Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso convocatoria usos IDM tempada 2021-2022

Nesta páxina pode consultar a información relativa á convocatoria de usos das Instalacións Deportivas Municipais para a tempada 2021-2022.

10 de decembro_ DISTRIBUCIÓN DEFINITIVA DAS I.D.M. TEMPADA 2021-22

Logo do prazo establecido para formular alegacións e unha vez reunida a mesa, procédese á publicación da Distribución definitiva de usos das Instalacións Deportivas Municipais para a tempada 2021-22, así como da Acta da mesa de Avaliación e do Decreto. Pode descargalos nas seguintes ligazóns:

Ábrese un prazo de 10 días naturais, a partir do seguinte á data da publicación (Do 11 ao 20 de decembro de 2021), para proceder a formalizar a solicitude, presentando a documentación requirida na base 9.4 da convocatoria. Aquelas entidades que xa presentaran dita documentación, non será necesario que a volvan presentar.

29 de outubro - DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

A pesar do carácter provisional, tendo en conta que xa comezou a tempada de adestramentos e que se causaría un prexuízo ás entidades demandantes de horas de uso no caso de demorar mais a eficacia da dita resolución, permíteselle ás entidades que así o desexen incorporarse aos adestramentos, de forma paulatina, en función dos usos propostos, sempre e cando presenten por rexistro a documentación requirida na base 9.4 da convocatoria, coa advertencia de que se presentan alegacións poden dar lugar a un cambio no reparto das horas de uso. 

No caso de que transcorrido o prazo de alegacións non se formulara ningunha, esta resolución provisional pasará a ter o carácter de definitiva. 

Documentación a presentar:

28 de outubro - DISTRIBUCIÓN PROVISIONAL DAS I.D.M.

Procédese á publicación da Distribución provisional de usos das Instalacións Deportivas Municipais, así como da Acta da 2ª mesa de Avaliación e do Decreto provisional de usos. Pode descargalos nas seguintes ligazóns

Prazo de Alegacións: Establécese un prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación: do 29 de outubro ao 8 de novembro de 2021, ao coincidir o ultimo día natural en domingo.

10 de setembro - ACTA DA REUNIÓN DA MESA DE AVALIACIÓN DO 10 DE SETEMBRO DE 2021

Constituída a Mesa de Avaliación ás 10:00 h. do día 10 de setembro de 2021, procédese á publicación da acta da reunión.

Examinados os datos das solicitudes presentadas, atendendo aos criterios establecidos nos puntos 7 e 8 das bases convocatoria, acórdase requirir a todas as entidades solicitantes a seguinte documentación:

1. Certificado da federación correspondente especificando:

  • Número total de licenzas federativas que compitan, por categorías (competición oficial e regular)
  • Número total de licenzas femininas federativas
  • Número total de licenzas federativas de menores de idade que compitan

Nota: As licenzas federativas que se terán en conta son as que teñan en vigor na tempada 2020-2021.

2. Certificación por parte do/a secretario/a da entidade do número de socios, no seu caso.

3. Certificación por parte do/a secretario da entidade dos datos do punto 8.1.8 da convocatoria en función de se a entidade dispón dunha instalación deportiva para realizar adestramentos, especificando:

  • Non dispoñer de ningún tipo de instalación deportiva propia ou cedida de forma gratuíta
  • Dispoñer na actualidade dunha instalación deportiva en réxime de aluguer.
  • Dispoñer na actualidade dunha instalación deportiva propia ou cedida de forma gratuíta.

Prazo de presentación

Establécese un prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte á data de publicación desta acta na web municipal de Deportes. 

Forma de presentación

A documentación presentarase a través da sede electrónica do Concello da Coruña ou no Rexistro Xeral de Entrada do Concello con destino ao servizo municipal de Deportes. Igualmente poderán presentar a documentación nos Rexistros do servico municipal de Deportes (oficinas da Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo Municipal do Barrio das Flores ou Palacio Municipal de Deportes de Riazor), previa solicitude de cita previa no seguinte enlace: Cita previa

Pode descargar a Acta da Mesa na seguinte ligazón:

17 de agosto - PRAZO DE ALEGACIÓNS

Logo de finalizar o prazo establecido para a presentación das solicitudes de uso das instalacións deportivas municipais, nas súas modalidades de actividade deportiva e actividade física, e de acordo co previsto na Base 9.2 que regula a convocatoria, procédese á apertura dun prazo de 5 días naturais para a formulación de alegacións, no caso de detectar algún erro nos datos da súa entidade. 

O prazo comeza o día seguinte ao da súa publicación na web de Deportes, polo tanto, o prazo para formular alegacións estará aberto do 18 ao 22 de agosto. O prazo remata o día 22 de agosto ás 23:59 horas. 

As listaxes pódense consultar nesta páxina web, hai dous tipos de listaxes:

As entidades poderán identificar a súa solicitude en función do CIF ou NIF consignado na solicitude.

As alegacións realizaranse enviando un correo electrónico a deportes@coruna.gal.

Non se contestarán os correos electrónicos nin se poderán utilizar para formular preguntas ou dúbidas.

Atenderanse exclusivamente aos correos electrónicos enviados para emendar as solicitudes.

Documentos relacionados

  • Distribución definitiva usos IDM 2021-22 (590 KB)
  • Decreto distribución definitiva usos IDM 2021-22 (1 MB)
  • Acta mesa 3 (2 MB)
  • Formulario - SOLICITUDE DE USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ADESTRAMENTOS - TEMPADA 2021-2022 (52 KB)
  • Anexo 1 - SOLICITUDE DE USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ADESTRAMENTOS - TEMPADA 2021-2022 (228 KB)
  • Distribución Provisional das I.D.M. Tempada 2021-22 (191 KB)
  • Decreto Provisional de Usos (187 KB)
  • Acta 1 da Mesa de Avaliación da Convocatoria de Usos das IDM para a tempada 2021-2022- 10 setembro 2021 (434 KB)
  • Acta 2 da Mesa de Avaliación da Convocatoria de Usos das IDM para a tempada 2021-2022- 26 outubro 2021 (734 KB)
  • Listado provisional usos IDM 2021-22_Actividade deportiva (323 KB)
  • Listaxe provisonal usos IDM 2021-22_Actividade física (88 KB)

Convocatoria de usos de Instalacións Deportivas Municipais

CONVOCATORIA

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ADESTRAMENTOS DEPORTIVOS E ACTIVIDADES FÍSICAS DURANTE A TEMPADA 2021-2022

ANUNCIO - Aprobación das Bases para a solicitude de uso de instalacións - Tempada 2021-22

A continuación pode consultar un extracto das Bases da Convocatoria, o documento completo pode descargalo dende esta ligazón ou no documento adxunto ao pé da páxina.

QUEN PODE SOLICITAR?

Poderán solicitar mediante este procedemento o uso das instalacións deportivas municipais os seguintes suxeitos:

1. Entidades deportivas con sede social na cidade da Coruña definidas polo artigo 40 da Lei do Deporte de Galicia: clubs deportivos, agrupacións deportivas escolares,seccións deportivas e federacións deportivas, todas elas sen ánimo de lucro.

Terán prioridade á hora de realizar o reparto aquelas entidades que non dispoñan de instalación propia ou cedida de forma gratuíta. 

2. Deportistas individuais con licenza federativa empadroados na cidade da Coruña que precisen das instalacións deportivas municipais para realizar adestramentos. Considérase deportista individual aquela persoa que practique unha modalidade deportiva de carácter individual.

Ten a consideración de deporte individual a modalidade deportiva que sexa practicada por un ou dous deportistas como máximo en función do seu regulamento.

3. Sociedades Anónimas Deportivas con sede social na cidade da Coruña, sempre e cando non dispoñan dunha instalación propia ou cedida para adestramentos e realicen as súas competicións na cidade da Coruña. Establécese como requisito que a SAD realice a maior parte das súas competicións na instalación que solicita para o adestramento. Terán prioridade no reparto aquelas SAD que participen en ligas profesionais de ámbito nacional debido ao recoñecemento que iso implica para a cidade da Coruña.

4. Academias de formación que, aínda tendo ánimo de lucro, precisan dunha instalación deportiva municipal dirixida ao adestramento deportivo do seu alumnado por non existir na cidade da Coruña instalacións deportivas que conten coas condicións necesarias para ese tipo de adestramento e sempre e cando o adestramento vaia dirixido a participar en probas selectivas de acceso aos corpos de Policía (Local, nacional ou autonómica), Bombeiros e Exército. O reparto de horas para estas entidades farase entre as horas que queden libres unha vez se cubra a demanda total de horas das entidades deportivas da cidade.

O reparto de horas para estas entidades farase entre as horas que queden libres unha vez se cubra a demanda total de horas das entidades deportivas da cidade. 

5. Excepcionalmente poderánselle asignar horas para adestramentos nas instalacións deportivas municipais a entidades deportivas, deportistas individuais, SAD e academias de formación que non teñan sede social ou delegación na cidade da Coruña, sempre e cando queden horas sobrantes nesta convocatoria ou soliciten horarios para as que non existe demanda por parte de entidades ou deportistas da cidade.

CAL É O OBXECTO?

Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que a Concellaría de Deportes vai proceder ao reparto das horas de uso das instalacións deportivas municipais, xa sexan instalacións propias ou cedidas ao Concello da Coruña mediante un convenio, para a realización de actividade física ou actividade deportiva na modalidade de adestramento, por parte das entidades e deportistas individuais especificados anteriormente.

RÉXIME XURÍDICO E NORMATIVA APLICABLE

Tanto o reparto de horas como o uso das instalacións deportivas municipais  deberá realizarse respectando as Bases reguladoras desta convocatoria e, en todo caso, anormativa vixente. 

En concreto:

  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia
  • Lei 33/2003, del 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas.
  • Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais.
  • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia
  • Ordenanza Fiscal número 15 do Concello da Coruña, reguladora da taxa pola prestación de servizos e polo uso das instalacións deportivas municipais.
  • Normas de uso das instalacións deportivas municipais aprobadas pola Xunta de Goberno Local 20 de xullo de 2007.
  • Para o caso das instalacións cedidas pola Universidade da Coruña ao Concello da Coruña deberán respectarse as normas de uso propias desas instalacións.

INSTALACIÓNS OBXECTO DA CONVOCATORIA

No Anexo I que se achega con estas Bases inclúese un cadro onde se enumeran todas as instalacións deportivas municipais onde se permitirán realizar adestramentos e o tipo de actividade permitida en cada unha delas, co fin de dar información sobre as horas ofertadas nesta convocatoria.

As instalacións están codificadas co fin de facilitar a inscrición en liña. Deberá atenderse a ese código para cubrir o formulario de solicitude.

REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO

Haberá distintos requisitos en función do tipo de actividade que se solicite

- Actividade deportiva

  1. Que se pretendan realizar actividades deportivas de adestramento cuxo principal obxectivo é a participación e/ou consecución dun resultado deportivo en competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola Administración Deportiva.
  2. Que tales actividades teñan como finalidade fomentar e promocionar a práctica do deporte, xerando hábitos de práctica deportiva e incrementando o número de practicantes.
  3. Que a actividade se realice por unha entidade ou club deportivo con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña e cuxo adestramento e/ou competicións teñan como sede esta cidade.
  4. No caso de entidades deportivas, á data da proposta de resolución, deberán estar inscritas (ou en trámite de inscrición) no REMAC cos datos actualizados.

- Actividade física

  1. Que a actividade que se pretenda desenvolver nas instalacións deportivas teña por finalidade a realización de exercicio físico e/ou a ocupación activa do tempo de lecer e favorecer o desenvolvemento integral das persoas.
  2. Que a actividade a se realice por algunha das entidades numeradas no punto 2 desta convocatoria.

CRITERIOS DE REPARTO

Como norma xeral distribuiranse horas de luns a venres entre as horas que non estean reservadas pola Concellaría de Deportes para o desenvolvemento das súas Escolas Deportivas Municipais e actividades. En determinadas instalacións poderanse ofertar ademais horas en sábados e domingos

A relación de horas ofertadas recóllese no Anexo I que se achega con esta convocatoria.

Non se ofertarán as horas que sexan necesarias para a realización de competicións desenvolvidas no ámbito federativo ou nas competicións recoñecidas pola administración deportiva. Do mesmo xeito, no caso de que se outorgasen horas de uso que fosen necesarias puntualmente para a realización dese tipo de competicións, o beneficiario deberá ceder esas horas e non terá dereito a percibir ningún tipo de compensación.

Non se lle asignarán, mediante esta convocatoria, horas a un club ou entidade para a realización de actividades deportivas que non teñan que ver co obxecto do propio club ou entidade.

A asignación de horas farase por instalación deportiva e en función do tipo de actividade permitida en cada unha delas.

Lembramoslles que este é un extracto das Bases de convocatoria de usos das IDM, pode consultalas completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto ao pé da páxina:

Bases Convocatoria de usos de I.D.M e Adestramentos - Tempada 2021-22

PRAZO DE PRESENTACIÓN 

A presentación da solicitude realizarase cubrindo o formulario online no prazo de QUINCE (15) DÍAS NATURAIS desde o día seguinte á publicación da convocatoria na páxina web municipal de Deportes. Dito prazo sera extenderase dende o día 8 ata o 22 de xullo de 2021, ambos incluídos. O prazo rematará ás 23:59 horas do 22 de xullo de 2021.

PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse exclusivamente cubrindo o seguinte formulario en liña:

FORMULARIO DE SOLICITUDES - Convocatoria de usos de I.D.M e Adestramentos - Tempada 2021-22

Datos que convén ter a man para cubrir o formulario:

DATOS COMÚNS:

  • Nome ou razón social
  • CIF
  • Correo electrónico
  • Teléfono de contacto
  • Domicilio social, localidade e C.P.

DATOS SEGUNDO A MODALIDADE DE SOLICITUDE

Modalidade actividade deportiva

  • Nº Remac
  • Nº horas/semana concedidas na tempada 2020/2021
  • Para a solicitude de espazos nas IDM (por cada opción):
    • Espazo solicitado (Indicar código segundo Anexo I)
    • Frecuencia semanal
    • Horario
    • Categoría/s
    • Nº equipos
  • Datos para a baremación no caso de empate:
    • Deporte individual ou por equipos
    • Nivel da competición
    • Competición nunha Liga profesional de ámbito nacional con sede nunha IDM
    • Nº de licenzas federativas (só licenzas que compitan)
    • Nº de licenzas federativas femininas (só licenzas que compitan)
    • Nº de licenzas federativas menores de idade (só licenzas que compitan)
    • Nº de socios/as da entidade
    • Dispoñibilidade de instalación propia ou cedida gratuitamente
    • Dispoñibilidade doutras instalacións en réxime de aluguer
    • Ten concedido un convenio nominativo co Concello

Modalidade actividade física de formación

  • Nº horas/semana concedidas na tempada 2020/2021
  • Para a solicitude de espazos nas IDM (por cada opción):
    • Espazo solicitado (Indicar código segundo Anexo I)
    • Frecuencia semanal
    • Horario
  • Datos para a baremación no caso de empate:
    • Sede ou Delegación na cidade da Coruña
    • Nº de alumnos/as da entidade

Documentos relacionados

  • ANUNCIO - Solicitude de uso de Instalacións - Tempada 2021-22 (104 KB)
  • Bases - Convocatoria de usos de I.D.M e Adestramentos - Tempada 2021-22 (1 MB)
  • Anexo I - Oferta de horas IDM 2021-22 (776 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión