Concello da Coruña

Concello da Coruña

Curso gratuíto de formación en liña primeiros auxilios no deporte

O curso enmárcase no convenio nominativo entre a Concellería de Deportes do Concello da Coruña e Cruz Vermella Española para o ano 2020.

A quen vai dirixido?:

Federacións, clubs, asociacións e demais entidades deportivas do termo municipal da Coruña

Cando:

Dende o 20/11/2020 ata o 20/12/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/11/2020 ata o 18/11/2020

Número de prazas:

30

Prezo:

Gratuíto

Contacto:

Máis información: Formación Cruz Vermella

Este curso ten como finalidade introducir o persoal técnico das entidades deportivas da cidade da Coruña, especialmente a monitores/as, adestradores/as e persoas que dirixan actividades deportivas de grupos ou deportistas individuais, neste curso abórdanse dunha maneira sinxela e práctica os contidos básicos sobre primeiros auxilios que lles ofrezan axuda rápida e eficaz ás persoas que sufriron unha lesión e que se atopan en situación de emerxencia sexa por accidente ou enfermidade durante a realización de actividades deportivas.

OBXECTIVOS

  • Adquirir os coñecementos básicos para previr accidentes durante a realización de actividades físicas.
  • Coñecer os procedementos e as técnicas máis adecuados en autoprotección, antes, durante e despois dunha actuación.
  • Saber identificar e dar resposta a situacións de urxencia producidas durante a realización dun deporte.

MODALIDADE: exclusivamente en liña

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: o prazo para solicitar a inscrición será desde as 08.00 h do 13/11/2020 ata as 14.00 horas do 18/11/2020.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN: para 30 alumnas/os, as prazas asignaranse por orde de solicitude, para iso é imprescindible cubrir o formulario de inscrición na seguinte ligazón:

CONTIDOS:

  1. Socorrismo: aspectos xerais. Riscos na práctica deportiva
  2. Cadea de supervivencia universal. Autoprotección. Seguridade na intervención. Protexer, Alertar, Socorrer (PAS)
  3. Morte súbita e parada cardiorrespiratoria (PCR)
  4. Soporte vital básico. Algoritmo e secuencia (RCP)
  5. Posición lateral de seguridade e manexo de vítima
  6. Exploración secundaria
  7. Primeiros auxilios en: obstrución da vía aérea; traumatismos e lesións musculares; hemorraxias, feridas e queimaduras; golpe de calor
  8. Mobilización e evacuación de persoas feridas
  9. O botiquín para actividades deportivas

RECOÑECEMENTO: a formación de Cruz Vermella está avalada polo Consello Español de R.C.P. e conta coa certificación de calidade de AENOR e IQNet.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión