06 de abril de 2026 - CONVOCATORIA - EXTRACTO E PUBLICACIÓN BOP
O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de A Coruña nº 62 de 06 de abril de 2026:
O enlace público de consulta é, Código BDNS - 895958:
CONVOCATORIA - EXTRACTO
De conformidade coas competencias atribuídas a este Concello polo artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en aplicación do artigo 23 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións (en diante, LGS), a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, así como as normas de carácter regulamentario que a desenvolven (R.D. 887/2006 e Decreto 11/2009), convócanse subvencións para entidades deportivas sen ánimo de lucro destinadas á realización de actividades físicas e deportivas a realizar durante o exercicio 2026 (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026).
A continuación publicase un EXTRACTO das Bases que rexeran esta convocatoria, pode consultar as bases completas no documento adxunto na seguinte ligazón ou ao pé da páxina:
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarias as entidades deportivas sen ánimo de lucro constituídas, de acordo ás súas disposicións específicas, por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.
Terán o carácter de entidades deportivas aquelas definidas como tal no artigo 40 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
OBXECTO
O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas económicas co fin de fomentar e apoiar a realización de actividade física e deportiva por parte das entidades deportivas sen ánimo de lucro do termo municipal da Coruña durante o exercicio 2026.
Non se admitirá a presentación de solicitudes de subvencións que non teñan como finalidade a realización dunha actividade física ou deportiva dentro do termo municipal da Coruña, coa única excepción daquelas entidades deportivas sen ánimo de lucro con sede social na cidade que presenten proxectos destinados a competir fóra do termo municipal.
Admítese esta excepción entendendo que a participación ou organización destas probas contribúe a conseguir logros e recoñecementos para a cidade e os seus deportistas. Así mesmo, admitirase excepcionalmente a organización de eventos deportivos do tipo 2 fóra do termo municipal da Coruña cando as entidades deportivas acrediten adecuadamente que non se pode desenvolver a actividade solicitada dentro do termo municipal da Coruña.
As actividades clasificaranse a efectos desta convocatoria nos seguintes tipos:
CRÉDITO ORZAMENTARIO
O crédito total destinado ás subvencións obxecto da presente convocatoria é de CATROCENTOS CINCUENTA MIL EUROS (450.000,00 €), gasto imputable á aplicación orzamentaria 52.341.48900 do orzamento municipal.
O crédito orzamentario é o límite do importe das axudas que se poidan conceder.
DISTRIBUCIÓN GLOBAL ENTRE TIPOS DE ACTIVIDADES
O importe global distribuirase, sempre que as solicitudes presentadas permitan, cos seguintes límites máximos:
LÍMITE MÁXIMO DAS ACTIVIDADES PARA SUBVENCIONAR
Cada entidade deportiva debe presentar unha solicitude individual por sede electrónica por cada subvención que solicite, sendo obrigatorio cubrir a solicitude (formulario web) indicada no trámite especifico establecido, de acordo con o establecido na Base 7.2, indicando de modo claro o tipo de actividade para a que solicita esta subvención.
O erro na clasificación da actividade por tipo non dá lugar á perda do dereito de subvención.
O Servizo de deportes pode cambiar a clasificación da actividade cando exista un erro ou cando en caso de dúbida este cambio poida beneficiar ao interesado.
Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo de dúas (2) subvencións de entre o total de tipos enumerados na Base 3. Por tanto, só poderán subvencionarse dúas (2) actividades distintas dunha mesma entidade.
Todas as actividades propostas deben ser concretas e dirixidas á realización dunha actividade física ou deportiva específica.
PROCEDEMENTO
O procedemento de concesión das subvencións obxecto da presente convocatoria tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de subvención deberanse presentar no modelo oficial establecido específico para este procedemento (formulario web), que se achega a esta convocatoria a través da sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es con destino ao servizo municipal de Deportes no prazo de 10 días hábiles que contarán a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia para as liñas 1A, 1B e 2.: do 7 ao 20 de abril de 2026 (ambos incluídos)
Para a liña 3 (fases de ascenso), o prazo de 10 días hábiles abranguerá do 18 de maio ao 29 de maio (ambos incluídos). Como fundamento específico da autonomía material da dita liña, cómpre indicar que estas fases acontecen ao final do desenvolvemento das ligas regulares correspondente; as tempadas deportivas adoitan abarcar os períodos de setembro/outubro do ano actual a abril/maio do seguinte ano e lévase a cabo a fase de ascenso ou etapa final a partir do mes de maio correspondente.
O feito de non utilizar os modelos oficiais establecidos na sede electrónica ou a presentación da solicitude por outro medio que non sexa a sede electrónica do Concello da Coruña será causa de non admisión da solicitude presentada.
Se o último día do prazo fose inhábil (sábados, domingos e festivos), entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
DOCUMENTACIÓN
Se os documentos esixidos xa estiveren en poder de calquera órgano do Concello da Coruña, o/a solicitante poderá acollerse ao establecido no parágrafo 1, apartado d), do artigo 53 da Lei 39/2015, sempre que se fagan constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitido.
No suposto de imposibilidade material de obter algún dos documentos, o órgano competente poderalle requirir ao solicitante ou ao seu representante que presente o dito documento ou, na súa falta, que acredite por outros medios os requisitos a que se refire este, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Documentos relacionados
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible