"Eu nacín aquí. Meus pais naceran aquí e mais meu avó paterno e a miña avoa paterna, e tamén a miña avoa materna e mais lonxe na miña ascendencia os meus antepasados e a súa proxenie". Así se expresaba María Casares nas súas memorias "Residente Privilexiada" referíndose á súa cidade, A Coruña. Neste ano de 2022 o Concello promove a celebración do centenario do nacemento de María Casares (A Coruña 1922 - Alloue 1996).
Sólo de A Coruña
Educación
Complementaria
O obxectivo fundamental deste documento é servir de ferramenta básica para profesorado e persoal educador na difusión e posta en valor da figura da actriz galega exiliada María Casares. Partindo desta premisa, pretendemos acadar unha serie de obxectivos xerais a partir dos cales se deseñaron os contidos e actividades didácticas. Estes obxectivos están estreitamente vinculados co currículo educativo e as competencias clave das distintas etapas educativas abordadas:
Unha actriz que realizou a súa carreira en Francia, que representaba a vontade, a independencia e a forza creativa tanto na súa vida pública como actriz de teatro e cine como na súa vida persoal. Foi compendio de potencia ética e de compromiso coa II República Española no sentido máis alto da palabra, María Casares sempre dicía que o seu primeiro e mais doloroso exilio foi ter que abandonar A Coruña con oito anos para instalarse en Madrid; o segundo, o definitivo, levaríaa posteriormente a Francia.
Cadernos Didácticos
Este material didáctico foi elaborado con motivo do centenario do nacemento da actriz María Casares, conmemoración que consideramos unha grande oportunidade para lembrar a súa figura e achegala ao alumnado de forma atractiva e didáctica. O feito de ser unha actriz de orixe galega pero cunha traxectoria artística en Francia, unido á súa condición de exiliada, fixo que se considerase practicamente unha estranxeira e, por conseguinte, que fose esquecida inxustamente tras a súa morte, a diferenza do que aconteceu en Francia, onde aínda hoxe é homenaxeada. Queremos reivindicar con este traballo a súa figura, senlleira e de especial relevancia para comprender o noso pasado, pero tamén o noso presente, outorgándolle o seu merecido espazo na memoria colectiva.
As actividades que presentamos, orientadas ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria, non pretenden ser unha proposta didáctica pechada, pois coidamos que, para a súa maior eficacia, deben ser adaptadas aos intereses e coñecementos do alumnado e do profesorado, así como á súa diversidade, mediante a selección, modificación e afondamento naquelas cuestións que os e as docentes xulguen oportunas.
Desde el 22/02/2022 hasta el 30/06/2022
Ya ha finalizado
Sobre as autoras:
Sara R. Espiñeira é profesora de Lingua galega e literatura no ensino secundario. Gradouse en Linguas Modernas, con itinerario de francés, e en Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.
Alba Guerra Gontán, mestra de Educación Infantil. Conta con varias formacións realizadas no ámbito da Educación Emocional e con inquietudes vencelladas ás pedagoxías activas, á escola na natureza é á introdución da coedución nas aulas.
Máis información: 2022 Año internacional de María Casares
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible