Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campaña de Neve 2022 - Deputación da Coruña

NÚMERO DE CONTA PARA O PAGO DA COTA DE PARTICIPACIÓN

Datos da conta para facer o pago da cota de participación:

IMPORTE: 85 € (Ointenta e cinco euros)

ENTIDADE: ABANCA

IBAN: ES30 2080 5490 6430 4014 5379

TITULAR: NAUTALIA VIAJES, S.L.

Nota: en "concepto" poner só o nome e apelidos da persoa solicitante e o do concello (A Coruña, neste caso).

Deberá facerse chegar o xustificante de pago á dirección de correo electrónico deportes@coruna.gal. O prazo para a recepción do documento rematará ás 23:59 h. do venres 14/01/2022.

DESTINATARIOS:

Nenos e nenas empadroados no concello da Coruña, de 12 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2021.

Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

LISTAXE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Procedese a publicación da listaxe de asignación de prazas dos solicitantes para a Campaña de Neve 2022 - Deputación da Coruña que terá lugar na estación de Valgrande-Pajares, pode consultala na seguinte ligazón

Deste xeito a primeira persoa a cal se lle asigna praza e a BRUN L., LUCIA  e a derradeira persoa con praza asignada e LEIS G., CARLOTA.

No caso de ter que chamar a listaxe de agarda, continuaríase dende a ultima persoa con praza asignada (LEIS G. CARLOTA) seguindo este listado e tendo sempre a  preferencia a xente que figure coma EMPADROADA no Concello da Coruña e que NON REALIZASE NINGÚN CAMPAMENTO.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

Informarase aos agraciados vía email, xa que polo momento non dispoñemos do numero de conta no que facer o ingreso.

SOLICITUDE DESCARTADA:  

  • CASAS B., SARA unha vez rematado do prazo de emenda de erros, non cumpre o criterio de idade (ter entre 12 e 15 anos a 31/12/2021)

CRITERIOS DE ELABORACIÓN DESTA LISTAXE:

Preferencia para Empadroados no Concello da Coruña, que non realizarán previamente ningún campamento coa Deputación, unha vez aplicado este criterio e habendo máis solicitudes que prazas, establecese o corte alfabético establecido polo sorteo do día 17 de decembro, cuxo resultado é o que se indica despois da listaxe.

17 de decembro - SORTEO PÚBLICO

Unha vez realizado o sorteo público das letras que estableceran a orde de corte para asignación de prazas, pode consultar os resultados nas seguintes ligazóns: 

15 de decembro - LISTAXE PROVISIONAL

Procedese a publicación da listaxe provisional de solicitantes para a Campaña de Neve 2022 - Deputación da Coruña que terá lugar na estación de Valgrande-Pajares, pode consultalo na seguinte ligazón, ou no documento adxunto ao pe da páxina:

Ábrese un prazo de subsanación de erros dende a publicación da listaxe ata o 16 de decembro as 23:59 a través do correo electrónico: deportes@coruna.gal

Sorteo público:

  • 17 de decembro de 2021 as 09:00h, para establecer a orde de adxudicación sacaranse 4 letras, que se farán corresponder coas dúas primeiras letras do primeiro e segundo apelido, respectivamente. A partir da determinación da primeira persoa chamada, os seguintes faranse seguindo a dita orde alfabética. As letras serán quitadas empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/draw/new/letter/ ou a través do procedemento de insaculación

30 de novembro - CONVOCATORIA

Nº DE PRAZAS: 49

COTA DE INSCRICIÓN:

85 € (oitenta e cinco euros)

O prezo desta campaña inclúe:

  • Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares
  • Monitores
  • Clases de esquí
  • Seguros
  • Alugamento de material
  • Remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados

PRAZO SOLICITUDE:

Dende o día 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021 as 14:00h. a traves do seguinte formulario:

LISTAXE PROVISIONAL:

O 15 de decembro a partir das 14:00h.

SUBSANACIÓN DE ERROS:

Dende a  publicación da listaxe provisional ata o 16 de decembro as 23:59 a traves do correo electronico deportes@coruna.gal

SORTEO

Nos supostos de que despois de aplicar os criterios de preferencia aínda existan máis solicitudes que prazas vacantes, realizarase un sorteo público no Servizo de Deportes, o día 17 de decembro de 2019 ás 9:00 horas, segundo o procedemento que a continuación se describe: As listaxes disporanse en orde alfabética. Para estes efectos aclárase que as preposicións e calquera partícula en xeral que acompañen a un apelido non forman parte del, de acordo co disposto no artigo 49.2 in fine e 53 da Lei 20/2011, do 21 de xuño do Rexistro Civil (BOE do 22 de xullo de 2011). Para establecer a orde de adxudicación sacaranse 4 letras, que se farán corresponder coas dúas primeiras letras do primeiro e segundo apelido, respectivamente. A partir da determinación da primeira persoa chamada, os seguintes faranse seguindo a dita orde alfabética. As letras serán quitadas empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/draw/new/letter/ ou a través do procedemento de insaculación.

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

O 20 de decembo a partir das 14:00h

Todos os solicitantes que non obtivesen praza pasarán a formar parte da listaxe de agarda.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Do 21 ao 26 de decembro de 2021 a través do correo electrónico deportes@coruna.gal deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña. En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.

Para formalizar a matrícula será necesario achegar a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición da Deputación da Coruña (dipoñible unha vez publicada a listaxe de adxudicación de prazas)
  • Foto de carné.
  • Fotocopia do documento de asistencia sanitaria.
  • Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
  • Xustificante de pago da cota (unha vez adxudicadas as prazas, informarase da conta onde se realizará o ingreso, no que se fará constar "CAMPAÑA DE NEVE 2022 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA" - CONCELLO DA CORUÑA e NOME da nena/o).
  • No caso de tratamento específico ou doenza que sexa necesario ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Importante facer constar as alerxias alimenticias ou de calquera outro tipo.

OUTRAS DISPOSICIÓNS

Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.

As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.

Pode consultar as Bases completas no documento adxunto ao pé da páxina

Documentos relacionados

  • Listaxe Provisional de Solicitantes Campaña de Neve 2022 - Diputación da Coruña (462 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión