Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gladiator Race Kids A Coruña

Deporte participativo

Cando:

11/09/2021

Xa rematou

Horario:

16.00 horas: nenos/as de 3 a 6 anos (500 m)

17.00 horas: nenos/as de 7 a 12 anos (800 m)

Enderezo:

Parque de Bens . Parque de Bens. 15011 A Coruña

Número de prazas:

200

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

Aberto o prazo de inscrición para a Gladiator Kids A Coruña, un evento de carácter lúdico, non competitivo, no que poderán participar nenos e nenas que o día da proba, sábado 11 de setembro, teñan cumprida a idade de participación: entre 3 e 12 anos. A proba desenvolverase no Parque de Bens a partir das 16.00 horas. O límite de prazas será de 200.

inscricións

A Gladiator Kids A Coruña, organizada polo Concello da Coruña, está pensada para que as persoas máis pequenas da casa gocen dun día en familia facendo actividade física. En todo momento, as persoas participantes, irán acompañadas polo pai ou a nai ou un titor ou titora.

Haberá dous percorridos diferentes para dúas franxas de idade: entre tres e seis anos, o trazado será de medio quilómetro e entre os sete e doce anos, duns 800 metros aproximadamente.

A proba consiste en facer un circuíto cheo de obstáculos como valados de paso, pirámides, barras de equilibrio, zonas para reptar, pneumáticos... Todas as persoas participantes recibirán un agasallo ao final da proba.

A inscrición é de balde.

Todas as persoas participantes deberán seguir o protocolo COVID, que será publicado unha semana antes. A organización resérvase o dereito a suspender o evento se a situación sanitaria do momento así o recomenda.

Vídeo de presentación do evento

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión