Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cursos de Golf 1º Trimestre 2024

CURSOS DE INICIACIÓN AO GOLF 1º TRIMESTRE (XANEIRO-FEBREIRO-MARZO) DE 2024

Cursos de Golf 1º Trimestre 2024

CURSOS DE INICIACIÓN AO GOLF 1º TRIMESTRE (XANEIRO-FEBREIRO-MARZO) DE 2024

19 de decembro - Listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de agarda

Procédese á publicación da listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de agarda dos cursos municipais de Golf do primeiro trimestre de 2024 (xaneiro, febreiro e marzo).

Listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera - Cursos Golf 1.º trimestre 2024

As persoas que obtivesen praza, poderán formalizar a matrícula, do 20 ao 27 de decembro, no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules, mediante o pagamento das taxas correspondentes segundo a ordenanza fiscal do ano 2024 e acompañando a documentación correspondente:

  • a) Fotocopia do DNI (desde os 14 anos).
  • b) Para menores de idade ou persoas suxeitas a tutela, aínda que dispoñan de DNI propio, tamén deberá presentarse Libro de Familia e DNI de pai/nai ou titor/titora legal. No caso de persoas suxeitas a tutela deberá achegarse tamén o documento legal que a acredite.

Cada persoa só se poderá matricular nun único curso.

No caso de non formalizar a inscrición, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo o orde da listaxe de agarda.

Nota: Para constituírse un grupo será necesario un mínimo de 6 persoas inscritas; en caso contrario, facilitaránselle outros horarios ás persoas afectadas.

18 de decembro - Número obtido no sorteo

Unha vez feito o sorteo, obtívose o número 18, que establecerá o corte para a asignación das prazas.

Pódese comprobar o resultado do sorteo na seguinte ligazón: SORTEO

Sorteo público

Para establecer a orde de adxudicación de prazas, o luns 18 de decembro de 2023, ás 10.00h, terá lugar un sorteo público para a obtención do número que servirá de corte.

O sorteo poderase seguir en directo a través da seguinte ligazón: SORTEO

12 de decembro - Listaxe provisional de solicitantes

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes (tanto por orde alfabética como por orde cronolóxica) para os cursos municipais de Golf do primeiro trimestre do ano 2024:

Listaxe Provisional Cursos Golf 1ºTrimestre 2024_Alfabética

Listaxe provisional Cursos Golf 1.º trimestre 2024_Cronolóxica

Corrección de erros:

Desde a publicación da listaxe provisional e ata o 14 de decembro de 2023. As alegacións presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules, no seu horario de atención ao público.

1 de decembro - Presentación solicitudes

  • Presentación das solicitudes: as solicitudes para participar nos cursos poderán presentarse do 01 de decembro, a partir das 08.00 h, ata o 10 de decembro de 2023 ás 23.59 h, ambos inclusive.

FORMULARIO DE SOLICITUDES Cursos Municipais de Golf 1º T 2024

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 12 de decembro de 2023 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio campo municipal de golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor, así como no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación da listaxe provisional para que se poidan formular alegacións, ata o 14 de dicirmbre de 2023. As mesmas presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules, no seu horario de atención ao público.
  • Sorteo público: terá lugar o 18 de decembro de 2023, ás 10.00 h.
  • Listaxe de adxudicación de prazas: publicarase o 19 de decembro de 2023 a partir das 14.00 h.
  • Matrícula: No Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 20 ao 27 de decembro de 2023, as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da listaxe de eagarda farase os días 28 e 29 de decembro.

CURSOS OFERTADOS

FRANXA IDADE

CÓDIGO CURSO

DÍAS

HORARIO

PRAZAS

ADULTOS +17 INICIACIÓN

13.2.24.02.06.0.01

LUNS E XOVES

09:30 a 10:30

8

13.2.24.02.06.0.02

LUNS E XOVES

10:30 a 11:30

8

13.2.24.02.06.0.03

LUNS E XOVES

11:30 a 12:30

8

13.2.24.02.06.0.04

LUNS E XOVES

19:30 a 20:30

8

13.2.24.02.06.0.05

LUNS E XOVES

20:30 a 21:30

8

13.2.24.02.06.0.06

MARTES E VENRES

09:30 a 10:30

8

13.2.24.02.06.0.07

MARTES E VENRES

10:30 a 11:30

8

13.2.24.02.06.0.08

MARTES E VENRES

11:30 a 12:30

8

13.2.24.02.06.0.09

MARTES E VENRES

19:30 a 20:30

8

13.2.24.02.06.0.10

MARTES E VENRES

20:30 a 21:30

8

13.2.24.02.06.0.11

SÁBADO E DOMINGO

09:30 a 10:30

8

13.2.24.02.06.0.12

SÁBADO E DOMINGO

10:30 a 11:30

8

XUVENIL INICIACIÓN 12-17

13.2.24.02.09.0.15

LUNS E XOVES

18:00 a 19:00

8

13.2.24.02.09.0.16

MARTES E VENRES

18:00 a 19:00

8

13.2.24.02.09.0.17

SÁBADO E DOMINGO

11:30 a 12:30

8

INFANTIL INICIACIÓN 6-11

13.2.24.02.08.0.13

LUNS E XOVES

17:00 a 18:00

8

13.2.24.02.08.0.14

MARTES E VENRES

17:00 a 18:00

8

13.2.24.02.08.0.18

SÁBADO E DOMINGO

12:30 a 13:30

8

DATAS DE INICIO E FIN DOS CURSOS

FRECUENCIA DÍAS

DATA INICIO

DATA FIN

Luns e xoves

4 de xaneiro de 2024

14 de marzo de 2024

Martes e venres

2 de xaneiro de 2024

15 de marzo de 2024

Sábados e domingos

7 de xaneiro de 2024

17 de marzo de 2024

Documentos relacionados

  • Listaxe provisional Cursos Golf 1.º trimestre 2024_Cronolóxica (144 KB)
  • Listaxe Provisional Cursos Golf 1ºTrimestre 2024_Alfabética (144 KB)
  • Bases reguladoras dos cursos municipais de iniciación ao golf | ano 2024 (350 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión