A Semana Europea da Mobilidade (SEM) celebrarase do 16 ao 22 de setembro, co lema "Mobilidade para Tod@s". Este ano, a SEM busca promover a mobilidade sostenible e garantir que todas as persoas, independentemente das súas circunstancias, poidan acceder a sistemas de transporte accesibles, alcanzables, inclusivos e seguros.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE
Desde o Servizo Municipal de Deportes proponse a incorporación no programa SEM da celebración de catro (4) saidas de marcha nórdica coa finalidade de facilitar o coñecemento e práctica desta modalidade na poboación que mellora o benestar fisico e psiquico, a condición fisica xeral e a saúde a través dun movemento biomecánicamente correcto e simétrico
PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas destinatarias: sen limite de idade.
Número de prazas: 20 porturno
Turnos: Catro (4) turnos organizados da seguinte forma:
Saidas e chegadas: Praza de Pontevedra, punto de encontro onde o/a monitor/a que dirixe a actividade explicará aos asistentes a técnica básica e normas da actividade, así como procederá á distribution dos bastóns de marcha nórdica necesarios para a realization da mesma.
PROCEDEMENTO DE INSCRIPCIÓN
Para a reserva de praza as persoas interesadas deberán cubrir o formularioespecífico que está a súa disposición na seguinte ligazón:
Prazo: dende o 10 de setembro as 08:00h ata 24 horas antes do inicio da actividade
Admisión: Por orde de solicitude a traves do formulario web.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Entidade colaboradora: AMI (Agrupación de Montañeros Independientes)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible