1 de Xullo 2026 - REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACION
Publicación do anuncio de Requirimento de documentación das solicitudes presentadas á Convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas de adestramento durante a tempada 2026-2027.
Prazo de presentación de emendas:
Acceso á Sede Electrónica: https://www.coruna.gal/deportes/gl/detallecontenido/achega-de-documentacion-e-ou-alegacions-a-un-expediente/contenido/1453748708796
Documentos relacionados:
11 de Maio 2026 - CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADESTRAMENTO DURANTE A TEMPADA 2026-27
Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé da páxina:
QUEN PODE SOLICITALO?
Poderán solicitar, mediante este procedemento, o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:
PROCEDEMENTO
O procedemento polo que se lle distribuirán as horas de utilización privativa das instalacións deportivas municipais ás entidades solicitantes será o de concorrencia competitiva, mediante o cal se pretende garantir o reparto máis equitativo posible entre os/as solicitantes que presenten características similares.
A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo Municipal de Deportes, e a resolución ao Concelleiro de Deportes, por delegación da Xunta de Goberno Local.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO
As entidades deberán solicitar as instalacións e os horarios que se axusten ás súas necesidades, atendendo á modalidade deportiva que se pode practicar en cada instalación e ao horario de apertura das mesmas os cales pode consultar a continuación:
As solicitudes presentaranse unicamente a través dun procedemento específico na Sede Electrónica no apartado correspondente á Convocatoria de Usos das Instalacións Deportivas Municipais, no prazo do 12 ao 25 de Maio de 2026.
Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible