Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cidade Deportiva de Riazor

Enderezo:

Rúa Manuel Murguía s/n, Bj. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 800

Fax:

981 189 801

981 189 803

Páxina web:

http://www.coruna.gal/deportes

Horario:

PALACIO DE DEPORTES DE RIAZOR

Instalacións:

Luns a domingo de 08.00 h a 24.00 h

Días especiais de Nadal:

24, 25 e 31 de decembro: pechado

1 e 6 de xaneiro: pechado

5 de xaneiro: 08.00 h a 15.00 h

PISCINA MUNICIPAL DE RIAZOR

Horario das instalacións:

  • Inverno (outubro a xuño): luns a xoves de 07.45 h a 09.00 h, de 14.30 h a 16.00 h e de 21.00 h a 22.30 h. Venres de 07.45 h a 09.00 h, de 14.30 h a 16.00 h e de 20.15 h a 22.30 h
  • Inverno (vacacións de Nadal, segundo o calendario escolar): luns a venres de 08.00 h a 12.00 h, de 14.00 h a 16.00 h e de 20.00 h a 22.00 h. Días 24, 25, 30 e 31 de decembro: pechado. Días 1 e 6 de xaneiro: pechado
  • Verán (xullo): luns a xoves de 08.00 h a 21.30 h. Venres de 08.00 h a 17.00 h e de 18.30 h a 21.30 h
  • Verán (agosto): pechado

PISTAS POLIDEPORTIVAS 1 e 2

Horario das instalacións: luns a domingo de 08.00 h a 24.00 h

Horario de días especiais de Nadal:

  • 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro: pechado
  • 5 de xaneiro: 08.00 h a 15.00 h

Data de peche das instalacións: 1 ao 15 de xullo

FRONTÓN LONGO

Horario das instalacións: luns a domingo de 08.00 h a 24.00 h

Horario de días especiais de Nadal:

  • 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro: pechado
  • 5 de xaneiro: 08.00 h a 15.00 h

TITULARIDADE: Servizo Municipal de Deportes

PALACIO DOS DEPORTES

Servizos:

  • 3 ximnasios
  • Pista de parqué flotante
  • Pista de atletismo sintética de 4 estaxes ("calles")
  • Vestiarios

Data de inauguración: 1 de agosto de 1970

ESTADIO DE RIAZOR

Servizos:

  • Campo de fútbol de herba natural de 68 x 105 m
  • Sala de prensa e estudio de televisión
  • 3 vestiarios
  • Palcos Vip
  • Tenda
  • Bancada con capacidade para 37.000 persoas

PISCINA DE RIAZOR

Servizos:

  • Cursos de natación para embarazadas
  • Cursos de natación posparto
  • Escolas de natación
  • Bancada con capacidade para 500 persoas
  • Adestramento de clubs
  • Servizo de guindastre para o transporte, ata a piscina, de persoas con discapacidade

Tarifas:

Para a retirada das entradas, bonos etc. é necesario presentar o DNI e pódense adquirir na Cidade Deportiva de Riazor, na Cidade Deportiva da Torre ou no Polideportivo do Barrio das Flores.

  • 1 hora: 3,42 €
  • Alugueiro de 1 estaxe ("calle"): 21,43 € a hora
  • Abono de 20 usos: 22,32 €

Normas para as persoas usuarias da piscina:

  • Para acceder á piscina é imprescindible a presentación do carné ou retirar a entrada correspondente.
  • Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado de rúa.
  • É obrigatorio ducharse previamente á entrada no vaso, así como a utilización do gorro de baño.
  • Recoméndase o emprego de zapatillas de auga por motivos de hixiene, así como o uso de albornoz e lentes de natación.
  • Non se permite o emprego de colchóns, flotadores, aletas, lentes de cristal ou calquera outro elemento que poida orixinar risco para as demais persoas usuarias.
  • Respectarase en todo momento o uso da rúa asignada a cada actividade.
  • Por razóns de seguridade queda prohibido lanzarse á auga polos laterais do vaso, así como correr pola zona de praia.
  • As persoas que non saiban nadar ou padezan algunha enfermidade que leve risco, deberanllo advertir previamente ao persoal de socorrismo.
  • Co obxecto de facilitar un maior aproveitamento da instalación deberán seguir as instrucións das/os socorristas.
  • As/os menores de 14 anos estarán acompañadas/os dunha persoa adulta durante o uso libre da instalación.

Normativa:

Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo, publicado no DOG núm. 90 do 11 de maio de 2005. Corrección de erros, publicada no DOG núm. 94 do 18 de maio de 2005.

Real decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas, publicado no BOE núm. 244 do 11 de outubro de 2013. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 271 do 12 de novembro de 2013. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 156 do 27 de xuño de 2014.

PISTAS POLIDEPORTIVAS

Servizos:

  • Unha pista sintética cuberta de 20 m x 40 m para a práctica de bádminton, balonmán, fútbol sala e voleibol
  • Unha pista de cemento cuberta de 20 m x 40 m para a práctica de patinaxe artística, hóckey sobre patíns e hóckey sala
  • 3 vestiarios
  • 1 ambigú
  • 1 almacén
  • Bancada con capacidade para 1.000 persoas

FRONTÓN LONGO

Servizos:

  • Un rocódromo para a práctica de escalada deportiva
  • Unha pista de 24 m x 50 m para a práctica de bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, pelota vasca, cesta punta, tenis, voleibol
  • Bancada con capacidade para 500 persoas

NORMATIVA E TAXAS

Ordenanza fiscal núm. 15, reguladora da taxa pola prestación dos servizos nas instalacións deportivas municipais.

PALACIO DOS DEPORTES DE RIAZOR

5 Actividades deportivas €/hora:

  • 5.1 Adestramentos federados e uso libre:
    • 5.1.1 Pista Central: 19,26 €

A anterior tarifa aplicarase cando o número de persoas usuarias sexa igual ou menor que 25. A partir desta cifra, por cada 10 persoas de exceso ou fracción, a cota resultante incrementarase nun 50%.

  • 5.2 Pista de atletismo (1 estaxe ("calle"). Só poderán ser utilizadas por deportistas federados, opositores, clubs, federacións ou academias dedicadas á preparación de oposicións.
    • 5.2.1 Entrada diaria (por persoa): 1,55 €
    • 5.2.2 Abono 20 usos (por persoa): 15,45 €
    • 5.2.3 Entrada diaria (por club, federación ou academia): 11,12 €
    • 5.2.4 Abono 20 usos (por club, federación ou academia): 110,83 €

6 Competición federada:

  • 6.1 Pista central (máximo dúas horas por partido), sen despacho de billetes: 108,76 €
  • 6.2 Competición atlética (máximo dúas horas), sen despacho de billetes: 108,76 €
  • 6.3 Competicións con despacho de billetes: 145,34 €

Á anterior tarifa incrementarase un 11% sobre a recadación obtida, a partir desa cantidade. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional ao tempo de exceso.

  • 6.4 Veladas de boxeo, loita libre e similares: 4.434,07 €

7 Outros actos

  • 7.1 Actividades físico-deportivas
    • 7.1.1 Actividades físico-deportivas (dúas horas) sen despacho de billetes: 778,05 €
    • 7.1.2 Actividades físico-deportivas (dúas horas), con despacho de billetes: 778,05 €

Á anterior tarifa aplicaráselle un 11% sobre a recadación obtida. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo de exceso.

  • 7.2 Festivais e actos non deportivos:
    • 7.2.1 Festivais e actos non deportivos , por acto, sen despacho de billetes: 3.589,09 €
    • 7.2.2 Festivais e actos non deportivos, por acto, con despacho de billetes: 4.433,69 €

O anterior despacho de billetes incrementarase aínda 11% sobre o total da recadación obtida.

FRONTÓN MUNICIPAL LONGO E POLIDEPORTIVAS 1 E 2

8 Actividades deportivas

  • 8.1 Adestramentos, 1 hora. 16,74 €

Cando o número de participantes exceda de 25persoas, a cota incrementarase por cada 10 persoas de exceso ou fracción en 50%.

9 Competicións federada

  • 9.1 Pista (máximo 2 horas), sen despacho de billetes: 92,03 €
  • 9.2 Competicións con despacho de billetes: 92,03 €

A tarifa anterior incrementarase nun 11% sobre a recadación obtida a partir desa cantidade.

  • 9.3 Velada de boxeo, loita libre ou similar: 510,33 €

10 Outros actos

  • 10.1 Actividades fisico-deportivas:
    • 10.1.1 Actividades fisico-deportivas, dúas horas, sen despacho de billetes: 510,33 €
    • 10.1.2 Actividades fisico-deportivas, con despacho de billetes: 510,33 €

A tarifa anterior incrementarase nun 11% sobre o total da recadación obtida. Cando a competición exceda de dúas horas, aplicarase a taxa proporcional polo tempo de exceso.

  • 10.2 Festivais e actos non deportivos:
    • 10.2.1 Festivais e actos non deportivos, por acto, sen despacho de billetes: 1.271,65 €
    • 10.2.2 Festivais e actos non deportivos, por acto, con despacho de billetes: 1.798,72 €

A tarifa anterior incrementarase nun 11% sobre a recadación obtida a partir desa cantidade.

PISCINA MUNICIPAL DE RIAZOR

18 Tarifa Xeral (acceso, adestramentos e competicións, sen despacho de billetes)

  • 18.1 Cota de entrada pública, por persoa e hora de uso: 3,42 €
  • 18.2 Abono de 20 usos dunha hora en horario público: 22,32 €
  • 18.3 Uso exclusivo de estaxe ("calle") por hora: 21,43 €
  • 18.4 Uso exclusivo de piscina por hora: 102,8 €
  • 18.5 Competicións que requiran o uso das seis estaxes ("calles") por un período non superior a catro horas: 145.64 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión