Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ampliación do prazo de inscrición de varios programas do Plan Coruña Educa

Cando:

15 de outubro de 2025

Hoxe será o último día para formalizar a inscrición na maior parte dos programas educativos.

O Concello da Coruña pecha este xoves 16 de outubro (ás 23.59 horas) o prazo para inscribirse na maior parte dos programas educativos municipais incluídos nunha nova edición do Plan Coruña Educa para o curso 2025/2026.

O prazo de inscrición abriuse o pasado 16 de setembro cunha ampla oferta educativa destinada ao alumnado dos centros da cidade (e de centros doutros concellos, no caso dalgunhas actividades), con actividades formativas en materia cultural, científica, social, lingüística, ambiental e de lecer.

Aínda permanecerán abertos os prazos de inscrición para os programas " V Concurso Imaxina Coruña 2025-26 (ata o 30 de outubro), " Visitas escolares ás bibliotecas 2025-26 (ata o 15 de novembro) e Vaia Banda 2025-26 (desde o 22 de outubro ata o 7 de novembro).

Ampliación do prazo de inscrición de varios programas

Ademais, amplíase o prazo de inscrición dos seguintes programas:

Os centros educativos interesados en participar nalgún dos programas poderán formalizar a súa participación a través da web educativa do Concello. Na maior parte dos programas a inscrición realizarase a través da ficha específica en liña do servizo de Educación. Nalgúns casos será necesario cubrir unha ficha que facilita a entidade encargada de desenvolver o programa (a ligazón estará especificada no cadro anexo e na información de cada programa).

Documentos relacionados

  • Cadro resumen Plan Coruña Educa 2025-2026 (COE) (378 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión