Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de novas prazas EDM curso 2021-22

CONVOCATORIA DE NOVAS MATRÍCULAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2021-2022

Listaxe de agarda e prazas dispoñibles:

O chamamento da listaxe de agarda farase do 6 ao 15 de outubro de 2021 as 14:00 h.

Debido á mellora da situación sanitaria y de acordo coas novas medidas aprobadas pola Consellería de Sanidad da Xunta de Galicia (DOG núm. 184-bis de 22.09.2021), tal e como se sinala no punto 10 das Bases da convocatoria AMPLIARASE a oferta do número de prazas libres nas Escolas Deportivas Municipais segundo se contempla Base 10 reguladoras das Escolas Deportivas Municipais.

27 de setembro: LISTAXE DEFINITIVO E PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

Publícase a listaxe definitiva de solicitantes con dereito a matrícula por grupo para as Escolas Deportivas Municipais do curso 2021/2022, lembramos que o numero de corte para establecer a orde foi o 0474 obtido no sorteo do día 23 de setembro, pode consultalo no seguinte ligazón:

Procedemento de Matrícula no caso das EDM xestionadas directamente polo Concello da Coruña:

Prazo e lugares de matrícula para todo o alumnado:

A partir das 08:00h do día 28 de setembro de 2021 e ata as 14:00h do 1 de outubro, acudindo as caixas da C.D. Riazor, Barrio das Flores ou da C.D. Torre, con cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3) e en horario de 08:00 a 14:00 horas.

No caso de non dispoñer dos medios telemáticos, poderá obter unha cita previa no teléfono 981-189-800 nas extensións 25037 e 25038 en horario de 08:00h a 15:00h.

As persoas que o día 2 de outubro de 2021 non formalizaran a matrícula e non pagaran a taxa correspondente, entenderase que renuncian á praza e poderase chamar da listaxe de agarda.

Documentación para matrícula:

  • Folla de formalización de matrícula (descargable dende este ligazón: Folla de Formalización)     
  • Menores de 14 anos: Fotocopia do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.     
  • A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopia do DNI e do DNI do pai/nai.     
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do D.N.I. do titor/a.   
  • A partir dos 18 anos: Fotocopia do DNI
  • Autorización de recollida de menores

Procedemento de Matrícula no caso das EDM xestionadas directamente polos Centros Deportivos de San Diego e San Amaro:

No caso das EDM dos Complexos deportivos de San Diego e de San Amaro o pago farase directamente en ditos centros nos días e horarios de apertura que teñan establecido cada un dos devanditos centros.

  • Club do Mar de San Amaro: 981 202 251
  • C.P.M. San Diego: 981 139 255

Solicitudes descartadas:

Publícase a listaxe definitiva de solicitudes descartadas para esta fase de matrícula das Escolas Deportivas Municipais do curso 2021/2022, por non cumprir algún dos criterios desta convocatoria, pode consultalas na seguinte ligazón:

Lembramos que a partir do 20 de outubro publicarase nesta web as prazas vacantes para libre matrícula.

23 de setembro - SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO ELEXIDO E LISTAXE PROVISIONAL SUBSANADO

O número elixido no sorteo realizado ás 10:00 h. do dia de hoxe, 23 de setembro de 2021, foi ó: 

  • 474

Pódese comprobar premendo na seguinte ligazón

Neste sorteo establecese o numero de corte para asignar a orde de adxudicación das prazas nas Escolas Deportivas municipais do Concello da Coruña, para o Curso 2021-22.

Pode consultar a listaxe provisional unha vez pechado o prazo de corrección de erros na seguinte ligazón:

Publicación da Listaxe definitiva coa asignación de prazas: 27 de setembro ás 14:00h

21 de setembro - LISTAXE PROVISIONAL E PRAZO DE CORRECCION DE ERROS

Publicase a listaxe provisional dos socilitantes das novas prazas curso 2021-2022

No caso de que se observe algún erro na listaxe de solicitantes, abrirase un prazo para a corrección de erros, preferentemente a través do correo electrónico administrativo@amartyasl.com. No caso de non dispoñer dos medios necesarios, poderá realizarse no teléfono 981 18 98 00, extensión 25037 ou 25038.

No correo electrónico figurara no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas nin se atenderá a outros datos mais que os consignados no formulario de solicitude.

Realizaranse alegacións durante os días 21 e 22 de setembro de 2021. O prazo péchase o día 22 de setembro ás 23:59 horas.

14 de setembro - CONVOCATORIA DE NOVAS PRAZAS

OBXECTO

Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública pola que se ofertan á cidadanía as prazas libres nas actividades das Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2021-2022 que terán unha duración de outubro 2021 a xuño 2022, sempre que a situación sanitaria da Covid-19 o permita.

Asimesmo, ofértanse prazas para grupos novos que comezarán en novembro de 2021 e finalizarán en xuño de 2022.

(EXTRACTO, pode consultar as bases completas aqui ou no  documento adxunto ao pé de páxina)

PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán participar neste procedemento as persoas que non teñan xa concedida unha actividade nunha EDM, xa sexa do propio Concello ou de San Diego ou San Amaro, así como aquelas persoas que tendo concedida unha actividade, queiran solicitar un cambio de horario na mesma, sempre e cando atendendo ás franxas de idades e número de prazas dispoñibles para cada unha das actividades ofertadas, segundo se establece no cadro dos Anexos II e III.

NORMAS XENÉRICAS E PRAZOS

Prazos do procedemento:

Presentación de solicitudes

14 de setembro dende as 8:00h ao 16 de setembro ás 23:59h

Listaxe provisional

20 de setembro ás 14:00h

Corrección de erros

21 de setembro dende as 8:00h ao 22 de setembro ás 23:59h

Sorteo (no caso de ser necesario)

23 de setembro ás 10:00h

Listaxe definitiva

27 de setembro ás 14:00h

Matrículas

28 de setembro dende as 8:00h ao 1 de outubro ás 14:00h

Listaxe de agarda

6 de outubro dende as 8:00h ao 15 de outubro ás 14:00h

Presentación de solicitudes (Prazas vacantes)

A partir do 20 de outubro

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR ALUMNO/A

Inicialmente, soamente se poderá obter unha praza neste proceso da convocatoria. Na formulario de prescrición poderanse elixir ata dúas opcións (por orde de preferencia) co fin de poder obter unha delas.

As persoas que obteñan unha praza non quedarán en listaxe de agarda da outra.

Posteriormente, no caso de que queden prazas libres e unha vez chamada a listaxe de agarda, as persoas que o desexen poderán obter unha praza vacante pagando a taxa correspondente e sen necesidade de participar en ningún procedemento.

PREINSCRICIÓN

Poderanse realizar as solicitudes de preinscrición do 14 ao 16 de setembro de 2021. O prazo rematará o día 16 de setembro ás 23:59 horas.

As solicitudes faranse polos seguintes medios:

En liña, no seguinte formulario:  Formulario solicitude Cursos EDM 2021-22

No caso de non dispoñer dos medios telemáticos ou coñecementos, poderase facer por teléfono, a través do número 981 18 98 00, ext. 25037 e 25038, onde se lle axudará cubrindo o formulario enliña. Esta extensión telefónica estará dispoñible de 08:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

Cada persoa poderá presentar unha única solicitude de prescrición. Dentro da solicitude poderá elixir ata un máximo de dúas opcións, con orde de preferencia. 

No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE SOLICITANTES

Unha vez presentadas todas as solicitudes de prescrición, confeccionarase unha listaxe por orde cronolóxica de chegada ascendente de hora, minuto e segundo e asignaráselle a cada unha delas un número de solicitude en función desa orde. O número de solicitude terá 4 díxitos.

No suposto de que existan dúas ou máis solicitudes presentadas no mesmo momento asignaráselles o número tendo en conta a orde alfabética (tamén ascendente) dos apelidos.

A listaxe publicarase para coñecemento xeral o día 20 de setembro de 2021 ás 14:00 horas e poderase consultar na páxina web de Deportes.

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS SOBRE A LISTAXE DE SOLICITANTES

No caso de que se observe algún erro na listaxe de solicitantes, abrirase un prazo para a corrección de erros, preferentemente a través do correo electrónico administrativo@amartyasl.com. No caso de non dispoñer dos medios necesarios, poderá realizarse no teléfono 981 18 98 00, extensión 25037 ou 25038.

No correo electrónico figurara no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas nin se atenderá a outros datos mais que os consignados no formulario de solicitude.

Realizaranse alegacións durante os días 21 e 22 de setembro de 2021. O prazo péchase o día 22 de setembro ás 23:59 horas.

SORTEO PÚBLICO

Nos supostos en que despois de aplicar o criterio de preferencia do empadroamento aínda existan máis solicitudes que prazas vacantes, celebrarase un sorteo público conforme ao procedemento que a continuación se describe:

  1. Atenderase ao número obtido na listaxe de solicitudes de prescricións.
  2. Para establecer a orde de adxudicación sacarase un número empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/draw/new/number/ ou a través do procedemento de insaculación, retirando un número para as unidades, outro para as decenas, outro para as centenas e outro para as unidades de millar.
  3. A persoa que teña o número extraído do sorteo obterá unha praza na súa primeira preferencia, e así sucesivamente. Se as prazas elixidas como primeira preferencia se van esgotando a medida que se move a lista (en función do primeiro número sacado do sorteo), iranse outorgando prazas da segunda preferencia.
  4. No caso de que unha persoa solicite dúas actividades e por sorteo se lle outorgue a segunda preferencia pero non formalice matrícula no prazo establecido, enténdese que renuncia á praza da segunda preferencia, pasando á listaxe de agarda para a primeira preferencia.

O sorteo realizarase o día 23 de setembro ás 10:00 horas e se publicará nesta páxina web  así como nas redes sociais da mesma concellaría.

LISTAXE DAS PERSOAS QUE OBTIVERON PRAZA E LISTAXE DE AGARDA

Publicarase a listaxe das persoas que obtiveron praza o día 27 de setembro ás 14:00 horas.

As persoas solicitantes que se atopen en listaxe de agarda serán avisadas telefonicamente. Dito aviso farase mediante un máximo de dous intentos de chamadas telefónicas, en distinta franxa horaria, ao teléfono que a persoa solicitante indicase no formulario de preinscrición.

Cando se chame ás persoas incluídas na listaxe de agarda e non se consiga contactar, despois de realizados dous intentos de chamada telefónica, perderase o dereito á praza.

As persoas que non obtiveron praza e aquelas que aínda obténdoa non formalizaron a súa matricula quedarán en listaxe de agarda. O chamamento das listaxe de agarda farase pola empresa que xestiona as Escolas Deportivas Municipais do 6 ao 15 de outubro de 2021 as 14:00 h.

PRAZAS VACANTES

A Concellaría de Deportes publicará nesta web a listaxe de prazas que puideran quedar libres logo de resolver esta convocatoria.

A publicación farase o día 20 de outubro e ata o último venres de marzo, todos os venres a partir das 14:00 h publicaranse na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010 as prazas que aínda quedasen vacantes, e as matriculas permanecerán abertas ata as 14:00 h do venres seguinte á última publicación. Así mesmo, na devandita páxina web indicarase o xeito de proceder con estas matriculas.

Exceptúanse do punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos só permanecerán abertas ás matriculas ata o 30 de decembro, salvo que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, se decida excepcionalmente permitir a matriculación nun período posterior.

Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, con preferencia para as persoas empadroadas na cidade da Coruña, sexan ou non alumnos/as das EDM.

Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que se xa se alcanzou este límite non se poderá solicitar unha praza vacante.

A limitación de dúas prazas está establecida en conxunto, entre as escolas xestionadas directamente polo Concello da Coruña, por San Diego e San Amaro.

RELACIÓN DE ACTIVIDADES DAS EDM XESTIONADAS DIRECTAMENTE POLO CONCELLO DA CORUÑA

FRANXA DE IDADE ACTIVIDADE INSTALACIÓN FRECUENCIA HORARIO PRAZAS OFERTADAS CONVOCATORIA 21-22
6-8 anos AIKIDO 6-8 ANOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR ME 18:00-19:00 4
BOXEO 6-8 * C.D.RIAZOR LU-ME 17:00-18:00 6
CICLISMO 6-8 * C.D.RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 10
IUDO 6-8 AÑOS UN DÍA (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR LU 18:00-19:00 2
MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE MA-XO 17:00-18:00 5
MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE MA-XO 18:00-19:00 5
MINITENIS 6-8 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE MA-XO 19:00-20:00 5
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR LU-ME 17:15-18:00 9
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 7
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 8
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 7
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 4
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR MA-XO 18:45-19.30 8
PATINAXE 6-8  DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) POLIDEPORTIVA Nº1 RIAZOR LU-ME 16:45-17:30 5
PATINAXE 6-8  DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) POLIDEPORTIVA Nº1 RIAZOR LU-ME 17:30-18:15 5
PATINAXE 6-8  DOUS DÍAS (Pº Nº1 RIAZOR) POLIDEPORTIVA Nº1 RIAZOR LU-ME 18:15-19:00 3
XIMNASIA INICIACIÓN 6-8 (Pº S. FAMILIA) POLIDEPORTIVO S.FAMILIA MA-XO 18:00-18:45 6
XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 UN DÍA (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR LU 17:00-17:55 5
9-11 anos ATLETISMO 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 5
BADMINTON 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 6
BOXEO 9-11 * C.D.RIAZOR LU-ME  18:00-19:00 6
CICLISMO 9-11 * C.D.RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 10
ESGRIMA 9-11 DOUS DÍAS (CASA DA AUGA) CASA DEL AGUA LU-ME 18:00-19:00 5
IUDO 9-11 ANOS DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR LU-VE 19:00-20:00 4
NATACIÓN 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 1
TENIS 9-11 (Pº NOVO MESOIRO) POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO ME-VE 17:00-18:00 4
TENIS 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 5
TENIS 9-11 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR ME-VE 19:00-20:00 1
XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 UN DÍA (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR LU 17:00-17:55 5
12-17 anos BOXEO 12-17 * C.D.RIAZOR MA-JU  17:30-18:30 6
CICLISMO 12-17 * C.D.RIAZOR LU-ME-V  19:00-20:00 10
ESCALADA 12-17 2 DIAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 1
PADEL 12-17 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE LU-ME 18:00-19:00 2
PADEL 12-17 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE MA-XO 18:00-19:00 4
TENIS 12-17 (Pº NOVO MESOIRO) POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO ME-VE 16:00-17:00 2
TENIS 12-17 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR ME-VE 17:00-18:00 1
+ 18 anos BÁDMINTON +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR MA-XO 08:00-08:55 4
BAILE DEPORTIVO +18 DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) C.D.RIAZOR LU-ME 16:00-17:00 4
ESPALDA SANA +18 (CIDADE DEPORTIVA RIAZOR) C.D.RIAZOR LU-ME 10:15-11:00 2
IOGA +18 (CIDADE DEPORTIVA TORRE) C.D.TORRE MA-XO 09:15-10:15 1
IOGA +18 DOUS DÍAS (POLIDEPORTIVO ROSALES) POLIDEPORTIVO ROSALES LU-ME 10:30-11:30 3
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº BARRIO FLORES) POLIDEPORTIVO BARRIO FLORES LU-ME-VE 20:30-21:30 2
MANTEMENTO +18 TRES DÍAS (Pº BARRIO FLORES) POLIDEPORTIVO BARRIO FLORES LU-ME-VE 21:30-22:30 2
MARCHA NÓRDICA +18 (C.D.RIAZOR)  C.D.RIAZOR LU 10:00-11:00 6
NATACIÓN +18  DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR MA-XO 13:15-14:00 1
NATACIÓN +18 TRES DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR LU-ME-VE 13:15-14:00 1
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE LU-ME 16:00-17:00 3
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE LU-ME 17:00-18:00 1
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE LU-ME 19:00-20:00 1
PADEL +18 DOUS DÍAS (C.D. TORRE) C.D.TORRE MA-XO 17:00-18:00 2
PILATES +18 DOUS DÍAS  (POLIDEPORTIVO ROSALES) POLIDEPORTIVO ROSALES LU-ME 09:30-10:30 3
PILATES +18 DOUS DÍAS  (POLIDEPORTIVO ROSALES) POLIDEPORTIVO ROSALES MA-XO 08:00-09:00 6
+ 60 anos NATACIÓN +60 INTENSO. DOUS DÍAS (C.D. RIAZOR) PISCINA RIAZOR LU-XO 16.30-17.15 2
Prenatal** NATACIÓN PRENATAL (C.D. RIAZOR)** PISCINA RIAZOR LU 16:30-17:15 6
NATACIÓN PRENATAL (C.D. RIAZOR)** PISCINA RIAZOR ME 16:30-17:15 6
* As actividades de Boxeo e Ciclismo comezarán no mes de novembro de 2021
** A inscrición en Natación prenatal ten carácter mensual, con admisión condicionada a valoración previa polo SMD.

RELACIÓN DE ACTIVIDADES NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SAN DIEGO

FRANXA DE IDADE  ACTIVIDADE INSTALACIÓN FRECUENCIA HORARIO PRAZAS OFERTADAS
6-8 anos NATACIÓN 6-8 C.D. SAN DIEGO LU-ME 16:45-17:30 14
NATACIÓN 6-8 C.D. SAN DIEGO LU-ME 17:30-18:15 5
9-11 anos NATACIÓN 9-11 C.D. SAN DIEGO MA-XO 16:45-17:30 9
12-17 anos NATACIÓN 12-17 C.D. SAN DIEGO MA-XO 17:30-18:15 4
NATACIÓN 12-17 C.D. SAN DIEGO LU-ME 17:30-18:15 9
+18 anos NATACIÓN +18 INICIACIÓN C.D. SAN DIEGO LU-ME 08:45-09:30 5
NATACIÓN +18 INICIACIÓN C.D. SAN DIEGO MA-XO 11:00-11:45 5
NATACIÓN +18 PERFECCIONAMENTO C.D. SAN DIEGO MA-XO 08:45-09:30 1
NATACIÓN +18 PERFECCIONAMENTO C.D. SAN DIEGO MA.XO 10:15-11:30 2
NATACIÓN +18 PERFECCIONAMENTO C.D. SAN DIEGO MA-XO 11:45-12:30 6
+ 60 anos NATACIÓN +60 C.D. SAN DIEGO LU-ME 11:45-12:30 4
NATACIÓN +60 C.D. SAN DIEGO MA-XO 09:30-10:15 1
NATACIÓN +60 C.D. SAN DIEGO MA-XO 11:45-12:30 3
NATACIÓN +60 C.D. SAN DIEGO MA-XO 10:15-11:00 2
NATACIÓN +60 NIVEL MEDIO C.D. SAN DIEGO LU-ME 11:00-11:45 8
NATACIÓN +60 C.D. SAN DIEGO LU-ME 10:15-11:00 6
NATACIÓN +60 PERFECCIONAMENTO C.D. SAN DIEGO MA-XO 11:00-11:45 5

RELACIÓN DE ACTIVIDADES NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SAN AMARO

FRANXA DE IDADE ACTIVIDADE INSTALACIÓN FRECUENCIA HORARIO PRAZAS OFERTADAS
6-8 anos NATACIÓN INICIACIÓN C.D. SAN AMARO MA-XO 18:00-18:45 1
9-11 anos NATACIÓN INICIACIÓN C.D. SAN AMARO LU-ME-VE 18:45-19:30 4
12-17 anos NATACIÓN INICIACIÓN C.D. SAN AMARO LU-ME-VE 19:30-20:15 2
+18 anos NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO LU-ME-VE 09:30-10:15 3
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO LU-ME-VE 11:00-11:45 6
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO LU-ME-VE 11:45-12:30 3
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO LU-ME-VE 20:15-21:00 2
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO LU-ME-VE 21:00-21:45 1
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO MA-XO 09:30-10:15 5
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO MA-XO 10:15-11:00 1
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO MA-XO 20:15-21:00 2
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO MA-XO 21:00-21:45 2
NATACIÓN MANTEMENTO INICIACIÓN C.D. SAN AMARO MA-XO 21:45-22:30 2
+60 anos NATACIÓN +60 INICIACIÓN C.D. SAN AMARO MA-XO 12:30-13:15 1

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Para que a matrícula sexa efectiva o alumnado deberá cubrir o formulario de matrícula que se achega como Anexo e que estará colgado na páxina web municipal e pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanzas Fiscal número 15 do Concello da Coruña.

A Ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM (para o cal deberán aportar a documentación preceptiva con carácter previo á data de matriculación) e para maiores de 65 anos.

No caso das EDM do Complexo deportivo de San Diego o pago farase directamente no dito centro no horario de apertura que teña establecido.

No caso das EDM xestionadas directamente polo Concello da Coruña, a formalización e pago da taxa (en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 28 de setembro ata o 1 outubro de 2021, acudindo a calquera das caixas de Deportes (CD Riazor, CD Torre ou polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa e en horario de 08:00 a 14:00 h.

En todo caso, débese pagar a taxa antes de acudir á actividade.

As persoas que nese prazo non formalizaran a matrícula e pagaran a taxa correspondente, entenderase que renuncian á praza e poderase chamar da listaxe de agarda.

Documentación que debe acompañarse para a matrícula:

  1. Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
  2. A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopias do DNI e do DNI do pai/nai.
  3. Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.
  4. De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, non se requirirán aos interesados datos ou documentos que fosen achegados anteriormente polo interesado a calquera Administración. A estes efectos, o interesado deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, debendo as Administracións Públicas solicitalos electrónicamente a través das súas redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto. Excepcionalmente, se as Administracións Públicas non puidesen solicitar os citados documentos, poderán solicitar novamente ao interesado a súa achega.

NORMAS DE ASISTENCIA DURANTE O CURSO ESCOLAR 2021-2022

Establécese unha porcentaxe de asistencia obrigatoria nas EDM do 60% das sesións lectivas do curso.

O alumnado só poderá, polo tanto, ter un porcentaxe de falta inferior ao 40% das sesións anuais do curso. Esta situación deberá ser excepcional, debendo o alumnado como norma xeral asistir ás clases.

Non se requirirá que o alumnado presente un xustificante pola súa falta de asistencia. Non existindo distinción entre falta xustificada e non xustificada.

No caso de que se chegue ao 40% de faltas de asistencia o/a alumno/a debe causar baixa na actividade, sen dereito á devolución de taxas. 

Documentos relacionados

Taxas EDM 2021-22

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

TAXAS VIXENTES CURSO 2021-22

*Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM. 

Máis información na Ordenanza Fiscal nº15

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Menores de 18 anos Actividades en auga e seco 1 día - 18,26 €
2 días - 36,50 €
3 días - 54,30 €
Recuperación Funcional 2 días - 67,88 €
3 días - 82,32 €
Entre 18 e 64 anos Actividades en auga e seco 2 días - +18 anos - 55,17 €
1 día -  +18 anos - 27.58 €
3 días - +18 anos - 82,32 €
Recuperación Funcional 2 días - +18 anos - 95,03 €
3 días - +18 años - 121,35 €
Maiores de +65 anos Actividades en auga e seco 2 días - +65 anos - 10,18 €
1 día -  +65 anos - 5.09 €
3 días - +65 anos - 16,14 €
Recuperación Funcional 2 días - +65 anos - 57,58 €
3 días - +65 anos - 72,02 €
Considérase a idade a 31 de Decembro de 2021

Documentos relacionados

  • Bases Reguladoras dá Convocatoria de Novas Matrículas dás Escolas Deportivas Municipais Curso 2021-2022 (996 KB)
  • Listaxe provisional por Orde Alfabética (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión