Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Deportes

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Usos IDM - Tempada 2026-27

CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE ADESTRAMENTO DURANTE A TEMPADA 2026-27

Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto no pé da páxina:

QUEN PODE SOLICITALO?

Poderán solicitar, mediante este procedemento, o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:

  1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña, definidas polo artigo 40 da Lei do Deporte de Galicia: clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares, seccións deportivas e federacións deportivas, todas elas sen ánimo de lucro.
  2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados na cidade da Coruña que precisen das instalacións deportivas municipais para realizar adestramentos. Considérase deportista individual aquela persoa que practique unha modalidade deportiva de carácter individual. Ten a consideración de deporte individual a modalidade deportiva que sexa practicada por un ou dous deportistas como máximo en función doseu regulamento.
  3. Sociedades Anónimas Deportivas con sede social na cidade da Coruña, sempre e cando non dispoñan dunha instalación propia ou cedida para adestramentos e realicen as súas competicións na cidade da Coruña.

PROCEDEMENTO

O procedemento polo que se lle distribuirán as horas de utilización privativa das instalacións deportivas municipais ás entidades solicitantes será o de concorrencia competitiva, mediante o cal se pretende garantir o reparto máis equitativo posible entre os/as solicitantes que presenten características similares.

A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo Municipal de Deportes, e a resolución ao Concelleiro de Deportes, por delegación da Xunta de Goberno Local.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As entidades deberán solicitar as instalacións e os horarios que se axusten ás súas necesidades, atendendo á modalidade deportiva que se pode practicar en cada instalación e ao horario de apertura das mesmas os cales pode consultar a continuación:

As solicitudes presentaranse unicamente a través dun procedemento específico na Sede Electrónica no apartado correspondente á Convocatoria de Usos das Instalacións Deportivas Municipais, no prazo do 12 ao 25 de Maio de 2026.

Pódese acceder directamente á sede electrónica a través da seguinte ligazón:  ​​​​​

Documentos relacionados

  • BASES - Convocatoria usos Instalacións Deportivas Municipais -Tempada 2026-27 (240 KB)
  • Horarios de Apertura IDM | Tempada 2026-27 (1 MB)
  • Declaración responsable (670 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión