Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

YANDEL sinfónico

Entradas á venda o 3 de febreiro de 2026 ás 12.00 h

Cando:

12/07/2026

Entradas á venda o 3 de febreiro de 2026 ás 12.00 h

Horario:

22.00 h

Apertura de portas: 20.30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Front Stage: 130,00 €

Pista: 70,00 €

Tendido baixo: 80,00 €

Tendido medio: 60,00 €

Tendido alto: 45,00 €

Requisitos:

Non se admiten cambios nin devolución de entradas.

Os menores de 16 anos teñen que aistir ao evento acompañados dun adulto responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Documentos:

Autorización acceso a menores 16 anos - Yandel Sinfónico (269 KB)

Despois de máis de dúas décadas no máis alto, Yandel -a lenda do reggaeton, un dos seus creadores e responsable máximo da súa difusión como o xénero máis importante dos últimos anos a nivel global- continúa arriscando e innovando para ofrecerlle aos seus millóns de fanáticos o seu talento e as súas cancións. Mesmo de formas nunca vistas anteriormente.

Este é o caso do seu show Yandel 'Sinfónico', co que conseguiu dous sold out no Movistar Area de Madrid. Neste directo, Yandel reivindica o seu legado e reinterpreta os grandes -e numerosos- éxitos da súa carreira acompañado dunha orquestra formada por decenas de músicos con formación clásica que versionan as súas cancións na clave que serve de nome para o show.

E é que tras o éxito no Movistar Area de Madrid, Yandel visitará o Coliseum da Coruña o próximo 12 de xullo de 2026.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda en despacho de billetes Pza Ourense: de luns a venres excepto festivos de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes Coliseum: unicamente a tarde de concerto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión