Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coruña No Mar 2023

Tras o éxito das edicións do 2021 e 2022 do Programa Coruña no Mar no verán, o Concello da Coruña pon en marcha unha nova convocatoria para o 2023.

Este programa procura axudarlle á veciñanza a saberse desenvolver no seu contorno, desenvolvendo a súa propia identidade e realizando actividades acuáticas deportivas no marco da nosa cidade.

Todo iso empregando o gran potencial de infraestruturas e entidades deportivas coas que conta a cidade, podendo deste xeito realizar unha oferta a toda a cidadanía, baseada na facilidade de oportunidades de aprendizaxe, dirixida ao mar como contorno próximo e cotián na vida das persoas.

Listaxe de asignación de prazas

Listaxes de asignación de prazas e prazos de formalización

AVISO: Os días 25 de xullo e 15 de agosto desenvolveranse as actividades do programa con normalidade.

Publícanse as listaxes de asignación de prazas para o programa "Coruña no mar - 2023", que se poden consultar nas seguintes ligazóns:

Ademais pódese consultar información sobre as actividades e recomendacións previas nesta ligazón:

 Para confirmar a asistencia a estas actividades ábrese un prazo de confirmación de asistencia, dende hoxe día 13 ata o 17 de xullo ás 23.59 h, para as seguintes actividades:

  • CURSOS SEMANAIS que terán lugar durante as semanas:
    • Do 31 de XULLO ao 4 de AGOSTO
    • Do 7 ao 11 de AGOSTO
  • ACTIVIDADES PUNTUAIS que terán lugar durante:
    • Sábado 29 e 30 de XULLO
    • Domingo 5 de AGOSTO

Nesta convocatoria, dada a premura dos prazos e do comezo das actividades, serán avisadas as persoas con praza a través do correo electrónico, dúas semanas antes da realización da actividade na que teñen praza nesta convocatoria para que confirmen respondendo ao correo que reciban.

Estas listaxes elaboranse seguindo os número de corte establecido no sorteo realizado o día 26 de xuño ás 14.00 h e as seguintes preferencias:

  • As persoas empadroadas no Concello da Coruña
  • A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude. (Terá preferencia sempre a persoa que solicitase unha actividade como a OPCIÓN 1 sobre quen a elixise como OPCIÓN 2).
  • O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado, e conforme ao número que saíse no sorteo público:
    • Cursos semanais: 675
    • Actividades puntuais: 57

26 de xuño - Listaxe definitiva de solicitantes e sorteo público

Unha vez que remate o prazo de emenda ou corrección de erros (do 23 ao 25 de xuño), publicarase a listaxe definitiva de solicitantes para a Coruña no mar 2023. Publícase a continuación:

SORTEO: hoxe 26 de xuño ás 14:00 h, durante o cal se sacarán DOUS NÚMEROS para establecer a orde de asignación, un para cursos semanais e outro para actividades puntuais, o cal estará comprendido entre os números da primeira e a última solicitude rexistradas correctamente (0001 e 0951). Pode seguir os ditos sorteos a través das seguintes ligazóns:

LISTAXE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS: 28 de xuño de 2023 a partir das 14.00 h

Esta listaxe elaborarase seguindo o número de corte establecido no sorteo realizado o día 26 de xuño ás 14.00 h e as seguintes preferencias:

  • As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  • A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude (Terá preferencia sempre a persoa que solicitase unha actividade como OPCIÓN 1 sobre quen a elixise como OPCIÓN 2).
  • O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado, e conforme ao número que saíu no sorteo público.

CONFIRMACIÓN DA MATRÍCULA: 28 a 29 de xuño de 2023

MOVEMENTO DA LISTAXE DE AGARDA: a partir do 3 de xullo de 2023

23 de XUÑO - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes, por orde alfabética, do programa "Coruña no Mar - 2023", a cal pode consultar na seguinte ligazón, ou no documento adxunto no pé da páxina:

Prazo de emenda de erros: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantesata o día 25 de xuño de 2023, a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.  

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

SEGUINTES PRAZOS DA CONVOCATORIA:

  • Listaxe definitiva de solicitantes con emendas: 26 de xuño de 2023 a partir das 13.00 h
  • Sorteo de adxudicación de prazas: 26 de xuño de 2023 ás 14.00 h
  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: 28 de xuño de 2023 ás 14.00 h
  • Confirmación da matrícula: 28 a 29 de xuño de 2023
  • Movemento da listaxe de agarda: a partir do 3 de xullo de 2023 

20 de XUÑO - CONVOCATORIA

PERSOAS DESTINATARIAS

O programa diríxese ao conxunto da cidadanía do municipio da Coruña e abarca nenas e nenos (idade segundo a modalidade deportiva), a mocidade e a poboación adulta, co único requisito de saber nadar e cumprir co requisito da idade mínima requirida para cada un dos cursos ou actividades que se vaian solicitar.

A idade requirida para as persoas participantes está referida á que terán cumprida a 31 de decembro de 2023.

PRAZOS

Establécese un único prazo de solicitude para todas as actividades do programa, coas seguintes datas:

  • Solicitudes: dende a publicación na web (20 de xuño) ata o 23 de xuño de 2023 ás 13.00 h
  • Listaxe provisional de solicitantes: 23 de xuño de 2023 a partir das 15.00 h
  • Prazo de corrección: 24 a 25 de xuño de 2023 
  • Listaxe definitiva de solicitantes: 26 de xuño de 2023 ás 11.00 h
  • Sorteo: 26 de xuño de 2023 ás 14.00 h
  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: 28 de xuño de 2023 ás 14.00 h
  • Confirmación da matrícula: 28 a 29 de xuño de 2023
  • Movemento da listaxe de agarda: a partir do 3 de xullo de 2023 

Límite de solicitudes: cada persoa poderá presentar unha única solicitude na que poderá indicar como máximo ata:

  • 2 cursos semanais, indicando cal se establece como 1.ª e 2.ª opción de preferencia.
  • 2 actividades de fin de semana, indicando cal se establece como 1.ª e 2.ª opción de preferencia.

No caso de rexistrar no mesmo prazo máis dunha solicitude para Cursos ou para Actividades, sempre se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

NOTA: aquelas persoas que desexen realizar a mesma actividade ou curso na mesma quenda (por exemplo, irmáns, parellas, amizades etc.), recomendamos que cubran na web os formularios correspondentes de forma continuada no tempo, para teren a posibilidade de obter números de sorteo próximos. Isto non garante que todas esas persoas obteñan praza no mesmo curso/actividade, pero terán máis posibilidades que se as solicitudes se fan separadas no tempo.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

Logo de recibir todas as solicitudes e unha vez finalizado o prazo de corrección de erros, asignaráselle un número a cada solicitude por orde cronolóxica de entrada. Unha vez asignado, no resto do procedemento atenderase sempre a ese número.

SORTEO: naqueles cursos nos que a demanda sexa maior que a oferta, procederase a asignar as prazas a partir dos números de solicitude, conforme ao sorteo público.

Realizaranse dous sorteos de número, un para os cursos intensivos e outro para as actividades puntuais.

Orde de preferencia para a asignación de prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  2. A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude.
  3. O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado, e conforme ao número que saíse no sorteo público.

Requisitos para poder participar neste programa

  • Saber nadar.
  • Que non padece ningunha enfermidade que o/a incapacite para practicar a actividade deportiva.
  • No suposto de padecer algún tipo de discapacidade, ou existir calquera outra cuestión relevante que poida incidir na práctica deportiva, deberá achegarse un informe clínico dirixido ao Servizo Municipal de Deportes no momento de formalizar a matrícula.

Pode facer a solicitude no formulario inserido na seguinte ligazón, o prazo remata o venres 23 de xuño de 2023, ás 13.00 h.

FORMULARIO DE SOLICITUDE - CORUÑA NO MAR 2023

Os Cursos e Actividades de "CORUÑA NO MAR" serán GRATUÍTOS.

No caso de non dispoñer dos medios telemáticos pode chamar ao teléfono 981 189 800, ext. 25037 ou 25038 para cubrir a solicitude, en horario de atención ao público, de luns a venres das 08.00 ás 13.30 h.

A continuación pode consultar a oferta de cursos semanais e actividades puntuais do programa Coruña no Mar 2023:

CURSOS INTENSIVOS SEMANAIS (De luns a venres)

CODIGO Actividade Quenda Horas Ano de nacemento Idades Prazas Nº Localización
CS01 Paddle Surf 1.ª quenda: 3 ao 7 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS02 Paddle Surf 2.ª quenda: 10 ao 14 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS03 Paddle Surf 3.ª quenda: 17 ao 21 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS04 Paddle Surf 4.ª quenda: 24 ao 28 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS05 Paddle Surf 5.ª quenda: 31 ao 4 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS06 Paddle Surf 6.ª quenda: 7 ao 11 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS07 Paddle Surf 7.ª quenda: 14 ao 18 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS08 Paddle Surf 8.ª quenda: 21 ao 25 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS09 Paddle Surf 9.ª quenda: 28 ao 1 de setembro 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2013 De 10 a 17 anos 6 Praia de Oza
CS10 Paddle Surf 1.ª quenda: 3 ao 7 de xullo 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS11 Paddle Surf 2.ª quenda: 10 ao 14 de xullo 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS12 Paddle Surf 3.ª quenda: 17 ao 21 de xullo 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS13 Paddle Surf 4.ª quenda: 24 ao 28 de xullo 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS14 Paddle Surf 5.ª quenda: 31 ao 4 de agosto 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS15 Paddle Surf 6.ª quenda: 7 ao 11 de agosto 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS16 Paddle Surf 7.ª quenda: 14 ao 18 de agosto 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS17 Paddle Surf 8.ª quenda: 21 ao 25 de agosto 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS18 Paddle Surf 9.ª quenda: 28 ao 1 de setembro 18:00 a 20:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Praia de Oza
CS19 Piragüismo 1.ª quenda: 3 ao 7 de xullo 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS20 Piragüismo 2.ª quenda: 10 ao 14 de xullo 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS21 Piragüismo 3.ª quenda: 17 ao 21 de xullo 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS22 Piragüismo 4.ª quenda: 24 ao 28 de xullo 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS23 Piragüismo 5.ª quenda: 31 ao 4 de agosto 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS24 Piragüismo 6.ª quenda: 7 ao 11 de agosto 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS25 Piragüismo 7.ª quenda: 14 ao 18 de agosto 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS26 Piragüismo 8.ª quenda: 21 ao 25 de agosto 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS27 Piragüismo 9.ª quenda: 28 ao 1 de setembro 16:00 a 18:00 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 20 Base Náutica Praia de Oza
CS28 Snorkel e Foto Subacuática 1.ª quenda: 3 ao 7 de xullo 12:00 a 14:00 h 2008 e anteriores Máis 15 anos 8 Club do Mar de San Amaro
CS29 Snorkel e Foto Subacuática 2.ª quenda: 10 ao 14 de xullo 12:00 a 14:00 h 2008 e anteriores Máis 15 anos 8 Club do Mar de San Amaro
CS30 Snorkel e Foto Subacuática 3.ª quenda: 17 ao 21 de xullo 12:00 a 14:00 h 2008 e anteriores Máis 15 anos 8 Club do Mar de San Amaro
CS31 Snorkel e Foto Subacuática 4.ª quenda: 24 ao 28 de xullo 12:00 a 14:00 h 2008 e anteriores Máis 15 anos 8 Club do Mar de San Amaro
CS32 Vela Lixeira 1.ª quenda: 3 ao 7 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Club Maririmo Oza O Puntal
CS33 Vela Lixeira 1.ª quenda: 3 ao 7 de xullo 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Maririmo Oza O Puntal
CS34 Vela Lixeira 2.ª quenda: 10 ao 14 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Club Maririmo Oza O Puntal
CS35 Vela Lixeira 2.ª quenda: 10 ao 14 de xullo 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Maririmo Oza O Puntal
CS36 Vela Lixeira 3.ª quenda: 17 ao 21 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Club Maririmo Oza O Puntal
CS37 Vela Lixeira 3.ª quenda: 17 ao 21 de xullo 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Maririmo Oza O Puntal
CS38 Vela Lixeira 4.ª quenda: 24 ao 28 de xullo 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Club Nautico Marina Coruña
CS39 Vela Lixeira 4.ª quenda: 24 ao 28 de xullo 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Nautico Marina Coruña
CS40 Vela Lixeira 5.ª quenda: 31 ao 4 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Club Nautico Marina Coruña
CS41 Vela Lixeira 5.ª quenda: 31 ao 4 de agosto 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Nautico Marina Coruña
CS42 Vela Lixeira 6.ª quenda: 7 ao 11 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Club Nautico Marina Coruña
CS43 Vela Lixeira 6.ª quenda: 7 ao 11 de agosto 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Club Nautico Marina Coruña
CS44 Vela Lixeira 7.ª quenda: 14 ao 18 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Real Club Nautico de La Coruña
CS45 Vela Lixeira 7.ª quenda: 14 ao 18 de agosto 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Real Club Nautico de La Coruña
CS46 Vela Lixeira 8.ª quenda: 21 ao 25 de agosto 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Real Club Nautico de La Coruña
CS47 Vela Lixeira 8.ª quenda: 21 ao 25 de agosto 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Real Club Nautico de La Coruña
CS48 Vela Lixeira 9.ª quenda: 28 ao 1 de setembro 16:00 a 18:00 h Entre 2006 e 2015 De 8 a 17 anos 12 Real Club Nautico de La Coruña
CS49 Vela Lixeira 9.ª quenda: 28 ao 1 de setembro 16:00 a 18:00 h 2005 e anteriores Máis 18 anos 6 Real Club Nautico de La Coruña
CS50 Windsurf 1.ª quenda: 3 ao 7 de xullo 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS51 Windsurf 2.ª quenda: 10 ao 14 de xullo 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS52 Windsurf 3.ª quenda: 17 ao 21 de xullo 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS53 Windsurf 4.ª quenda: 24 ao 28 de xullo 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS54 Windsurf 5.ª quenda: 31 ao 4 de agosto 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS55 Windsurf 6.ª quenda: 7 ao 11 de agosto 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS56 Windsurf 7.ª quenda: 14 ao 18 de agosto 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS57 Windsurf 8.ª quenda: 21 ao 25 de agosto 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza
CS58 Windsurf 9.ª quenda: 28 ao 1 de setembro 17:00 a 19:00 h 2010 e anteriores Máis 13 anos 8 Base Náutica Praia de Oza

ACTIVIDADES PUNTUAIS (Un día: venres, sábado ou domingo) 

A actividade AP14 Pesca Fondeada 16 de xullo 2015 e anteriores, debido a celebración do dia do Carmen ese día, trasládase ao 6 de agosto.

A actividade AP16 Pesca Fondeada 30 de xullo 2015 e anteriores, por motivos organizativos trasládase ao sábado 29 de xullo.

CODIGO Actividade Datas Horas/Día Ano de nacemento Idades Prazas Localización
AP01 Kayak de Mar Sábado 8 de xullo 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP02 Kayak de Mar Sábado 15 de xullo 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP03 Kayak de Mar Sábado 22 de xullo 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP04 Kayak de Mar Sábado 29 de xullo 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP05 Kayak de Mar Sábado 5 de agosto 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP06 Kayak de Mar Sábado 12 de agosto 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP07 Kayak de Mar Sábado 19 de agosto 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP08 Kayak de Mar Sábado 26 de agosto 10:15 a 12:15 h 2011 e anteriores Máis 12 anos 10 Club do Mar de San Amaro
AP09 Mergullo Sábado 8 de xullo 11:00 a 14:00 h 2009 e anteriores Máis 14 anos 12 Club do Mar de San Amaro
AP10 Mergullo Sábado 15 de xullo 11:00 a 14:00 h 2009 e anteriores Máis 14 anos 12 Club do Mar de San Amaro
AP11 Mergullo Sábado 22 de xullo 11:00 a 14:00 h 2009 e anteriores Máis 14 anos 12 Club do Mar de San Amaro
AP12 Mergullo Sábado 29 de xullo 11:00 a 14:00 h 2009 e anteriores Máis 14 anos 12 Club do Mar de San Amaro
AP13 Pesca Fondeada Domingo 9 de xullo 9:30 a 12:30 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña
AP14 Pesca Fondeada Domingo 16 de xullo 9:30 a 12:30 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña
AP15 Pesca Fondeada Domingo 23 de xullo 9:30 a 12:30 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña
AP16 Pesca Fondeada Nova data: Sábado 29 de xullo 9:30 a 12:30 h 2015 e anteriores Máis 8 anos 8 Dársena da Mariña

Documentos relacionados

  • ACTIVIDADES PUNTUAIS - Asignacion de prazas - CORUÑA NO MAR 2023 (1 MB)
  • CURSOS SEMANAIS - Asignacion de prazas - CORUÑA NO MAR 2023 (1 MB)
  • ACTUALIZADAS - Recomendacións Previas e Información das Actividades - CORUÑA NO MAR 2023 (457 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión