Concello da Coruña

Concello da Coruña

2023 - Convocatoria bolsas para deportistas individuais

15 de novembro de 2023 - Resolución definitiva

Esta resolución terá o carácter de definitiva de acordo co establecido na Base 14 da convocatoria e será publicada na sede electrónica do Concello da Coruña, así como na páxina web da Concellería de Deportes e no Boletín Oficial da Provincia (BOP) segundo o previsto no art. 26 da Lei Xeral de Subvencións e no art. 45.1.b) da Lei 39/2015, para que no prazo de cinco (5) días hábiles comuniquen a súa aceptación ou renuncia ao órgano instrutor. Transcorrido devandito prazo sen producirse a renuncia expresa, a subvención entenderase aceptada tácitamente.

Pode consultar o anuncio e a resolución nas seguintes ligazóns:

A resolución foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) Nº 218, de 15 de novembro de 2023, polo que o prazo de 5 días hábiles para a aceptación ou renuncia é do 16 a 22 de novembro de 2023, ambos os incluídos

12 de setembro de 2023 - Anuncio relativo á proposta de resolución provisional

Emitida o día 11 de setembro de 2023, a proposta de resolución provisional da convocatoria indicada, publícase con este Anuncio unha copia da dita proposta para coñecemento xeral.

De acordo co establecido na Base 14 das Bases reguladoras desta convocatoria, e no artigo 76.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

  • Infórmase de que o prazo de presentación das alegacións é de 5 días naturais que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña; do 13 a 18 de setembro de 2023, ambos os días incluídos.

Neste prazo as persoas interesadas (solicitantes e beneficiarias) poderán formular as alegacións que estimen oportunas.

A proposta de resolución provisional non crea dereito algún a favor da persoa beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notifique a resolución definitiva da concesión.

Pode consultar o anuncio e a resolución provisional na seguinte ligazón ou nos documentos inseridos nesta páxina:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&ide=18438

27 abril de 2023 - Requirimento de emenda

No BOP da Coruña nº 80 de 27 de abril de 2023 publícase o requirimento de emenda das solicitudes da convocatoria de bolsas para deportistas individuais correspondente ao ano 2023.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/04/27/2023_0000003129.pdf

O prazo para presentar a documentación emendada é de 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación, é dicir, entre o 28 de abril e o 12 de maio de 2023, ambos inclusive.

A documentación poderá presentarse a través da sede electrónica do Concello da Coruña ou no Rexistro Xeral de Entrada do concello con destino ao servizo municipal de Deportes. Igualmente poderán presentar a documentación no Rexistro do Palacio dos Deportes de Riazor previa solicitude de cita a través da seguinte ligazón https://citaprevia.coruna.gal/

A ligazón para a presentación mediante a sede electrónica é o seguinte (procedemento de achega de documentación e/ou alegacións a un expediente):

Achega de documentación e/ou alegacións a un expediente

Por favor, lembre citar o número de expediente ao que fai referencia o anuncio do Boletín Oficial da Provincia.

24 de xaneiro de 2023 - Anuncio

A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña acaba de publicar, a través do Acordo de Xunta de Goberno Local de data 18 de xaneiro de 2023, a convocatoria das axudas destinadas a bolsas deportivas para deportistas individuais do Concello da Coruña para o ano 2023.

O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de Coruña nº 16, de 24 de xaneiro de 2023, coa seguinte referencia: Ref. 211/2023/1 Convocatoria Deportes - BDNS (Identif.): 671351. A ligazón pública de consulta é o seguinte: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/671351

O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, do 25 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2023, ambos os incluídos.

O anuncio do BOP pódese consultar na seguinte ligazón: BOP nº16, de 24 de xaneiro de 2023.

A documentación poderá presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello da Coruña (/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-deportivas-para-deportistas-individuais/contido/1453753426128), no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo municipal de Deportes, previa solicitude de cita a través da seguinte ligazón: cita previa, ou por calquera dos medios recolleitos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Igualmente poderá presentarse nos Rexistros do Servizo de Deportes, previa solicitude de cita, na mesma ligazón: cita previa.

Pode consultar as bases completas da convocatoria no documento adxunto ao pé de páxina, xunto co modelo de solicitude para presentar.

Documentos relacionados

  • Anuncio RESOLUCIÓN DEFINITIVA - BOLSAS DEPORTIVAS EXERCICIO 2023 (104 KB)
  • Resolución DEFINITIVA - BOLSAS DEPORTIVAS EXERCICIO 2023 (659 KB)
  • Bop nº 80 - 27 abril 2023 (165 KB)
  • 2023 - BASEES CONVOCATORIA - Bolsas para deportistas individuais (1 MB)
  • Anuncio PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL - BOLSAS DEPORTIVAS EXERCICIO 2023 (113 KB)
  • Proposta de Resolución PROVISIONAL - BOLSAS DEPORTIVAS EXERCICIO 2023 (522 KB)
  • 2023 - MODELO SOLICITUDE - Bolsas para deportistas individuais (967 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión