Concello da Coruña

Concello da Coruña

Áreas de resultado clave

Desenvolvemos programas, servizos de atención directa, campañas e/ou actividades puntuais que atenden os seguintes cometidos:

A)   PROTECCIÓN DA IGUALDADE

  • Velar pola aplicación efectiva do principio de igualdade, tanto na dimensión de igualdade de trato e non discriminación, como de igualdade de oportunidades e igualdade de xénero.
  • Promover activamente a eliminación da discriminación por motivos de sexo, orientación sexual, edad, orixe étnica, cultural, discapacidade funcional ou sensorial etc.
  • Prestar servizos de atención directa a persoas afectadas por situación de discriminación, especialmente por cuestión de violencia de xénero ou de identidade sexual.

B)   EDUCACIÓN PARA OUTRO MODELO DE SOCIEDADE

  • Desenvolver programas de sensibilización con enfoque multidisciplinar e coeducativo como parte do traballo en positivo para a convivencia igualitaria na cidade.   
  • Promover o reparto equilibrado dos usos do tempo dedicados ao traballo remunerado e ao traballo non remunerado.
  • Mostrar e poñer en valor modelos de masculinidade igualitaria e corresponsable cos coidados.
  • Facilitar procesos de empoderamento persoal e colectivo, a través de recursos vitais para a autonomía, a inclusión e a toma de decisións en igualdade.
  • Facilitar recursos para facer da Coruña unha cidade libre de violencias machistas.
  • Facilitar recursos para facer da Coruña unha cidade acolledora e inclusiva.

 C)   COORDINACIÓN E ALIANZAS PARA A INCLUSIÓN

  • Facilitar apoio práctico a outras concellarías para orientar os programas e servizos municipais cara ao impacto favorable na igualdade no municipio.
  • Promover a elaboración de protocolos de coordinación entre institucións e entidades comprometidas coa igualdade na diversidade.
  • Impulsar o traballo colaborativo entre asociacións e colectivos activos por unha cidade inclusiva e igualitaria.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión