Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de outubro de 2019

O Concello vese na obriga de pechar o Centro Abeiro ante a imposibilidade de cumprir coa lei

A decisión tómase despois de informar ás entidades da cidade que traballan neste ámbito e de establecer unha coordinación conxunta. Benestar Social potenciará o servizo de rúa e o dispositivo de frío.

O Goberno local vese na obriga de pechar o Centro Abeiro, un espazo municipal no que se desenvolvía o programa de baixa esixencia destinado á cidadanía en situación de rúa, en cumprimento da lei e por esixencias da Xunta de Galicia ao ditaminar que o centro non se adecuaba aos requisitos mínimos esixidos e, como consecuencia, interpoñendo unha sanción en outubro de 2017.

Á súa chegada ao Goberno, o Executivo local analizou co Servizo de Edificación as posibilidades de subsanar todos os requisitos específicos que o centro non cumpría e que eran esixidos pola normativa sectorial de aplicación. Tras esta análise, a única opción viable deixaría o espazo sen os metros mínimos necesarios que a Xunta esixe para este tipo de centros. Neste senso, e segundo o Goberno autonómico, o inmoble seguiría a ser non válido para exercer esta actividade. Polo tanto, co fin de cumprir a lei e de salvagardar a integridade física do cadro do persoal traballor e as persoas usuarias do albergue municipal, o Concello vese na obriga de pechar o Centro Abeiro.

Seguidamente, a Concellería de Benestar Social e Igualdade decidiu informar a todas as entidades da cidade que traballan neste ámbito para que foran coñecedoras da situación do Centro Abeiro e estableceu unha coordinación entre todas as partes involucradas. Desde o primeiro momento, as entidades comprometéronse a colaborar, cada unha dentro do seu ámbito, para subsanar as consecuencias de que o albergue municipal non se poida reabrir. Entre elas, destacar que ACCEM e Padre Rubinos manifestan a posibilidade de ampliar o número de prazas en ambos os centros.

Outra das medidas adoptadas desde a Concellería é a potenciación do servizo de rúa e o dispositivo de frío que o Concello presta a través dos seus convenios coa Cruz Vermella e ACCEM.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión