Concello da Coruña

Concello da Coruña

O 1 de outubro ábrese o prazo para inscribirse no programa de educación ambiental

Cando:

29 de setembro de 2020

A Concellaría de Medio Ambiente abre, do 1 ao 16 de setembro, o prazo de inscrición nos programas de educación ambiental do curso 2020-2021 destinados ao alumnado de centros educativos da cidade.

Entre as nove actividades ofertadas este ano, inclúese un programa novo relacionado coa Covid 19.

Estes son os obradoiros dispoñibles: 

  • O aire que nos rodea
  • A ruta da auga na Coruña
  • Os residuos urbanos na Coruña
  • Vexo, vexo
  • A enerxía que move a miña cidade
  • A Coruña contra o cambio climático
  • Movemento sustentable
  • A outra vecindade
  • A pandemia Covid 19

Programa ao que pertence

  • "Veo, veo" 2020-2021

    As cidades e a contorna urbana son ecosistemas en que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, en que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubriren as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que as cidadás e cidadáns omprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

    Máis información
  • A pandemia da Covid-19

    Até ben entrado o século XX, os virus constituían un misterio invisible. Eran de importancia transcendental pero indetectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Antón van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriolóxicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto un coronavirus cambiou por completo a nosa vida, como só o conseguiran antes as peores guerras da humanidade. Afondemos un pouco máis o coñecemento destes patóxenos.

    Máis información
  • Movemento sustentable 2020-2021

    O 40% da produción enerxética final destínase ao transporte nas súas diferentes modalidades. O 15% é utilizado polas familias no seu vehículo particular. Se engadimos a parte de enerxía que se precisa para fabricar e manter os vehículos e as infraestruturas necesarias, esta demanda elévase até o 50%. Practicamente o 100% dos combustibles teñen a súa orixe en derivados do petróleo, o que supón unha dependencia dun recurso non renovable, escaso e que importamos. A educación, a saúde, o emprego ou o lecer deben resultar accesibles para todas e todos, independentemente de que dispoñamos ou non de coche.

    Máis información
  • O aire que nos rodea 2020-2021

    A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica até tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; mais tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida...

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión