Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

O Concello recibe ao Marineda Hockey tras a súa histórica tempada

A alcaldesa e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, felicitaron ao club coruñés nun acto celebrado esta tarde no Palacio Municipal de María Pita

Cando:

13 de maio de 2026

O Concello da Coruña recibiu esta tarde no Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita ao Marineda Hockey tras a histórica tempada asinada polo club coruñés, culminada co ascenso á OK Liga Iberdrola e a conquista da Copa Princesa. A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, encabezaron o acto institucional no que participaron as xogadoras, o corpo técnico e a directiva da entidade.

Durante a recepción interviñeron a capitana do equipo, Alba Garrote; o adestrador, Nelson Obelleiro; e a presidenta da entidade, Beatriz Lema. Posteriormente, a alcaldesa fixo entrega dunha Torre de Hércules de Sargadelos ás capitanas do Marineda Hockey en recoñecemento á histórica tempada asinada polo equipo coruñés.

Inés Rey destacou o impacto deportivo e social dun proxecto "que en menos dun ano conseguiu situar á Coruña na elite do hóckey feminino estatal cunha tempada practicamente perfecta". A alcaldesa puxo en valor "o esforzo, a ambición e a unión dun grupo que representa os mellores valores do deporte e que xa é un referente para moitas nenas e mozos da cidade".

O Marineda Hockey logrou o ascenso á OK Liga Iberdrola a falta de dúas xornadas para o remate da competición, tras asinar unha traxectoria extraordinaria con 21 vitorias e 3 empates en 24 partidos, mantendo ademais a condición de invicto. O equipo coruñés certificou o ascenso o pasado domingo no pavillón do Agra I ao vencer por 3-1 ao Raspeig ante unha bancada chea entregada ao equipo.

Coa recepción celebrada esta tarde, o Concello recoñeceu publicamente o éxito deportivo dun club nacido hai menos dun ano e que xa conseguiu tamén conquistar a Copa Princesa. O respaldo ao deporte feminino e aos clubs da cidade continuará sendo unha das liñas prioritarias impulsadas polo Goberno de Inés Rey.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión