Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Arrinca unha nova edición do programa de Rutas urbanas animadas
CEIP Alborada (07/03/2025)
Cando:
18 de marzo de 2025
A actividade busca dar a coñecer os segredos da cidade a escolares dende os tres ata os oito anos.
O pasado venres 7 de marzo púxose en marcha unha nova edición do programa de rutas urbanas animadas.
Esta actividade, organizada polo Servizo Municipal de Educación e a Federación das ANPA de centros públicos, consiste nunha serie de percorridos a pé pola cidade para que escolares de entre tres e oito anos (dende 4.º de EI ata 2.º de EP) coñezan o lugar no que viven ao mesmo tempo que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.
Entre o 7 e o 14 de marzo realizáronse as seguintes rutas:
O alumnado de 6.º curso de educación infantil descubriu a zona dos xardíns de Méndez Núñez a través da ruta "Un museo ao aire libre".
Os grupos de 1.º de primaria estiveron na zona do estanque dos peixes dos xardíns de Méndez Núñez para coñecer os "Habitantes dos xardíns".
Os grupos de 2.º de primaria realizaron a ruta "Tesouros de María Pita", para coñecer con máis detalles esta emblemática praza e os segredos que esconde.
Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible