ou pasta, medias ou calcetíns...

RECOMENDACIÓNS:

  • Antes de realizar calquera sesión, fai falta dedicar entre 10 e 20 minutos ao quecemento e á activación cardiopulmonar.
  • Indumentaria: cómoda, flexible, zapatillas de deporte ou descalzo/a en función da actividade.
  • Non esquecer a hixiene persoal.
  • É importante hidratarse antes, durante e ao finalizar a sesión de exercicio físico.

ACTIVIDADES E INTENSIDADES:

  • Intensidades: suave, moderada, intensa
  • Actividades:
    • Para todas as idades: quecemento previo a calquera actividade, estiramentos para volver á calma e finalizar calquera sesión
    • Para nenas e nenos: xogos de coordinación, percepción corporal, espacial e temporal, coordinación, equilibrio, flexibilidade. Xoves: acondicionamento físico moderado - intenso, tonificación moderada - intensa, mantemento, pilates, sesión aeróbica
    • Persoas adultas: acondicionamento físico suave - moderado - intenso, tonificación suave - moderada - intensa, mantemento, pilates, sesión aeróbica
    • Maiores: acondicionamento físico suave - moderado, tonificación suave, mantemento, pilates, sesión aeróbica.

Actividades - En liña

Estiramentos

Estiramentos from Concello da Coruña on Vimeo.

Actividades infantil/xuvenil - 6 a 17 anos

Xogos de coordinacion e axilidade +6

Xogos +6 from Concello da Coruña on Vimeo.

Xogos de coordinación 2.ª parte +6

En Liña - Xogos2 +6 from Concello da Coruña on Vimeo.

Exercicios de coordinacion con raqueta +9

Exercicios Coordinación +9 from Concello da Coruña on Vimeo.

Actividades +18 anos

Acondicionamento +18

Acondicionamento +18 from Concello da Coruña on Vimeo.

Tonificación +18

Tonificación +18 from Concello da Coruña on Vimeo.

Pilates +18 - 1.ª parte

Pilates +18 parte1 from Concello da Coruña on Vimeo.

Pilates +18 - 2.ª parte

Pilates +18 parte2 from Concello da Coruña on Vimeo.

Baile deportivo +18

Baile Deportivo from Concello da Coruña on Vimeo.

Tonificación abdome +18

Tonificación abdomen +18 from Concello da Coruña on Vimeo.

Actividades +60 anos

Mantemento +65 con Chus

Mantenimiento +65 con Chus from Concello da Coruña on Vimeo.

>

Mantemento +65 con Dores

Mantemento +65 parte2 from Concello da Coruña on Vimeo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión