Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Concello celebrará o aniversario da batalla de Elviña cunha andaina temática guiada

Terá lugar o domingo 15 de xaneiro e a inscrición xa está dispoñible de balde a través da web de Deportes

Cando:

19 de decembro de 2022

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, celebrará os 214 anos da batalla de Elviña cunha andaina temática guiada en lembranza do percorrido realizado polas tropas no 1809. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá a andaina que destacou como "unha visita diferente ás que facemos todos os domingos. Será única, só a faremos o 15 de xaneiro, e reservada para 50 persoas por estrita orde de inscrición".

A actividade levarase a cabo o vindeiro domingo 15 de xaneiro, coincidindo co aniversario dos 214 anos da batalla da Elviña. As persoas que participen farán o mesmo percorrido que o 95th Regiment realizou no 1809, dende a reserva ata a liña de fronte. A actividade estará guiada por Suso Martínez, quen achegará información histórica sobre a cita bélica. "Iremos a 160 pasos por minuto, a paso dos vencedores, nun trazado con certa dificultade, polo que pedimos que as persoas participantes veñan preparadas con roupa e calzado deportivos". 

Sairase desde abaixo da avenida de Monelos, preto dos ministerios, onde se atopaba a división de reserva británica antes de ser chamada a acudir ao monte Mero. Logo ascenderase pola avenida de Monelos e pasarase pola aldea de Eirís. Unha vez que se chegue ao monte Mero, o grupo baixará ao val do Monelos e pecharemos o percorrido fronte ao monólito de John Moore no Campus de Elviña. O percorrido total é de 5,8 quilómetros. "Imos percorrer gran parte da fronte da batalla de Elviña con paradas para que Suso explique como foi aquel día de 1809. Son case 7 quilómetros desde o inicio da avenida de Monelos ata o monte Mero. Baixaremos a Elviña e remataremos na Casa do Lagar, no campus", sinalou a concelleira.

Gran parte do percorrido será ao trote, polo que será preciso que as persoas participantes leven equipamento deportivo. Ademais realizaranse paradas para poñer en contexto a andaina e contarase con algunha actividade sorpresa para os participantes. 

A inscrición é de balde e disponse dun total de 50 prazas. O período de inscrición xa está dispoñible na páxina  Ruta especial | Corunna 1809 A paso de vencedores , no seguinte formulario de inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión