TITULARIDADE: Servizo Municipal de Deportes
PALACIO DOS DEPORTES
Servizos:
- 3 ximnasios
- Pista de parqué flotante
- Pista de atletismo sintética de 4 rúas
- Vestiarios
Data de inauguración: 1 de agosto de 1970.
ESTADIO DE RIAZOR
Servizos:
- Campo de fútbol de herba natural de 68 x 105 m.
- Sala de prensa e estudio de televisión
- 3 vestiarios
- Palcos Vip
- Tenda
- Bancada con capacidade para 37.000 persoas
PISCINA DE RIAZOR
Servizos:
- Cursos de natación para embarazadas.
- Cursos de natación posparto.
- Escolas de natación
- Bancada con capacidade para 500 persoas
- Adestramento de clubs
- Servizo de guindastre para o transporte, ata a piscina, de persoas con discapacidade
Tarifas:
Para a retirada das entradas, bonos etc. é necesario presentar o DNI e pódense adquirir na Cidade Deportiva de Riazor, na Cidade Deportiva da Torre ou no Polideportivo do Barrio das Flores.
- 1 hora: 3,42 €
- Alugueiro de 1 rúa: 21,43 € a hora
- Abono de 20 usos: 22,32 €
Normas para os usuarios da piscina:
- Para acceder á piscina é imprescindible a presentación do carné ou retirar a entrada correspondente.
- Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado de rúa.
- É obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como a utilización do gorro de baño.
- Recoméndase o emprego de zapatillas de auga por motivos de hixiene, así como o uso de albornoz e lentes de natación.
- Non se permite o emprego de colchóns, flotadores, aletas, lentes de cristal ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para os demais usuarios.
- Respectarase en todo momento o uso da rúa asignada a cada actividade.
- Por razóns de seguridade queda prohibido lanzarse á auga polos laterais do vaso, así como correr pola zona de praia.
- As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que de risco, deberán advertilo previamente aos e ás socorristas.
- Co fin de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións dos socorristas.
- Os menores de 14 anos estarán acompañados dun adulto durante o uso libre da instalación.
Normativa:
Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo, publicado no DOG nº 90 do 11 de maio de 2005. Corrección de erros, publicada no DOG nº 94 do 18 de maio de 2005.
Real Decreto 742/2013, de 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas, publicado no BOE nº 244 do 11 de outubro de 2013. Correción de erros, publicada no BOE nº 271 do 12 de novembro de 2013. Corrección de erros, publicada no BOE nº 156 do 27 de xuño de 2014.
PISTAS POLIDEPORTIVAS
Servizos:
- Unha pista sintética cuberta de 20 x 40 m para a práctica de bádminton, balonmán, fútbol sala e voleibol
- Unha pista de cemento cuberta de 20 x 40 m para a práctica de patinaxe artística, hóckey sobre patíns e hóckey sala
- 3 vestiarios
- 1 ambigú
- 1 almacén
- Bancada con capacidade para 1.000 persoas
FRONTÓN LONGO
Servizos:
- Un rocódromo para a práctica de escalada deportiva
- Unha pista de 24 x 50 m para a práctica de bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, pelota vasca, cesta punta, tenis, voleibol
- Bancada con capacidade para 500 persoas
NORMATIVA E TAXAS
Ordenanza fiscal nº 15, reguladora da taxa pola prestación dos servizos nas instalacións Deportivas Municipais.
PALACIO DOS DEPORTES DE RIAZOR
5 Actividades deportivas €/hora:
- 5.1 Adestramentos federados e uso libre:
- 5.1.1 Pista Central 19,26 €
A anterior tarifa aplicarase cando o número de usuarios ou usuarias sexa igual ou menor de 25. A partir desta cifra, por cada 10 persoas de exceso ou fracción, a cota resultante incrementarase nun: 50 %
- 5.2 Pista de atletismo (1 rúa). Só poderán ser utilizadas por deportistas federados, opositores, clubs, federacións ou academias dedicadas á preparación de oposicións.
- 5.2.1 Entrada diaria (por persoa) 1,55 €
- 5.2.2 Abono 20 usos (por persoa) 15,45 €
- 5.2.3 Entrada diaria (por club, federación ou academia) 11,12 €
- 5.2.4 Abono 20 usos (por club, federación ou academia) 110,83 €
6 Competición federada:
- 6.1 Pista central (máximo dúas horas por partido), sen despacho de billetes 108,76 €
- 6.2 Competición atlética (máximo dúas horas), sen despacho de billetes 108,76 €
- 6.3 Competicións con despacho de billetes 145,34 €
Á anterior tarifa incrementarase un 11 % sobre a recadación obtida, a partir desa cantidade. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional ao tempo de exceso.
- 6.4 Veladas de boxeo, loita libre e similares 4.434,07 €
7 Outros Actos
- 7.1 Actividades físico-deportivas
- 7.1.1 Actividades físico-deportivas (dúas horas) sen despacho de billetes 778,05 €
- 7.1.2 Actividades físico-deportivas (dúas horas), con despacho de billetes 778,05 €
Á anterior tarifa aplicaráselle un 11 % sobre a recadación obtida. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo de exceso.
- 7.2 Festivais e actos non deportivos:
- 7.2.1 Festivais e actos non deportivos , por acto, sen despacho de billetes 3.589,09 €
- 7.2.2 Festivais e actos non deportivos, por acto, con despacho de billetes 4.433,69 €
O anterior despacho de billetes incrementarase aínda un 11 % sobre o total da recadación obtida.
FRONTÓN MUNICIPAL LONGO E POLIDEPORTIVAS 1 e 2
8 Actividades deportivas.
- 8.1 Adestramentos, 1 hora. 16,74 €
Cando o número de participantes exceda de 25 persoas, a cota incrementarase por cada 10 persoas de exceso ou fracción en 50 %
9 Competicións federada
- 9.1 Pista (máximo 2 horas), sen despacho de billetes 92,03 €
- 9.2 Competicións con despacho de billetes 92,03 €
A tarifa anterior incrementarase nun 11 % sobre a recadación obtida a partir desa cantidade.
- 9.3 Velada de boxeo, loita libre ou similar 510,33 €
10 Outros actos
- 10.1 Actividades fisico-deportivas:
- 10.1.1 Actividades fisico-deportivas, dúas horas, sen despacho de billetes 510,33 €
- 10.1.2 Actividades fisico-deportivas, con despacho de billetes. 510,33 €
A tarifa anterior incrementarase nun 11 %s obre o total da recadación obtida. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo de exceso.
- 10.2 Festivais e actos non deportivos:
- 10.2.1 Festivais e actos non deportivos, por acto, sen despacho de billetes 1.271,65 €
- 10.2.2 Festivais e actos non deportivos, por acto, con despacho de billetes 1.798,72 €
A tarifa anterior incrementarase nun 11 % sobre a recadación obtida a partir desa cantidade.
PISCINA MUNICIPAL DE RIAZOR
18 Tarifa Xeral (acceso, adestramentos e competicións, sen despacho de billetes)
- 18.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso 3,42 €
- 18.2 Abono de 20 usos dunha hora en horario público 22,32 €
- 18.3 Uso exclusivo rúa por hora 21,43 €
- 18.4 Uso exclusivo piscina por hora 102,8 €
- 18.5 Competicións que requiran o uso das seis rúas por un período non superior a catro horas 145.64 €