Abril, maio e xuño de 2025
19 de marzo - Adxudicación de prazas e lista de espera
Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera dos cursos municipais de golf do segundo trimestre de 2025 (abril, maio e xuño).
Matrícula
As persoas que obtivesen praza, poderán tramitar a matrícula no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 20 ao 26 de marzo de 2025.
Cada persoa só se poderá matricular nun único curso, aínda que por sorteo teña adxudicadas as dúas opcións solicitadas. Agás que, finalizada a lista de espera, quedasen prazas libres.
No caso de non formalizar a inscrición no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a lista de espera.
A xestión da lista de espera será do 27 ao 30 de marzo.
Documentación que debe achegarse para a matrícula:
18 de marzo de 2025 - Sorteo do número
Celebrouse o sorteo para obter o número que establecerá o corte á hora de adxudicar as prazas dos cursos municipais de golf do segundo trimestre de 2025 e o número obtido foi o 22.
Poderase seguir en directo a través da seguinte ligazón:Sorteo
A listaxe coa adxudicación das prazas e a lista de espera publicarase o 19 marzo de 2025, a partir das 14.00 h.
17 de marzo de 2025 - Listaxe definitiva de solicitantes
Tras a finalización do prazo para realizar correccións, publícase a listaxe definitiva de solicitantes, coa inclusión do número de sorteo, asignado por orde cronolóxica de solicitude.
Por orde alfabética: Listaxe definitiva de solicitantes por orde alfabética
Por orde cronolóxica: Listaxe definitiva de solicitantes por orde cronolóxica
CLAUSULA 3.1. c) - No caso de rexistrar para unha mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última e anularanse todas as feitas con anterioridade.
12 de marzo de 2025 - Lista provisonal de solicitantes
Publícase a listaxe provisional de solicitantes dos cursos municipais de golf do segundo trimestre de 2025.
Con esta publicación, ábrese o prazo para a corrección de erros ata o 14 de marzo de 2025. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do enderezo programasdeportivos@coruna.gal.
No prazo de corrección de erros non se admitirán novas solicitudes nin cambios na orde de preferencia dos cursos solicitados, tan só se atenderán correccións de datos persoais consignados no formulario (base 3.3).
6 de marzo de 2025 - Presentación de solicitudes
Presentación das solicitudes: as solicitudes para participar nos cursos poderanse presentar dende o 3 de marzo a partir das 08.00 h ata o 9 de marzo de 2025 ás 23.59 h, ambos incluídos.
Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 11 de marzo na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio Campo Municipal de Golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións ata o 13 de marzo de 2025. As alegacións presentaranse por correo electrónico ao enderezo programasdeportivos@coruna.gal.
Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 14 de marzo de 2025 a partir das 14.00 h.
Sorteo público: terá lugar o 17 de marzo de 2025, ás 09.00 h.
Listaxes de adxudicación de prazas e de espera: publicaranse o 18 de marzo de 2025 a partir das 14.00 h.
Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 19 ao 26 de marzo de 2025 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da listaxe de espera será do 27 a 30 de marzo.
CURSOS OFERTADOS
|
FRANXA DE IDADE |
CÓDIGO DO CURSO |
DÍAS |
HORARIO |
PRAZAS |
|---|---|---|---|---|
|
PERSOAS ADULTAS +17 INICIACIÓN |
13.2.25.03.06.0.01 |
LUNS E XOVES |
09:30 a 10:30 |
8 |
|
13.2.25.03.06.0.02 |
LUNS E XOVES |
10:30 a 11:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.03 |
LUNS E XOVES |
11:30 a 12:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.04 |
LUNS E XOVES |
19:30 a 20:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.05 |
LUNS E XOVES |
20:30 a 21:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.06 |
MARTES E VENRES |
09:30 a 10:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.07 |
MARTES E VENRES |
10:30 a 11:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.08 |
MARTES E VENRES |
11:30 a 12:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.09 |
MARTES E VENRES |
19:30 a 20:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.10 |
MARTES E VENRES |
20:30 a 21:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.11 |
SÁBADO E DOMINGO |
09:30 a 10:30 |
8 |
|
|
13.2.25.03.06.0.12 |
SÁBADO E DOMINGO |
10:30 a 11:30 |
8 |
|
|
XUVENIL INICIACIÓN 12-17 |
13.2.25.03.09.0.15 |
LUNS E XOVES |
18:00 a 19:00 |
8 |
|
13.2.25.03.09.0.16 |
SABADOS E DOMINGOS |
11:30 a 12:30 |
8 |
|
|
INFANTIL INICIACIÓN 6-11 |
13.2.25.03.08.0.13 |
LUNS E XOVES |
17:00 a 18:00 |
8 |
|
13.2.25.03.08.0.14 |
MARTES E VENRES |
16:00 a 17:00 |
8 |
|
|
13.2.25.03.08.0.17 |
SÁBADO E DOMINGO |
12:30 a 13:30 |
8 |
DATAS DE INICIO E FIN DOS CURSOS
|
FRECUENCIA DÍAS |
DATA DE INICIO |
DATA DE FIN |
|---|---|---|
|
Luns e xoves |
3 de abril de 2025 |
19 de xuño de 2025 |
|
Martes e venres |
1 de abril de 2025 |
13 de xuño de 2025 |
|
Sábados e domingos |
5 de abril de 2025 |
15 de xuño de 2025 |
TAXAS
PERSOAS ADULTAS 49.67 € INFANTIL 29.81 €
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible