Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Preinscrición para o período vacacional de Semana Santa 2026 nos espazos de atención á infancia
PREINSCRICIÓN
Do 27 de febreiro ao 3 de marzo
HORARIO DE PRESENTACIÓN
Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas. Tamén se poderá facer a preinscrición en liña a través da seguinte páxina:
Inscrición canguros en liña
Achegar documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar (ambos/as os/as proxenitores/as, se procede): nóminas, último pago de autónomos, prestacións, outros.
PUBLICACIÓN DE LISTAS DE ADMITIDOS/AS
10 de marzo nos taboleiros informativos dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas, ou no 010.
DÍAS DE ATENCIÓN
30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril
HORARIOS DOS ESPAZOS
Labañou/Rosales: das 08.00 ás 15.00 horas
Castrillón: das 16.00 ás 20.30 horas
Monte Alto: das 08.00 ás 15.00 horas
Os Mallos: das 08.00 ás 15.00 horas e das 16.00 ás 20.30 horas
Palavea: das 08.30 ás 14.00 horas
Mesoiro: das 08.00 ás 15.00 horas
Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá e un único Espazo en horario de tarde. En caso de solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.
As persoas que necesiten a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correspondente xestión.
Teléfono de atención do Servizo de Canguraxe: 673 132 372 (en horario das 08.00 ás 14.00 horas)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible