Neste apartado ofrecemos información específica de como proceder para alugar as pistas de pádel municipais, situadas na Cidade Deportiva A Torre.
Localización das pistas de pádel:
As pistas de pádel municipais forman parte das instalacións da Cidade Deportiva da Torre.
Formalización do alugueiro:
Poderase realizar de dúas formas:
1) Telematicamente, a través da plataforma Cronos Web:
Ligazón para o acceso á plataforma: acceso a Cronos Web.
Recomendamos consultar a guía de acceso e uso de Cronos Web, que se pode descargar na seguinte ligazón: Guía xeral de acceso a Cronos Web
NOTA: Para poder usar a plataforma Cronos Web é necesario estar previamente de alta nela. Esta alta inicial farase, de modo presencial, no rexistro de Deportes de Riazor, presentando o DNI ou documento identificativo análogo (NIE, pasaporte etc.), e indicando un enderezo de correo electrónico, que será o que permita posteriormente o acceso á plataforma en liña.
2) Presencialmente, acudindo á Oficina de Rexistro do Palacio de Deportes de Riazor, preferentemente con cita previa.
Tarifa 2025 (Ordenanza fiscal núm. 15):
Uso libre para actividade física. Partido individual ou dobres/unha hora: 3,18 €

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible