Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

O Concello premia a creatividade audiovisual do alumnado coruñés na segunda edición de ‘Cinema na escola’

Cuándo:

25 de mayo de 2023

As curtametraxes desenvolvidas pola rapazada acumulan case 20.000 visualizacións en Youtube desde a súa publicación, esta mesma semana

Este mércores, no auditorio do Ágora, celebrouse a gala de clausura da segunda edición do programa municipal 'Cinema na escola', unha iniciativa promovida pola Concellaría de Educación co obxectivo de achegar ás novas xeracións ao eido do audiovisual, e fomentar valores como o traballo en equipo para o impulso de proxectos creativos. Neste curso, tomaron parte 18 centros educativos da cidade.

A gala, que congregou entre o martes e o mércores a multitude de alumnas e alumnos que cursan primaria e secundaria na Coruña, puxo o peche a meses de preparativos por parte da rapazada, que se implicou na redacción de guións, plans de rodaxe e edición de vídeo necesarios para a presentación final dos seus proxectos, en forma de curtametraxes.

Neste sentido, a totalidade das curtas desenvolvidas nesta segunda edición de 'Cinema na escola' -xa dispoñibles a través da canle de Youtube da Concellaría de Educación- acumulan case 20.000 visualizacións no seu conxunto, nesta primeira semana en liña.

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, tomou parte nos actos de entrega de premios, e puxo en valor "a creatividade, imaxinación e capacidade de traballo en colectivo" da rapazada que participou no programa. No Ágora, Celemín estivo acompañado por actrices e intérpretes galegos como Eva Fernández, Victoria Teijeiro e Víctor Grande. Ademais, os actores Luis Tosar e Antonio Durán 'Morris' tamén felicitaron en vídeo a rapazada participante polo seu traballo no contexto deste proxecto.

Os proxectos gañadores en Educación Primaria

Oito centros educativos de Educación Primaria tomaron parte este curso no programa 'Cinema na escola'. Son os seguintes: CEIP Sagrada Familia, CEIP Cidade Vella, Colexio Cid, CPR Compañía de María, CEIP Zalaeta, CEIP Rosalía de Castro e CEIP Alborada.

Estes foron os proxectos gañadores, categoría a categoría:

  • Mellor fotografía
    • Primeiro premio: 'Abrindo portas', do Compañía de María.
    • Segundo premio: 'MZ', do CEIP Sagrada Familia.
  • Mellor guión
    • Primeiro premio: 'GNPH', do CEIP Cidade Vella.
    • Segundo premio: 'A taquilla', do Colexio Cid.
  • Mellor edición e montaxe
    • Primeiro premio: 'Mate', do CEIP Rosalía de Castro.
    • Segundo premio: 'Únicos', do CEIP Zalaeta.
  • Mellor son
    • Primeiro premio: 'A nota', do CEIP Alborada.
    • Segundo premio: 'A taquilla', do Colexio Cid.
  • Mellores efectos visuais
    • Primeiro premio: 'MZ', do CEIP Sagrada Familia.
    • Segundo premio: 'Aínda é luns', do CEIP Alborada.
  • Mellor interpretación
    • Primeiro premio: 'A taquilla', do Colexio Cid.
    • Segundo premio: 'Aínda é luns', do CEIP Alborada.
  • Mellor curtametraxe: 'GNPH', do CEIP Cidade Vella.
  • Premio do público: 'A taquilla', do Colexio Cid.
  • Mención aos valores: 'Novos amigos', do CEIP Zalaeta.
  • Mención ao proxecto máis divertido: 'Únicos', do CEIP Zalaeta.
  • Mención ao esforzo: 'MZ', do CEIP Sagrada Familia.

Os proxectos gañadores en Educación Secundaria

Dez centros educativos de Educación Secundaria tomaron parte este curso no programa 'Cinema na escola'. Son os seguintes: IES Monelos, IES Puga Ramón, IES Salvador de Madariaga, CPR Esclavas, CPR Franciscanos, CPR Franciscanas, CPR Fogar de Santa Margarida, IES Agra do Orzán, IES Eusebio da Guarda e o IES da Sardiñeira.

Estes foron os proxectos gañadores, categoría a categoría:

  • Mellor fotografía
    • Primeiro premio: 'Debuxa', do IES Eusebio da Guarda.
    • Segundo premio: 'O consello escolar', do CPR Esclavas.
  • Mellor guión
    • Primeiro premio: 'Dogma 95', do CPR Fogar de Santa Margarida.
    • Segundo premio: 'A mente', do CPR Franciscanos.
  • Mellor edición e montaxe
    • Primeiro premio: 'Debuxa', do IES Eusebio da Guarda.
    • Segundo premio: 'A caída', do IES Monelos.
  • Mellor son
    • Primeiro premio: 'O coleccionista', do IES Salvador de Madariaga.
    • Segundo premio: 'O segredo está nas notas', do IES Agra do Orzán.
  • Mellores efectos visuais
    • Primeiro premio: 'A outra realidade', do CPR Franciscanas.
    • Segundo premio: 'Dogma 95', do CPR Fogar de Santa Margarida.
  • Mellor interpretación
    • Primeiro premio: 'Osíxeno', do IES da Sardiñeira.
    • Segundo premio: 'Debuxa', do IES Eusebio da Guarda.
  • Mellor curtametraxe: 'Debuxa', do IES Eusebio da Guarda.
  • Premio do público: 'O coleccionista', do IES Salvador de Madariaga.
  • Mención aos valores: 'Igualando fíos', do IES Puga Ramón.
  • Mención ao proxecto máis divertido: 'Un soño histórico', do CPR Esclavas.
  • Mención ao esforzo: 'Debuxa', do IES Eusebio da Guarda.

Podes ver a presentación do programa nesta ligazón

Programa al que pertenece

  • Cine en la escuela 2022-23

    Segunda edición. La saga continúa. Un curso más creamos una escena "de cine" para nuestro entorno educativo. Luces, cámara y acción... 

    ¿Aun no visteis los cortometrajes más premiados de la primera edición? Podéis hacerlo en el canal de Youtube que encontraréis más abajo.

    • El último acorde (IES Salvador de Madariaga)
    • Atrévete tu (Colegio CID)
    Más información

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión