Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de novas prazas EDM curso 2022-23

22 de outubro de 2022 - SEGUNDO MOVEMENTO DE LISTA DE ESPERA

Procédese á publicación da asignación de prazas neste 2º movemento de lista de espera, para as novas prazas das EDM do curso 2022/23

Nesta listaxe as persoas que no campo observacións figure ESCOLLER OPCIÓN 1 Ou 2 PARA MATRÍCULA, deberan no momento de formalizar a matrícula decidir que actividade queren realizar.

Non se publica Lista de Espera dado que non se realizarán máis movementos da mesma.

Tambien publícase as relación de solicitudes descartadas por formalizar matrícula nalgunha EDM no prazo ordinario de formalización de matrícula (do 26 de setembro ao 6 de outubro) e no primeiro movemento de matrícula de lista de espera (do 13 ao 21 de outubro):

Procedemento de matrícula nas EDM xestionadas polo Concello de maneira directa:

A formalización e pago da taxa (en efectivo ou con cartón de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 24 de outubro e ata o 28 de outubro de 2022, acudindo a calquera das caixas de Deportes (C.D. Riazor, C.D. da Torre ou polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa solicitada a través da páxina do Concello (https://citaprevia.coruna.gal/) ou 010 e en horario de 08.15 a 14.00 h (é necesario concertar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar).

Documentación a presentar:

  • Folla de formalización de matrícula EDM curso 2022/23
  • Folla de autorización de recollida EDM curso 2022/23 , acompañada das fotocopias dos DNI das persoas autorizadas.
  • Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non dispoñer de DNI, fotocopia do Libro de Familia) e do DNI da nai/pai/titor(a).
  • Menores a partir de 14 anos: Fotocopias do DNI e do DNI da nai/pai/titor(a).
  • Maiores de idade: Fotocopia do DNI.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor(a).

No caso das EDM que se imparten nos complexos deportivos de San Diego e de Santo Amaro, a lista de espera das súas actividades xestionarana directamente nos devanditos centros e no horario de apertura que establecesen, en efectivo ou con cartón de crédito ou débito.

11 de outubro de 2022 - PRIMEIRO MOVEMENTO DE LISTA DE ESPERA

Publícase a asignación de prazas neste 1.º movemento de lista de espera e o alumnado que segue en lista de espera para as novas prazas das EDM do curso 2022/23.

Nesta listaxe as persoas en que no campo observacións figure ESCOLLER OPCIÓN 1 Ou 2 PARA MATRÍCULA, deberán no momento de formalizar a matrícula decidir que actividade queren realizar; así mesmo, hai grupos que xa cubriron as súas prazas polo que non figura ninguén con dereito a matrícula e só en lista de espera.

Tamén se publica a relación de solicitudes descartadas por formalizar matrícula nalgunha EDM no prazo ordinario (do 26 de setembro ao 6 de outubro):

Procedemento de matrícula nas EDM xestionadas polo Concello de maneira directa:

A formalización e pago da taxa (en efectivo ou con cartón de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 26 de setembro e ata o 30 de setembro de 2022, acudindo a calquera das caixas de Deportes (CD Riazor, C.D. da Torre ou polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa solicitada a través da páxina do Concello (https://citaprevia.coruna.gal/) ou 010 e en horario de 08.15 a 14.00 h (é necesario concertar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar) e en horario de tarde na C.D. de Riazor do luns 26 de setembro ao xoves 29 de setembro.

Documentación a presentar:

  • Folla de formalización de matrícula EDM curso 2022/23
  • Folla de autorización de recollida EDM curso 2022/23 , acompañada das fotocopias dos DNI das persoas autorizadas.
  • Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non dispoñer de DNI, fotocopia do Libro de Familia) e do DNI da nai/pai/titor(a).
  • Menores a partir de 14 anos: Fotocopias do DNI e do DNI da nai/pai/titor(a).
  • Maiores de idade: Fotocopia do DNI.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor(a).

No caso das EDM que se imparten nos complexos deportivos de San Diego e de Santo Amaro, a lista de espera das súas actividades xestionarana directamente nos devanditos centros e no horario de apertura que establecesen, en efectivo ou con cartón de crédito ou débito.

27 de setembro - AMPLIACIÓN DE PRAZO DE FORMALIZACIÓN E MODIFICACIÓN DE DATAS

Esta ampliación só afecta á formalización de matrícula para as Escolas Deportivas Municipais xestionadas de maneira directa polo Servizo Municipal de Deportes, polo que non modifica as datas anteriormente publicadas para os procedementos da formalización das EDM do Club do Mar de Santo Amaro e do CDM San Diego.

Xa que o número de citas previas dispoñibles escasea debido ao número de solicitudes, nesta fase de matrícula amplíase o prazo de formalización de matrículas unha semana máis, polo que quedan así os días e horarios os seguintes:

Luns 3 de outubro:

  • 08:00 a 14:00h en C.D. Riazor, C.D. da Torre e Barrio das Flores
  • 16:00 a 20:00h en C.D. da Torre
  • 16:30 a 19:30h en C.D. Riazor

Martes 4 a xoves 6 de outubro:

  • 08:00 a 14:00h en C.D. Riazor, C.D. da Torre e Barrio das Flores

Con esta ampliación de datas de formalización de matrícula, os seguintes prazos quedarían da seguinte maneira:

1º movemento da lista de espera:

  • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do primeiro movemento da lista: 11 de outubro de 2022, a partir das 14:00 h
  • Formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 13 ao 21 de outubro de 2022, presentando a documentación correspondente

2º movemento da lista de espera:

  • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do segundo movemento da lista: 21 de outubro de 2022, a partir das 14:00 h
  • Formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 24 ao 28 de outubro de 2022, presentando a documentación correspondente

Con independencia do día do mes en que a persoa pague a taxa correspondente, o cálculo do importe da taxa farase computando o mes completo, pois non é divisible o importe da taxa en función do número de días que falten para rematar o mes.

A lista de prazas dispoñibles, unha vez que acabe esta convocatoria e os dous movementos de lista de espera, publicaranse a partir do día 28 de outubro a partir das 15:00 h.

23 de setembro - ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Publícase a asignación de prazas e listaxe de agarda para as novas prazas das EDM do curso 2022/23.

Nesta listaxe as persoas que no campo observacións figure ESCOLLER OPCIÓN 1 OU 2 PARA MATRÍCULA, deberán no momento de formalizar a matrícula decidir que actividade queren realizar.

Tamén se publica as relación de solicitudes descartadas por non cumprir os criterios desta convocatoria:

Criterios para a elaboración da listaxe de adxudicación de prazas:

  • As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  • A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
  • Corte desde o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público (2185)

Procedemento de matrícula nas EDM xestionadas polo Concello de maneira directa:

A formalización e pagamento da taxa (en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 26 de setembro e ata o 30 de setembro de 2022, acudindo a calquera das caixas de Deportes (CD Riazor, C.D. da Torre ou polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa solicitada a través da páxina do Concello (https://citaprevia.coruna.gal/) ou 010 e en horario de 08.15 a 14.00 h (é necesario concertar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar) e en horario de tarde na C.D. de Riazor do luns 26 de setembro ao xoves 29 de setembro.

Documentación a presentar:

  • Folla de formalización de matrícula EDM curso 2022/23
  • Folla de autorización de recollida EDM curso 2022/23 , acompañada das fotocopias dos DNI das persoas autorizadas.
  • Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non dispoñer de DNI, fotocopia do Libro de Familia) e do DNI da nai/pai/titor(a).
  • Menores a partir de 14 anos: Fotocopias do DNI e do DNI da nai/pai/titor(a).
  • Maiores de idade: Fotocopia do DNI.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor(a).

No caso das EDM que se imparten nos complexos deportivos de San Diego e de Santo Amaro, o pagamento realizarase nas mesmas datas directamente nos devanditos centros e no horario de apertura que establecesen, en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito.

A seguinte relación de grupos das Escolas Deportivas Municipais anúlanse, dado que non chegan o minimo de solicitudes (30 %) respecto das prazas ofertadas:

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2022/23 - ANULADAS
004 - BÁDMINTON 6-8 - SANTO AMARO- MA-VE 17:15-18:15 110 - TENIS DE MESA 12-17 - SANTO AMARO - MA-XO 17:00-18:00
025 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 6-8 - SANTO AMARO - LU-ME-VE -16:30-17:15 179 - NATACIÓN MANTEMENTO +18 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 08:00-08:45
026 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 6-8 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 17:15-18:00 185 - NATACIÓN MANTEMENTO +18 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 12:30-13:15
027 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 6-8 - SANTO AMARO - MA-XO 16:30-17:15 188 - NATACIÓN MANTEMENTO +18 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 21:45-22:30
032 - TENIS DE MESA 6-8 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 17:00-18:00 194 - NATACIÓN MANTEMENTO +18 - SANTO AMARO - MA-XO 11:45-12:30
034 - TENIS DE MESA 6-8 - SANTO AMARO - MA-XO 17:00-18:00 195 - NATACIÓN MANTEMENTO +18 - SANTO AMARO- MA-XO 12:30-13:15
060 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 9-11 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 16:30-17:15 222 - ZUMBA +18 - POL. NOVO MESOIRO - MA-XO 08:00-09:00
061 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 9-11 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 17:15-18:00 223 - ZUMBA +18 - POL. OS ROSALES - LU-ME 12:30-13:30
074 - TRÍATLON 9-11 - C.D. RIAZOR - MA-ME-XO 16:00-17:00 / 17:00-18:00 / 17:00-18:00 229 - MARCHA NÓRDICA +18/+60 - POL. BARRIO DAS FLORES - LU-ME 08:30-09:30
075 - WATERPOLO 9-11 - C.D. RIAZOR - MA 16:00-17:00 232 - ZUMBA +18/+60 - C.D. DA TORRE - LU-ME 08:00-09:00
097 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 12-17 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 16:30-17:15 233 - ZUMBA +18/+60 - POL. BARRIO DAS FLORES - LU-ME 08:00-09:00
098 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 12-17 - SANTO AMARO - LU-ME-VE - 17:15-18:00 293 - DISCAPACIDADE - BÁDMINTON 9-17 - SANTO AMARO - LU-ME 17:15 A 18:15
099 - NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 12-17 - SANTO AMARO - MA-XO 16:30-17:15 295 - DISCAPACIDADE - BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS 9-17 - POL. BARRIO DAS FLORES - LU 16:30-17:30
108 - TENIS DE MESA 12-17 - SANTO AMARO - LU-ME-VE 17:00-18:00

20 de setembro - SORTEO

O número obtido no sorteo para establecer a orde para a adxudicación de prazas nas actividades das EDM nesta convocatoria foi o 2185.

Pode consultar o sorteo na seguinte ligazón: Sorteo público - núm. de corte para adxudicación de prazas - EDM 2022/23

19 de setembro - LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS E DESCARTADAS

Publícase a listaxe definitiva de persoas solicitantes ADMITIDAS por orde alfabética para as novas prazas das EDM do curso 2022/23, xunto co número de sorteo establecido baseado na data de solicitude.

Pode consultalo no seguinte enlace:

Así mesmo, publícase tamén a listaxe de solicitudes que non cumpren algún dos criterios desta convocatoria e que non se emendaron no período de corrección de erros:

Sorteo público: 20 de setembro de 2022 ás 09:00 h, poderá consultalo na seguinte ligazón:

Publicación de listaxe de adxudicación de prazas: 23 de setembro de 2022 a partir das 14:00 horas.

Criterios para adxudicar as prazas:

  • As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  • A orde de preferencia fixado nas actividades indicadas na solicitude (Opción 1 ou Opción 2)
  • O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público.

13 de setembro - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Publícase a listaxe provisional de solicitantes por orde alfabética para as novas prazas das EDM do curso 2022/23; pode consultalo na seguinte ligazón:

Prazo de corrección de erros: de 14 de setembro as 08:00 h a 16 de setembro as 23:59 h a través do correo gestiondeportes@coruna.gal.

No caso de non dispoñer dos medios necesarios, poderá realizarase no teléfono 981 18 98 00, extensión 25037 ou 25038, en horario de 08:00 a 15:00 h.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas, nin se atenderá outros datos máis que os consignados no formulario de solicitude.

A listaxe definitiva de persoas solicitantes, despois das alegacións, publicarase o 19 de setembro de 2022.

2 de setembro - CONVOCATORIA DE NOVAS MATRÍCULAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2022-2023

Esta convocatoria pública regula a oferta de prazas libres e novas prazas que se incorporan á oferta das Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2022-2023. As duración das actividades estenderase desde outubro de 2022 a xuño de 2023, seguindo o calendario escolar aprobado pola Xunta de Galicia no relativo a festivos, vacacións de Nadal, etc.

Nesta páxina web reflíctese un EXTRACTO da información recollida nas bases. Pode consultar as bases completas no documento adxunto ao pé de páxina.

PERSOAS DESTINATARIAS

As prazas libres ou novas prazas están dirixidas ás persoas que non teñan xa concedidas dúas (2) actividades nas EDM (exceptuando as actividades de recuperación funcional de forma temporal e a natación prenatal), incluíndo as que se desenvolven en calquera das instalacións deportivas municipais, San Diego ou Santo Amaro. No caso de que, no momento de realizar a matrícula, se detecte que a persoa xa ten concedidas dúas (2) actividades para o curso 2022-23, perderá o dereito á praza que puidese obter nesta convocatoria. As prazas nas EDM están dirixidas preferentemente ás persoas empadroadas no Concello da Coruña, con todo, permítese que soliciten praza persoas non empadroadas, pero só obterán praza no caso de que quedasen libres, aínda que por sorteo obtivesen un número máis favorable.

NORMAS XENÉRICAS E PRAZOS

Prazos do procedemento*:

Presentación de solicitudes Do 5 de setembro, ás 8:00 h, ata o 11 de setembro de 2022, ás 23:59 h
Listaxe provisional de solicitantes 13 de setembro de 2022, a partir das 14:00 h
Corrección de erros Do 14 de setembro, ás 8:00 h, ata o 16 de setembro de 2022, ás 23:59 h
Listaxe definitiva de solicitantes 19 de setembro de 2022, a partir das 14:00 h
Sorteo 20 de setembro de 2022, ás 9:00 h
Listaxe de persoas admitidas e en listaxe de agarda 23 de setembro de 2022, a partir das 14:00 h
Matrículas de persoas admitidas Do 26 ao 30 de setembro de 2022
Publicación 1.º movemento da listaxe de agarda 4 de outubro de 2022, a partir das 14:00 h
Matrícula 1.º movemento da listaxe de agarda Do 5 ao 14 de outubro de 2022
Publicación 2.º movemento da listaxe de agarda 14 de outubro de 2022, a partir das 14:00 h
Matrícula 2.º movemento da listaxe de agarda Do 17 ao 21 de outubro de 2022
Publicación prazas a libre disposición A partir do venres 21 de outubro de 2022, todos os venres ata o último venres de xaneiro de 2023. As matrículas poderán facerse a partir dos luns seguintes a cada publicación e ata o seguinte venres.

*Todas as datas que se indican nas bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de modo que se acontecese algún imprevisto nalgunha das fases do procedemento, o Servizo Municipal de Deportes pode cambialas motivadamente sen necesidade de modificar as bases coa condición de que se respecten os prazos previstos para cada trámite e que se publique previamente nesta páxina web.

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Inicialmente, soamente poderá obterse unha praza neste proceso da convocatoria. No formulario de prescrición poderanse elixir ata dúas (2) opcións (por orde de preferencia), co fin de poder obter unha delas.

Posteriormente, no caso de que queden prazas libres e despois de activar a listaxe de agarda, as persoas que o desexen poderán obter unha das prazas vacantes (a partir do 21 de outubro) aboando a taxa correspondente e sen necesidade de participar en ningún procedemento, coa limitación xeral de dúas (2) prazas como máximo no mesmo curso por persoa.

PREINSCRICIÓN

Poderanse realizar as solicitudes de preinscrición do 5 ao 11 de setembro de 2022. O prazo finalizará o día 11 de setembro ás 23:59 horas.

As solicitudes faranse polos seguintes medios:

  1. Preferentemente, a través do seguinte formulario: Formulario solicitude Cursos EDM 2022-23
  2. Por teléfono, a través dos números 673 067 997 ó 981 18 98 00, ext. 25037, onde se axudará para cubrir o formulario en liña. Estas extensións telefónicas estarán dispoñibles de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

Cada persoa poderá presentar unha única solicitude de preinscrición. Dentro da solicitude poderá elixir ata un máximo de dúas (2) opcións por orde de preferencia. Consignaranse na mesma solicitude as actividades que sexan xestionadas directamente polo Concello da Coruña ou indirectamente polas concesionarias de San Diego ou Santo Amaro. No caso de rexistrar para a mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta a última, anulando con esta todas as realizadas con anterioridade.

Solicitaranse as actividades en función da idade da persoa que desexa participar. Para estes efectos, considerarase a idade referida á data 31 de decembro de 2022.

As persoas de máis de 60 anos poderán solicitar as actividades indicadas como +18/+60 coa premisa de que a súa condición física lles permita seguir o ritmo e a intensidade das sesións.

Nas solicitudes para menores de idade, consignaranse tamén os datos da nai/pai/titor(a). En todo o procedemento, o NIF que se publicará será a da nai, pai ou titor(a), que será a quen se asocie a solicitude da persoa menor de idade.

No caso de que se vaian a solicitar prazas para varias fillas ou fillos, deberá:

  1. Realizar unha preinscrición por cada menor, cubrindo cadanseu formulario na páxina web e de forma continuada no tempo.
  2. Realizar todas as preinscricións relativas a menores dunha mesma familia (irmás e irmáns) co mesmo NIF correspondente á nai, pai ou titor(a).

PERSOAS EN SITUACIÓN DE DISCAPACIDADE

As persoas en situación de discapacidade poderán solicitar praza nunha actividade das EDM (tanto nas xenéricas como nas específicas de discapacidade), tendo en conta o seguinte:

  • No formulario de preinscrición indicarase o tipo e o grao de discapacidade e se a persoa é dependente ou non. As persoas dependentes que para a súa normalización precisen calquera adaptación ou seguimento deberán indicalo na solicitude.
  • En todo o caso, optarán á praza nas mesmas condicións que o resto de solicitantes.
  • No momento da matrícula, a persoa deberá achegar un informe médico no que se indique que a súa situación de discapacidade non lle impide a práctica deportiva, ou ben, calquera outro dato relevante que poida incidir na dita práctica.

RELACIÓN DE ACTIVIDADES DAS EDM XESTIONADAS DIRECTAMENTE POLO CONCELLO DA CORUÑA

FRANXA IDADE

CÓDIGO

ACTIVIDADE INSTALACIÓN HORARIO PRAZAS OFERTADAS
6-8 ANOS 001 AIKIDO 6-8 ANOS C.D. RIAZOR ME 18:00-19:00. 14
005 BOXEO 6-8 C.D. RIAZOR LU-ME 17:00-18:00 12
006 CICLISMO 6-8 C.D. RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 10
007 JUDO 6-8 C.D. RIAZOR LU 18:00-19:00 12
008 MINITENIS 6-8 C.D. DA TORRE MA-XO 17:00-18:00 7
009 MINITENIS 6-8 C.D. DA TORRE MA-XO 18:00-19:00 7
010 MINITENIS 6-8 C.D. DA TORRE MA-XO 19:00- 20:00 7
015 NATACIÓN ARTÍSTICA 6-8 CASINO A ZAPATEIRA LU-ME 18:30-19:30 16
016 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR LU 16:30-17:15 4
017 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR LU-ME 17:15-18:00. 7
018 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR LU-ME 18:00-18:45. 13
019 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR LU-ME 18:45-19:30. 8
020 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR LU-ME 19:30-20:15. 9
021 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 7
022 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 8
023 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR MA-XO 18:45-19.30 7
024 NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 C.D. RIAZOR ME 16:30-17:15 3
029 PATINAXE 6-8 POL. NÚM. 1 RIAZOR LU-ME 16:45-17:30. 16
030 PATINAXE 6-8 POL. NÚM. 1 RIAZOR LU-ME 17:30-18:15. 14
031 PATINAXE 6-8 POL. NÚM. 1 RIAZOR LU-ME 18:15-19:00. 15
036 TRIATLON 6-8 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 16:15-17:15 10
037 WATERPOLO 6-8 C.D. RIAZOR VE 17:00-18:00 10
038 XIMNASIA RÍTMICA E ARTÍSTICA INICIACIÓN 6-8 POL. SAGRADA FAMILIA MA-XO 18:00-18:45 15
039 XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 C.D. RIAZOR LU 17:00-18:00 9
9-11 ANOS 040 AIKIDO 9-11 ANOS C.D. RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 11
041 ATLETISMO 9-11 C.D. RIAZOR LU-ME 18:00-19:00. 12
045 BÁDMINTON 9-11 C.D. RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 19
046 BOXEO 9-11 C.D. RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 12
047 BUJUTSU 9-11 C.D. RIAZOR LU 17:00-18:00 15
048 CICLISMO 9-11 C.D. RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 8
049 ESGRIMA 9-11 CASA DA AUGA LU-ME 18:00-19:00 17
050 JUDO 9-11 C.D. RIAZOR LU-VE 19:00-20:00 8
051 NATACIÓN 9-11 C.D. RIAZOR LU 16:30-17:15 11
052 NATACIÓN 9-11 C.D. RIAZOR LU-ME 17:15 -18:00 20
053 NATACIÓN 9-11 C.D. RIAZOR MA-XO 17:15 -18:00 9
054 NATACIÓN 9-11 C.D. RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 12
055 NATACIÓN 9-11 C.D. RIAZOR MA-XO 18:45-19:30 13
056 NATACIÓN 9-11 C.D. RIAZOR VE 17:15-18:00 11
064 PATINAXE 9-11 POL. NÚM. 1 RIAZOR LU-ME 19:00-19:45. 6
065 PATINAXE 9-11 POL. NÚM. 1 RIAZOR LU-ME 19:45-20:30. 3
066 TENIS 9-11 C.D. RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 5
067 TENIS 9-11 C.D. RIAZOR VEME- 19:00-20:00 8
068 TENIS 9-11 C.D. DA TORRE LU-ME 19:00-20:00 5
069 TENIS 9-11 POL. NOVO MESOIRO ME-VE- 17:00-18:00 8
074 TRÍATLON 9-11 C.D. RIAZOR MA-ME-XO 16:00-17:00 / 17:00-18:00 / 17:00-18:00 10
075 WATERPOLO 9-11 C.D. RIAZOR MA 16:00-17:00 10
076 WATERPOLO 9-11 C.D. RIAZOR VE 17:00-18:00 10
077 XIMNASIA RÍTMICA E ARTÍSTICA INICIACIÓN 9-11 POL. SAGRADA FAMILIA MA-XO 18:45-19:30 14
078 XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 C.D. RIAZOR LU 17:00-18:00 9
12-17 ANOS 079 ATLETISMO 12-17 C.D. RIAZOR LU-ME 19:00-20:00. 8
083 BÁDMINTON 12-17 C.D. RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 13
084 BOXEO 12-17 C.D. RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 10
085 BUJUTSU 12-17 C.D. RIAZOR ME 17:00-18:00 20
086 CICLISMO 12-17 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 19:00-20:00 9
087 ESCALADA 12-17 C.D. RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 5
088 ESGRIMA 12-17 CASA DA AUGA LU-ME-VE- 19:00-20:00 18
089 NATACION 12-17 C.D. RIAZOR ME 16:30-17:15 10
090 NATACIÓN 12-17 C.D. RIAZOR LU-ME 18:00-18:45. 11
091 NATACIÓN 12-17 C.D. RIAZOR LU-ME 18:45-19:30. 13
092 NATACIÓN 12-17 C.D. RIAZOR LU-ME 19:30-20:15. 17
101 PÁDEL 12-17 C.D. DA TORRE LU-ME 18:00-19:00. 5
102 PÁDEL 12-17 C.D. DA TORRE MA-XO 18:00-19:00 1
103 PATINAXE 12-17 POL. NÚM. 1 RIAZOR LU-ME 19:45-20:30. 8
104 TENIS 12-17 C.D. RIAZOR ME-VE- 18:00-19:00 1
105 TENIS 12-17 C.D. DA TORRE LU-ME 18:00-19:00 5
106 TENIS 12-17 POL. NOVO MESOIRO MA-XO 15:45-16:45 5
107 TENIS 12-17 POL. NOVO MESOIRO ME-VE- 16:00-17:00 1
112 TIRO CON ARCO 12-17 CASINO A ZAPATEIRA LU 18:30-19:30 1
113 XIMNASIA RÍTMICA E ARTÍSTICA INICIACIÓN 12-17 POL. SAGRADA FAMILIA MA-XO 19:30-20:15 11
+18 ANOS 114 ADESTRAMENTO +18 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 2
115 ADESTRAMENTO +18 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 19:15-20:15 12
116 ADESTRAMENTO +18 MOI INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 3
117 BÁDMINTON +18 C.D. RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 12
118 BÁDMINTON +18 C.D. DA TORRE MA-XO 12:00-13:00 9
119 BAILE DEPORTIVO +18 C.D. RIAZOR LU-ME 16:00-17:00 8
120 BAILE DEPORTIVO +18 C.D. RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 7
121 COSTAS SAS +18 C.D. RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 8
122 COSTAS SAS +18 C.D. RIAZOR MA-VE 18:00-19:00 2
123 COSTAS SAS +18 C.D. RIAZOR MA-VE 19:00-20:00 1
124 GAP E BAL +18 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 08:00-08:45 20
125 GAP E BAL +18 INTENSO C.D. RIAZOR LU-ME 08:00-08:45 20
126 GAP E BAL +18 INTENSO C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 11:15-12:00 2
127 GAP E BAL +18 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 20:15-21:00 6
128 GAP E BAL +18 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 4
129 IOGA +18 POL. OS ROSALES LU-ME 10:30-11:30 7
130 IOGA +18 C.D. DA TORRE MA-XO 09:15-10:15 3
131 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 09:00-10:00 3
132 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 11:00-12.00 3
133 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 11:00-12:00 3
134 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR LU-ME-XO 21:00-22:00 5
135 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR MA-VE 21:00-22:00 3
136 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR MA-XO 10:00-11:00 8
137 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR MA-XO 11:00-12:00 7
138 MANTEMENTO +18 C.D. RIAZOR MA-XO 12:00-13:00 8
139 MANTEMENTO +18 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME-VE- 20:30-21:30 3
140 MANTEMENTO +18 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME-VE- 21:30-22:30 4
141 MANTEMENTO +18 POL. OS ROSALES MA-XO 10:00-11:00 5
142 MANTEMENTO +18 POL. S. FRANCISCO JAVIER LU-ME-VE- 20:00-21:00 4
143 MANTEMENTO +18 POL. S. FRANCISCO JAVIER LU-ME-VE- 21:00-22:00 2
144 MANTEMENTO +18 POL. SAGRADA FAMILIA LU-ME-VE- 19:00-20:00 1
145 MANTEMENTO +18 POL. SAGRADA FAMILIA LU-ME-VE- 21:00-22:00 8
147 MANTEMENTO +18 POL. OS ROSALES MA-XO 18:00-19:00 5
148 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME 18:00-18:45. 5
149 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME 18:45-19:30. 2
150 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME 19:30-20:15. 1
151 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME 20:15-21:00. 3
152 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME 21:00-21:45. 2
153 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME 21:45-22:30. 1
154 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 08:00-08:45 6
155 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 08:45-09:30 2
156 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 09:30-10:15 5
157 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 10:15-11:00 2
158 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 11:00-11:45 4
159 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 12:30-13:15 4
160 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 13:15-14:00 4
161 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 08:00-08:45 1
162 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 08:45-09:30 1
163 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 10:15-11:00 4
164 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 11:45-12:30 4
165 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 12:30-13:15 6
166 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 13:15-14:00 4
167 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 4
168 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 18:45-19:30 3
169 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 7
170 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 6
173 NATACIÓN +18 INTENSO C.D. RIAZOR LU-ME 11:45-12:30 12
174 NATACIÓN +18 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 3
175 NATACIÓN +18 MOI INTENSO C.D. RIAZOR LU-ME 21:45-22:30. 7
227 MARCHA NÓRDICA +18/+60 C.D. RIAZOR LU-ME 10:00-11:00. 3
228 MARCHA NÓRDICA +18/+60 C.D. DA TORRE LU-ME 11:30-12:30 12
229 MARCHA NÓRDICA +18/+60 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME 08:30-09:30 14
199 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE LU-ME 10:00-11:00 4
200 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE LU-ME 16:00-17:00 1
201 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE LU-ME 17:00-18:00 1
202 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE LU-ME 19:00-20:00 1
203 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE LU-ME 21:00-22:00 8
204 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE MA-XO 11:00-12:00 1
205 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE MA-XO 16:00-17:00 1
206 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE MA-XO 20:00-21:00 1
207 PÁDEL +18 C.D. DA TORRE MA-XO 21:00-22:00 8
208 PILATES +18 C.D. RIAZOR LU-ME 18:00-19:00. 5
209 PILATES +18 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 20:00-21:00 3
210 PILATES +18 C.D. DA TORRE MA-XO 11:00-12:00 1
211 PILATES +18 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME 10:00-11:00 4
212 PILATES +18 POL. BARRIO DAS FLORES MA-XO 09:30-10:30 2
213 PILATES +18 POL. OS ROSALES LU-ME 09:30-10:30 10
214 PILATES +18 POL. OS ROSALES MA-XO 08:00-09:00 9
230 PILATES +18/+60 POL. NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 20
215 TENIS +18 INICIACIÓN CASINO A ZAPATEIRA LU-ME 10:15-11:00 4
216 TIRO CON ARCO +18 CASINO A ZAPATEIRA LU 19:30-20:30 4
217 TIRO CON ARCO +18 CASINO A ZAPATEIRA XO 19:00-20:00 2
218 TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 C.D. RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 12
219 TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 C.D. RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 12
220 ZUMBA +18 C.D. RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 30
221 ZUMBA +18 C.D. RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 14
222 ZUMBA +18 POL. NOVO MESOIRO MA-XO 08:00-09:00 30
223 ZUMBA +18 POL. OS ROSALES LU-ME 12:30-13:30 14
224 ZUMBA +18 POL. OS ROSALES MA-XO 11:00-12:00 14
225 ZUMBA +18 POL. S. FRANCISCO JAVIER LU-ME 19:00-20:00 12
226 ZUMBA +18 POL. S. FRANCISCO JAVIER MA-XO 19:00-20:00 12
231 ZUMBA +18/+60 C.D. RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 14
232 ZUMBA +18/+60 C.D. DA TORRE LU-ME 08:00-09:00 30
233 ZUMBA +18/+60 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME 08:00-09:00 30
234 ZUMBA +18/+60 POL. S. FRANCISCO JAVIER LU-ME 18:00-19:00 12
235 ZUMBA +18/+60 POL. S. FRANCISCO JAVIER MA-XO 18:00-19:00 12
+60 ANOS 236 COSTAS SAS +60 C.D. RIAZOR MA-XO 16:30-17:30 2
237 COSTAS SAS +60 C.D. RIAZOR VEME- 16:00-17:00 8
238 FLEXIBILIDADE +60 C.D. RIAZOR MA-XO 09:00-09:45 8
239 IOGA +60 POL. OS ROSALES LU-ME 11:30-12:30 8
240 MANTEMENTO +60 C.D. RIAZOR LU-VEME- 10:30-11:15 2
241 MANTEMENTO +60 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 12:00-12:45 6
242 MANTEMENTO +60 C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 12:45-13:30 4
243 MANTEMENTO +60 C.D. RIAZOR MA-XO 12:00-12:45 1
244 MANTEMENTO +60 C.D. RIAZOR MA-XO 12:45-13:30 5
245 MANTEMENTO +60 C.D. DA TORRE LU-ME-VE- 12:00-12:45 10
246 MANTEMENTO +60 POL. BARRIO DAS FLORES LU-MA-XO 09:00-10:00 10
247 MANTEMENTO +60 POL. BARRIO DAS FLORES LU-MA-XO 11:00-12:00 9
248 MANTEMENTO +60 POL. BARRIO DAS FLORES MA-XO-VE 12:00-13:00 / 12:00-13:00 / 11:00-12:00 10
249 MANTEMENTO +60 POL. BARRIO DAS FLORES ME-VE- 09:00-10:00 5
250 MANTEMENTO +60 INTENSO C.D. RIAZOR LU-ME 09.00-10.00. 7
251 MANTEMENTO +60 INTENSO C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 08:00-09:00 3
252 MANTEMENTO +60 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 2
253 MANTEMENTO +60 INTENSO C.D. RIAZOR MA-XO 13:00-14:00 5
254 MANTEMENTO +60 INTENSO C.D. DA TORRE LU-ME-VE- 10:00-11:00 1
227 MARCHA NÓRDICA +18/+60 C.D. RIAZOR LU-ME 10:00-11:00. 3
228 MARCHA NÓRDICA +18/+60 C.D. DA TORRE LU-ME 11:30-12:30 12
229 MARCHA NÓRDICA +18/+60 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME 08:30-09:30 14
255 NATACIÓN +60 INICIACIÓN C.D. RIAZOR LU-ME 10.00-10.45. 5
256 NATACIÓN +60 INTENSO C.D. RIAZOR LU-XO 16.30-17.15 7
265 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 08:20-09:00 3
266 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 09:40-10:20 3
267 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 10:20-11:00 2
268 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 11:00-11:40 4
269 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 11:40-12:20 8
270 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 12:20-13:00 4
271 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 13:00-13:40 4
272 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 13:40-14:20 11
273 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR MA-XO 09:00-09:40 12
274 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR MA-XO 11:00-11:40 3
275 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR MA-XO 11:40-12:20 5
276 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR MA-XO 12:20-13:00 3
277 NATACIÓN E XIM. ACUÁTICA +60 INIC./INT. C.D. RIAZOR MA-XO 13:40-14:20 7
230 PILATES +18/+60 POL. NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 20
289 PILATES +60 C.D. RIAZOR LU-ME 19:00-20:00 3
290 PILATES +60 C.D. DA TORRE MA-XO 10:15-11:00 7
291 PILATES +60 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME 11:00-12:00 3
292 PILATES +60 INTENSO C.D. RIAZOR LU-ME-VE- 12:00-13:00 2
231 ZUMBA +18/+60 C.D. RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 14
232 ZUMBA +18/+60 C.D. DA TORRE LU-ME 08:00-09:00 30
233 ZUMBA +18/+60 POL. BARRIO DAS FLORES LU-ME 08:00-09:00 30
234 ZUMBA +18/+60 POL. S. FRANCISCO JAVIER LU-ME 18:00-19:00 12
235 ZUMBA +18/+60 POL. S. FRANCISCO JAVIER MA-XO 18:00-19:00 12

Para as actividades de Natación de 9-11, 12-17, +18 e + 60 intenso é requisito saber nadar 25 m sen tocar fondo nin suxeitarse a medios auxiliares fixos ou móbiles.

Para a actividade de Tríatlon 6-8 anos e 9-11 anos e necesario saber nadar 25 m sen tocar fondo nin suxeitarse a medios auxiliares e andar en bicicleta.

Para a actividade de Waterpolo 6-8 anos e 9-11 anos e necesario saber nadar 25 m sen tocar fondo nin suxeitarse a medios auxiliares.

Para a actividade de Natación Artística 6-8 anos e necesario saber nadar 25 m sen tocar fondo nin suxeitarse a medios auxiliares.

Para o grupo de natación +18 intenso é preciso saber nadar 100 metros empregando dous estilos.

As persoas de máis de 60 anos poderán solicitar as actividades indicadas como +18/+60 a condición de que a súa condición física lles permita seguir o ritmo e intensidade das sesións.

Pode descargar o arquivo na seguinte ligazón: Oferta EDM 2022-23_Xestión directa

RELACIÓN DE ACTIVIDADES NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SANTO AMARO

FRANXA IDADE CÓDIGO ACTIVIDADE INSTALACIÓN HORARIO PRAZAS OFERTADAS
6-8 ANOS 002 BÁDMINTON 6-8 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:15-18:15 12
003 BÁDMINTON 6-8 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:15-19:15 12
004 BÁDMINTON 6-8 SANTO AMARO MA-XO 16:15-17:15 12
011 NATACIÓN 6-8 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:00-18:45 8
012 NATACIÓN 6-8 SANTO AMARO MA-XO 18:00-18:45 4
025 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 6-8 SANTO AMARO LU-ME-VE- 16:30-17:15 6
026 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 6-8 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:15-18:00 6
027 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 6-8 SANTO AMARO MA-XO 16:30-17:15 6
028 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 6-8 SANTO AMARO MA-XO 17:15-18:00 6
032 TENIS DE MESA 6-8 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:00-18:00 5
033 TENIS DE MESA 6-8 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:00-19:00 5
034 TENIS DE MESA 6-8 SANTO AMARO MA-XO 17:00-18:00 5
035 TENIS DE MESA 6-8 SANTO AMARO MA-XO 18:00-19:00 5
9-11 ANOS 042 BÁDMINTON 9-11 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:15-18:15 12
043 BÁDMINTON 9-11 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:15-19:15 12
044 BÁDMINTON 9-11 SANTO AMARO MA-XO 16:15-17:15 12
057 NATACIÓN 9-11 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:45-19:30 2
060 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 9-11 SANTO AMARO LU-ME-VE- 16:30-17:15 6
061 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 9-11 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:15-18:00 6
062 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 9-11 SANTO AMARO MA-XO 16:30-17:15 6
063 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 9-11 SANTO AMARO MA-XO 17:15-18:00 6
070 TENIS DE MESA 9-11 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:00-18:00 5
071 TENIS DE MESA 9-11 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:00-19:00 5
072 TENIS DE MESA 9-11 SANTO AMARO MA-XO 17:00-18:00 5
073 TENIS DE MESA 9-11 SANTO AMARO MA-XO 18:00-19:00 5
12-17 ANOS 080 BÁDMINTON 12-17 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:15-18:15 12
081 BÁDMINTON 12-17 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:15-19:15 12
082 BÁDMINTON 12-17 SANTO AMARO MA-XO 16:15-17:15 12
093 NATACIÓN 12-17 SANTO AMARO LU-ME-VE- 19:30-20:15 4
094 NATACIÓN 12-17 SANTO AMARO MA-XO 19:30-20:15 1
097 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 12-17 SANTO AMARO LU-ME-VE- 16:30-17:15 8
098 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 12-17 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:15-18:00 8
099 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 12-17 SANTO AMARO MA-XO 16:30-17:15 8
100 NATACIÓN PRE-COMPETITIVA 12-17 SANTO AMARO MA-XO 17:15-18:00 8
108 TENIS DE MESA 12-17 SANTO AMARO LU-ME-VE- 17:00-18:00 5
109 TENIS DE MESA 12-17 SANTO AMARO LU-ME-VE- 18:00-19:00 5
110 TENIS DE MESA 12-17 SANTO AMARO MA-XO 17:00-18:00 5
111 TENIS DE MESA 12-17 SANTO AMARO MA-XO 18:00-19:00 5
+18 ANOS 179 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 08:00-08:45 12
180 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 08:45-09:30 3
181 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 09:30-10:15 8
182 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 10:15-11:00 2
183 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 11:00-11:45 9
184 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 11:45-12:30 7
185 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 12:30-13:15 12
186 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 20:15-21:00 7
187 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 21:00-21:45 9
188 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO LU-ME-VE- 21:45-22:30 12
189 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 08:00-08:45 12
190 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 08:45-09:30 1
191 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 09:30-10:15 11
192 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 10:15-11:00 9
193 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 11:00-11:45 4
194 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 11:45-12:30 12
195 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 12:30-13:15 12
196 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 20:15-21:00 6
197 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 21:00-21:45 6
198 NATACIÓN MANTEMENTO +18 SANTO AMARO MA-XO 21:45-22:30 12
+60 ANOS 279 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO LU-ME-VE- 09:30-10:15 5
280 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO LU-ME-VE- 10:15-11:00 2
281 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO LU-ME-VE 11:00-11:45 3
282 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO LU-ME-VE- 11:45-12:30 5
283 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO LU-ME-VE- 12:30-13:15 3
284 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO MA-XO 09:30-10:15 4
285 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO MA-XO 10:15-11:00 5
286 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO MA-XO 11:00-11:45 7
287 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO MA-XO 11:45-12:30 4
288 NATACIÓN MANTEMENTO +65 SANTO AMARO MA-XO 12:30-13:15 8

Para as actividades de Natación de 9-11, 12-17, +18 e + 60 intenso é requisito saber nadar 25 m sen tocar fondo nin suxeitarse a medios auxiliares fixos ou móbiles.

Para a actividade de Natación pre-competitiva (de iniciación á natación de competición) é necesario saber nadar, sen axuda de elementos auxiliares e sen apoios, 25 m en nado ventral (crol) e 25 m en nado dorsal (costas).

Pode descargar o arquivo na seguinte ligazón: Oferta EDM 2022-23_Santo Amaro

RELACIÓN DE ACTIVIDADES NO COMPLEXO DEPORTIVO DE SAN DIEGO

FRANXA IDADE CÓDIGO ACTIVIDADE INSTALACIÓN HORARIO PRAZAS OFERTADAS
6-8 ANOS 013 NATACIÓN 6-8 SAN DIEGO LU-ME 16:45-17:30 9
014 NATACIÓN 6-8 SAN DIEGO MA-XO 17:30-18:15 7
9-11 ANOS 058 NATACIÓN 9-11 SAN DIEGO LU-ME 16:45-17:30 4
059 NATACIÓN 9-11 SAN DIEGO MA-XO 16:45-17:30 16
12-17 ANOS 095 NATACIÓN 12-17 SAN DIEGO LU-ME 17:30-18:15 14
096 NATACIÓN 12-17 SAN DIEGO MA-XO 17:30-18:15 5
+18 ANOS 146 MANTEMENTO +18 SAN DIEGO LU-ME 12:00-12:45 6
171 NATACIÓN +18 INICIACIÓN SAN DIEGO LU-ME 08:45-09:30 4
172 NATACIÓN +18 INICIACIÓN SAN DIEGO MA-XO 11:00-11:45 3
176 NATACIÓN +18 PERFE. SAN DIEGO MA-XO 08:45-09:30 2
177 NATACIÓN +18 PERFE. SAN DIEGO MA-XO 10:15-11:00 1
178 NATACIÓN +18 PERFE. SAN DIEGO MA-XO 11:45-12:30 5
+60 ANOS 257 NATACIÓN +70 INIC. SAN DIEGO LU-ME 09:30-10:15 4
258 NATACIÓN +70 INIC. SAN DIEGO LU-ME 10:15-11:00 2
259 NATACIÓN +70 INIC. SAN DIEGO LU-ME 11:45-12:30 4
260 NATACIÓN +70 INIC. SAN DIEGO MA-XO 09:30-10:15 3
261 NATACIÓN +70 INIC. SAN DIEGO MA-XO 11:45-12:30 5
262 NATACIÓN +70 PERFE. SAN DIEGO LU-ME 10:15-11:00 2
263 NATACIÓN +70 PERFE. SAN DIEGO LU-ME 11:00-11:45 7
264 NATACIÓN +70 PERFE. SAN DIEGO MA-XO 11:00-11:45 1
278 NATACIÓN E XIMNASIA ACUÁTICA +70 SAN DIEGO MA-XO 10:15-11:00 10

Pode descargar o arquivo na seguinte ligazón: Oferta EDM 2022-23_San Diego

RELACIÓN DE ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DIRIXIDAS A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DISCAPACIDADE

FRANXA IDADE CÓDIGO ACTIVIDADE INSTALACIÓN HORARIO PRAZAS OFERTADAS
9-17 ANOS 293 BÁDMINTON 9-17 SANTO AMARO LU-ME 17:15 A 18:15 5
295 BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS 9-17 POL. BARRIO DAS FLORES LU 16:30-17:30 5
297 NATACIÓN 9-17 C.D.RIAZOR MA 16:00-16:45 5
298 NATACIÓN 9-17 SANTO AMARO LU-ME 17:15-18:00 5
299 TENIS CADEIRA DE RODAS 9-17 CASINO A ZAPATEIRA 16:00-17:00 DÍA POR ESPECIFICAR 5
300 TENIS DE MESA 9-17 SANTO AMARO LU-ME 17:00 A 18:00 5
+18 ANOS 294 BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS +18 POL. BARRIO DAS FLORES ME 12:00-13:30 5
296 NATACIÓN +18 C.D. RIAZOR LU 11:45-12:30 5

Pode descargar o arquivo na seguinte ligazón: Oferta EDM 2022-23_Discapacidade

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Unha vez que se presentaron todas as solicitudes de preinscrición, confeccionarase unha listaxe por orde cronolóxica de chegada ascendente de hora, minuto e segundo, e asignaráselle a cada unha delas un número de solicitude en función desa orde. Este número será o que se tome de referencia en todo o procedemento.

No caso de que existan dúas ou máis solicitudes presentadas no mesmo momento, asignaráselles o número tendo en conta a orde alfabética (tamén ascendente) dos apelidos.

A listaxe publicarase nesta páxina web para coñecemento xeral, o 13 de setembro de 2022 a partir das 14.00 h.

Para a consulta telefónica da lista habilitaranse os seguintes teléfonos:

  • 981 18 98 00 (C.D. Riazor)
  • 981 18 98 06 (Polideportivo do Barrio das Flores)
  • 981 18 98 04 (C.D. da Torre)
  • Teléfono gratuíto de información cidadá 010

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS SOBRE A LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

No caso de que se observe algún erro na listaxe de solicitantes, abrirase un prazo para alegacións e corrección de erros, preferentemente a través do correo electrónico gestiondeportes@coruna.gal. De non dispoñer dos medios necesarios, poderase realizar no teléfono 981 18 98 00, extensión 25037 ou 25038, de luns a venres, en horario de 8.00 a 15.00 h.

No correo electrónico figurará no asunto o nome completo da persoa para a que se solicitou a praza e un teléfono de contacto.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas nin se atenderá outros datos máis que os consignados no formulario de solicitude.

As alegacións poderanse realizar do 14 ao 16 de setembro de 2022. O prazo finalizará o día 16 de setembro ás 23.59 horas.

A listaxe definitiva de persoas solicitantes, despois das alegacións, publicarase o 19 de setembro de 2022.

SORTEO PÚBLICO

Nos supostos en que existan máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público para establecer a orde de adxudicación, na páxina web echaloasuerte.com ou a través dun sorteo manual no que se estraería un número para as unidades, outro para as decenas, outro para as centenas e outro para as unidades de millar.

Para establecer a orde de preferencia para adxudicar as prazas terase en conta:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  2. A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude (Opción 1 ou Opción 2).
  3. O número asignado á solicitude en relación ao número obtido no sorteo público.

Se unha persoa, despois deste proceso, entra nas dúas opcións solicitadas, só poderá matricularse nunha (1) neste período da convocatoria.

O sorteo realizarase o día 20 de setembro de 2022 ás 9.00 horas e publicarase nesta páxina web así como nas redes sociais da Concellaría de Deportes.

LISTAXE DAS PERSOAS QUE OBTIVERON PRAZA E LISTAXE DE AGARDA

Publicarase a listaxe das persoas que obtiveron praza, así como a listaxe de agarda, o día 23 de setembro de 2022 a partir das 14.00 horas.

PAGAMENTO DA TAXA CORRESPONDENTE E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DAS PERSOAS ADMITIDAS

Para que a matrícula sexa efectiva, o alumnado deberá cubrir o formulario de matrícula e pagar a taxa correspondente de acordo co previsto en . Ordenanza Fiscal nº 15-2022--Reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións Deportivas Municipais .

A Ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM (para o que deberán achegar a documentación preceptiva previamente á data de matriculación) e para maiores de 65 anos.

No caso das EDM xestionadas directamente polo Concello da Coruña, a formalización e pagamento da taxa (en efectivo ou con tarxeta de crédito ou débito) poderase realizar a partir do día 26 de setembro e ata o 30 de setembro de 2022, acudindo a calquera das caixas de Deportes (CD Riazor, C.D. da Torre ou polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa e en horario de 08.15 a 14.00 h (para o que cómpre combinar unha cita por cada matrícula que se queira tramitar).

No caso das EDM que se imparten nos complexos deportivos de San Diego e de Santo Amaro, o pagamento realizarase nas mesmas datas directamente nos devanditos centros e no horario de apertura que teñan establecido, en efectivo ou con cartón de crédito ou débito.

En todo o caso, é imprescindible aboar a taxa antes de acudir á actividade.

Entenderase que renuncian á praza as persoas que nese prazo non formalizasen a matrícula e pagasen a taxa correspondente e poderase activar a listaxe de agarda.

Documentación que debe acompañarse para a matrícula:

  1. Folla de autorización de recollida, no caso de menores de idade, acompañada das fotocopias dos DNI das persoas autorizadas.
  2. Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non dispoñer de DNI, fotocopia do Libro de Familia) e do DNI da nai/pai/titor(a).
  3. Menores a partir de 14 anos: Fotocopias do DNI e do DNI da nai/pai/titor(a).
  4. Maiores de idade: Fotocopia do DNI.
  5. Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor(a).

De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, non se lles requirirá ás persoas interesadas datos ou documentos que presentasen anteriormente en calquera Administración. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, e as administracións públicas deberán solicitalos electronicamente a través das súas redes corporativas ou dunha consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto. Excepcionalmente, se as administracións públicas non puideren solicitar os citados documentos, poderán solicitarlle novamente á persoa interesada que os achegue.

LISTAXE DE AGARDA

As persoas solicitantes que se atopen na listaxe de agarda poderán obter unha praza cando non se matricule algunha das persoas que a obtiveron en primeira instancia.

Realizaranse dous (2) movementos da  listaxe de agarda  que se publicarán nesta páxina web e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas:

  • 1.º movemento da listaxe de agarda:
    • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do primeiro movemento da lista: 4 de outubro de 2022, a partir das 14.00 h.
    • Formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 5 ao 14 de outubro de 2022, presentando a documentación correspondente.
  • 2.º movemento da listaxe de agarda:
    • Publicación das persoas da  listaxe de agarda que obtiveron praza despois do segundo movemento da lista: 14 de outubro de 2022, a partir das 14.00 h.
    • Formalización da matrícula das persoas que se encuentrenn nesta situación realizarase: do 17 ao 21 de outubro de 2022, presentando a documentación correspondente.

Con independencia do día do mes en que a persoa pague a taxa correspondente, o cálculo do importe da taxa farase computando o mes completo, pois non é divisible o importe da taxa en función do número de días que falten para rematar o mes.

PRAZAS VACANTES

Publicaranse nesta páxina web a relación de prazas que puideren quedar libres despois de resolver esta convocatoria.

A primeira publicación farase o día 21 de outubro de 2022 e ata o último venres de xaneiro de 2023, todos os venres a partir das 14.00 h publicarase nesta páxina web, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010, as pazas que aínda quedasen vacantes. As matrículas permanecerán abertas ata as 14.00 h do venres seguinte á última publicación.

Exceptúanse do punto anterior as EDM para menores de 18 anos, nas que por motivos didácticos e pedagóxicos, só permanecerán abertas as matrículas ata o 30 de decembro, agás que polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, decidísese excepcionalmente permitir a matriculación nun período posterior.

NORMAS DE ASISTENCIA DURANTE O CURSO ESCOLAR 2022-2023

Establécese unha porcentaxe de asistencia obrigatoria nas EDM do 60 % das sesións lectivas do curso.

O alumnado só poderá, por tanto, ter unha porcentaxe de faltas inferior ao 40 % das sesións do curso. Esta situación deberá ser excepcional, pois o alumnado como norma xeral debe asistir ás clases.

Non se requirirá que o alumnado presente un xustificante pola súa falta de asistencia, xa que  non existe distinción entre falta xustificada e non xustificada.

No caso de que se chegue ao 40 % de faltas de asistencia, a persoa debe causar baixa nas EDM sen dereito a percibir a devolución da correspondente taxa.

CAMBIOS DE HORARIO DURANTE O CURSO ESCOLAR 2022-23

NOTA: As datas para as actividades de xestión directa foron modificadas debido á ampliación do prazo de matrícula ordinario (Ver apartado publicado o 27 de setembro).

Aquelas persoas que, por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole, desexen cambiar o horario na mesma modalidade deportiva poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán cada venres, desde o 21 de outubro e ata o último venres de xaneiro de 2023 e que estarán a libre disposición.

No seu caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e o alta no novo horario sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferenza no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días á semana).

Logo de que finalice este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán esperar á seguinte renovación co seu consecuente novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou Santo Amaro entre si ou co resto de instalacións.

Documentos relacionados

  • Bases da convocatoria de renovacións e novas matrículas_EDM Curso 2022-2023 (1011 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión