Inés Rey: “O deporte serve para derrubar barreiras, e neste último ano clubes, deportistas e entidades derrubaron moitas nesta cidade levando con orgullo o nome da Coruña por España e polo mundo”
29 de maio de 2026
ExpoCoruña acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no ano 2022 polo Goberno de Inés Rey, sete anos despois de que deixara de convocarse. A alcaldesa presidiu o evento e dirixiu unhas palabras ao milleiro de persoas asistentes a esta gala, que simboliza o fin da temporada deportiva para as Escolas Deportivas Municipais.
"O deporte serve para derrubar barreiras, e neste último ano clubes, deportistas e entidades derrubaron moitas nesta cidade levando con orgullo o nome da Coruña por España e polo mundo", sinalou Inés Rey. A rexedora foi a encargada de entregar os premios ás 15 persoas e entidades recoñecidas polos seus éxitos e traxectoria deportiva. "O deporte abre moitas portas e na Coruña gústanos tiralas abaixo, como fixeron este último ano moitos clubs, entidades e deportistas, levando A Coruña por bandeira e acadando importantes éxitos", engadiu Rey.
A Cea do Deporte serve para poñer punto e final ao curso das Escolas Deportivas Municipais, que este ano contaron con case 4.000 persoas usuarias. Unha gran parte das persoas asistentes á cea forman parte deste tecido, que durante todo o ano leva a cabo diferentes actividades nas instalacións municipais.
Ademais, tamén participaron no acto Gonzalo Santa Cruz e Paula Otero, que acadaron os principais recoñecementos individuais como deportistas coruñeses do ano. O acto estivo tamén marcado polos momentos simbólicos, como o premio á traxectoria para Luis Suárez, responsable da escola de boxeo Azteca Box. Tamén foi homenaxeado Manuel García Martínez 'Parodi' pola súa dedicación ao fútbol coruñés.
Lista completa de premiados
Gonzalo Santa Cruz como deportista destacado na tempada 2025/2026
Paula Otero como deportista destacada na tempada 2025/2026
Juan Copa como adestrador destacado na tempada 2025/2026
Luis Suárez como recoñecemento á súa traxectoria deportiva
Victoria FC como entidadedestacada na promoción do deporte base na tempada2025/2026
HC Liceo como entidade destacada na tempada 2025/2026
Club Voleibol Ciudad de A Coruña como entidade destacada na tempada2025/2026
Bolboretas A Coruña Dragon Boat como entidade destacada na inclusión no deporte na tempada 2025/2026
O Gran Camiño como recoñecemento á mellor proba deportiva na tempada 2025/2026
Manuel Garcia Martínez - Parodi como recoñecemento ó traballo feito durante toda unha vida polo fútbol coruñés.
Marineda Hockey como entidade destacada na tempada 2025/2026
Maristas como clube destacado na tempada 2025/2026
RC Deportivo como clube destacado na tempada 2025/2026
Mª Dolores Pena Graña en recoñecemento polo seu compañeirismo, solidaridade, compromiso e ampla traxectoria nas Escolas Deportivas Municipais da Coruña.
Carmen López Romero en recoñecemento polo seu compañeirismo, solidaridade, compromiso e ampla traxectoria nas Escolas Deportivas Municipais da Coruña.
Dende o 29/05/2026 ata o 31/05/2026
31/05/2026
31/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible