O Concello colabora coa Federación Galega de Atletismo e a Real Federación Española de Atletismo na organización desta cita, que se disputará entre o sábado e o domingo nas pistas da UDC en Elviña
10 de xullo de 2026
Esta fin de semana, A Coruña acollerá un novo evento deportivo de primeiro nivel: o Campionato de España Máster por Equipos. A cita, organizada pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e a Federación Galega de Atletismo (FGA) co apoio do Concello, reunirá na cidade o mellor atletismo máster do país, cun milleiro de deportistas pertencentes a conxuntos da Primeira e Segunda División.
As xornadas de competición, que se desenvolverán nas pistas do campus universitario de Elviña, terán lugar entre este sábado 11 e o domingo 12, coa participación de destacados deportistas do panorama estatal, tanto en categoría masculina como feminina, especializados en probas como lanzamento de peso, disco, xavelina, triple salto, salto de altura e tamén con pértega, entre outras modalidades.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou a importancia de que A Coruña esté presente no calendario do atletismo nacional, e, sobre todo, amose a súa capacidade para acoller eventos deste calibre, nos que participarán clubs procedentes de toda a xeografía nacional: Andalucía, Castela e León, Comunidade Valenciana, Cataluña, País Vasco, Illas Canarias, Illas Baleares, Madrid e tamén Galicia.
Neste sentido, Vázquez lembrou que A Coruña estará representada no campionato polo club Marineda Atlético. Concretamente, nas competicións correspondentes á Segunda División masculina. Ademais, en Elviña tamén estarán o Club Atletismo Sada (A Coruña), o Samertolameu (Lugo) e o Club Deportivo La Purísima (Ourense).
"Será unha fin de semana moi emocionante que, ademais de contribuír a visibilizar o atletismo máster nacional, amosará o gran nivel dos conxuntos da nosa terra", expresou o edil, que convidou a cidadanía a asistir á dobre xornada de competición nas instalacións da Universidade da Coruña (UDC) en Elviña.
Dende o 16/07/2026 ata o 19/07/2026
Dende o 18/07/2026 ata o 19/07/2026
Dende o 12/08/2026 ata o 13/08/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible