Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Cursos trimestrais de golf - verán 26 (xullo-agosto)

Cursos trimestrais de golf - verán 2026

17 de xuño - Listaxe de adxudicación de prazas e de espera:

Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e listaxe de espera, organizadas por grupos, dos Cursos Municipais de Golf de Verán de 2026:

15 de xuño - Sorteo público

O sorteo do número de corte realizarase o vindeiro luns 15 ás 09.00 h a través da seguinte ligazón: SORTEO

  • 35

12 de xuño - Listaxe definitiva de solicitantes

Publícase a listaxe definitiva de solicitantes co número de sorteo que se aplicará naqueles grupos en que o número de solicitudes supere o de prazas ofertadas.

9 de xuño - publicación da listaxe provisional

Publícase a lista provisional de solicitantes, por orde alfabética, dos Cursos Municipais de Golf de Verán (xullo - agosto) de 2026, que se pode consultar na seguinte ligazón:

Corrección de erros: a partir da publicación da listaxe provisional e ata o 11 de xuño de 2026. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do enderezo: programasdeportivos@coruna.gal.

No prazo de corrección de erros non se admitirán novas solicitudes nin cambios na orde de preferencia dos cursos solicitados, tan só se atenderá a corrixir os datos persoais consignados no formulario (Cláusula 3.3 das bases reguladoras).

1 de xuño - presentación de solicitudes

  • Presentación das solicitudes: as solicitudes poderanse presentar do 1 de xuño a partir das 8.00 h ata o 7 de xuño de 2026 ás 23.59 h, ambos inclusive.

Formulario de inscrición: Solicitude de preinscrición nos cursos municipais de golf

  • Listaxe provisional de solicitantes: publicarase o día 9 de xuño de 2026 na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios do propio Campo Municipal de Golf e das instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio dos Deportes de Riazor, e no teléfono de información cidadá 010.
  • Emenda de erros: abrirase un prazo de corrección a partir da data de publicación das listaxes provisionais para que se poidan formular alegacións ata o 11 de xuño de 2026. As alegacións presentaranse por correo electrónico a través do enderezo de correo: programasdeportivos@coruna.gal.
  • Listaxe definitiva de solicitantes: publicarase o 12 de xuño de 2026 a partir das 14.00 h.
  • Sorteo público: terá lugar o 15 de xuño de 2026, ás 09.00 h.
  • Listaxe de adxudicación de prazas e de espera: publicarase o 17 de xuño de 2026 a partir das 14.00 h.
  • Matrícula: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 18 ao 26 de xuño de 2026 as persoas ás que lles corresponda praza. A xestión da lista de espera será dos días 27 ao 30 de xuño.

Infantil: de 6 a 11 anos. Xuvenil: de 12 a 16 anos. Persoas adultas: de 17 anos en diante.

GRUPO

NIVEL

DÍAS

HORARIO

PRAZAS/MES

DATAS CURSOS XULLO

DATAS CURSOS AGOSTO

ADULTOS

INICIACIÓN

LUNS E XOVES

09:30 a 10:30

8

2 xullo - 3 agosto

6 agosto - 7 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

LUNS E XOVES

10:30 a 11:30

8

2 xullo - 3 agosto

6 agosto - 7 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

LUNS E XOVES

12:30 a 13:30

8

2 xullo - 3 agosto

6 agosto - 7 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

LUNS E XOVES

19:30 a 20:30

8

2 xullo - 3 agosto

6 agosto - 7 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

LUNS E XOVES

20:30 a 21:30

8

2 xullo - 3 agosto

6 agosto - 7 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

MARTES E VENRES

09:30 a 10:30

8

3 xullo - 4 agosto

7 agosto - 8 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

MARTES E VENRES

10:30 a 11:30

8

3 xullo - 4 agosto

7 agosto - 8 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

MARTES E VENRES

12:30 a 13:30

8

3 xullo - 4 agosto

7 agosto - 8 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

MARTES E VENRES

19:30 a 20:30

8

3 xullo - 4 agosto

7 agosto - 8 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

MARTES E VENRES

20:30 a 21:30

8

3 xullo - 4 agosto

7 agosto - 8 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

SÁBADO E DOMINGO

09:30 a 10:30

8

4 xullo - 8 agosto

9 agosto -13 setembro

ADULTOS

INICIACIÓN

SÁBADO E DOMINGO

10:30 a 11:30

8

4 xullo - 8 agosto

9 agosto -13 setembro

XUVENIL

INICIACIÓN

LUNS E XOVES

11:30 a 12:30

8

2 xullo - 3 agosto

6 agosto - 7 setembro

INFANTIL

INICIACIÓN

MARTES E VENRES

11:30 a 12:30

8

3 xullo - 4 agosto

7 agosto - 8 setembro

XUVENIL

INICIACIÓN

SÁBADO E DOMINGO

11:30 a 12:30

8

4 xullo - 8 agosto

9 agosto - 13 setembro

INFANTIL

INICIACIÓN

SÁBADO E DOMINGO

12:30 a 13:30

8

4 xullo - 8 agosto

9 agosto - 13 setembro

TAXAS:

PERSOAS ADULTAS : 29,81 €

INFANTIL: 14,88 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión