Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Información xeral

Neste apartado poderá consultar a información relativa ás normas de participación e ás medidas de seguridade en materia de prevención fronte á Covid-19.

Normas de participación Campamentos Deportivos Verán 2020

  • A participación será por quincena completa.
  • No caso de que o neno ou nena non acuda ao campamento, poderase excluir doutros campamentos que lle puideran corresponder.
  • No caso de que o/a menor non poida acudir a unha quincena determinada por unha circunstancia xurdida con posterioridade á inscrición, o pai ou nai ou titor/a deberá poñelo en coñecemento do Servizo Municipal de Deportes para que poida chamar a outro/a neno/a da listaxe de agarda. Nese caso, o neno ou nena seguirá conservando a súa praza noutro campamento.
  • Cada neno e nena deberá acudir ao campamento cunha pequena merenda para tomar a media mañá, metida nunha bolsa ou mochila.
  • De ser o caso, poderase solicitar que cada participante acuda ao campamento cunha bolsa ou mochila con calzado limpo que se utilizará para acceder á instalación deportiva. Ese calzado quedará na instalación nunha taquilla individual para cada neno ou nena durante os días que dure o campamento. Os nenos e nenas que o precisen deberán traer unha muda sempre e cando sexan capaces de cambiarse sos.

Normas en materia sanitaria (Extracto)

  • O/a menor deberá cumprir coas normas impostas en materia sanitaria polo Ministerio de Sanidade, incluído, de ser o caso, o uso obrigatorio de máscaras.
  • O/a menor deberá ser coñecedor/a e cumprir co Protocolo aprobado polo Ministerio de Sanidade ou, de ser o caso, pola Concellaría de Deportes, en materia sanitaria motivado pola Covid-19.
  • Para poder participar nos campamentos o/a menor non puido padecer ningún síntoma Covid-19 (febre, cansazo, tose seca, dificultade para respirar) nos últimos 15 días anteriores ao campamento e se aparecese algún deses síntomas durante a realización do campamento deberase poñer en coñecemento inmediatamente ante o Servizo Municipal de Deportes e o/a menor abandonará o campamento de inmediato.
  • Para poder participar nos campamentos o/a menor ou as persoas coas que convive non puideron estar en contacto con ningunha persoa que dera positivo por Covid-19 nos últimos 15 días anteriores ao inicio dos campamentos.
  • Para poder participar nos campamentos o/a menor non poderá pertencer a ningún dos grupos de risco relacionados polo Ministerio de Sanidade en materia de Covid-19, nin convivir con ningunha persoa que poida pertencer a eses grupos de riso (diabetes, enfermidade cardiovascular, hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cáncer en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas e maiores de 60 anos).
  • A todas as persoas participantes tomaráselles a temperatura, cada día, ao entrar e ao saír.
  • Todas as persoas participantes deberán desinfectar as mans na entrada. 
  • Non se poderá acceder ás instalacións con ningún xoguete, pelota, patinete, etc., nin con pulseras, colares ou aneis.
  • As nenas e os nenos que teñan o pelo longo deberán traelo recollido, apartado da cara en todo momento, co fin de que o neno ou nena non sinta a necesidade de tocarse a cara para apartar o pelo ao realizar deporte.

Pode consultar o Protocolo completo aquí

Seguro en caso de accidente deportivo

No caso de que o/a menor sufra algún tipo de lesión como consecuencia da práctica de deportes nos campamenos deportivos municipais quedará cuberto/a polo seguro subscrito pola Concellaría de Deportes por tratarse dunha actividade deportiva programada pola dita concellaría.

Servizo de catering

Os servizos complementarios de almorzo e xantar están dispoñibles só nos campamentos con sede en Riazor. Pode consultar o procedemento de pago na seguinte ligazón:

Campamentos Deportivos Riazor 2020

Documentos relacionados

  • Protocolo e medidas hixienico-sanitarias - Campamentos Deportivos Veran 2020 (687 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión