Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2026

«3CLIPSE», novo programa do Planetario

A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028

A estrea deste programa, que se produce de forma simultánea en trinta e cinco planetarios, museos e centros de ciencia de España e Portugal, é unha produción a toda cúpula creada para achegarlle ao público un dos fenómenos astronómicos máis extraordinarios das próximas décadas: as tres eclipses solares que serán visibles dende a península Ibérica en 2026, 2027 e 2028. En concreto, A Coruña será un lugar privilexiado para ver a primeira delas, unha eclipse total de Sol que terá lugar cara ao final da tarde do 12 de agosto deste ano. A segunda das eclipses, en 2027, tamén será total e a terceira, en 2028, anular; unha combinación excepcional que converterá a península nun dos mellores lugares do mundo para a observación astronómica durante eses anos.

A produción combina divulgación científica, narrativa visual e emoción para ofrecer unha experiencia inmersiva pensada para público a partir de dez anos. A través da historia dunha nena e a súa avoa, o programa acompaña a audiencia nunha viaxe pola relación entre o ser humano e un dos fenómenos máis espectaculares do ceo. «3CLIPSE» convida a descubrir como se producen as eclipses, que significaron para distintas culturas ao longo da historia e por que seguen espertando fascinación en pleno século XXI.

«3CLIPSE» é un proxecto coordinado polo Museo Elder da Ciencia e a Tecnoloxía (Las Palmas de Gran Canaria) e coproducido polo Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. O filme, dirixido por Fernando Jáuregui, conta coa participación do estudio de animación coruñés Antaruxa e os técnicos dos Museos Científicos Bibiana García Visos (produción) e Marcos Pérez Maldonado (guión).

Ademais do programa do Planetario, a iniciativa pon a disposición do público na súa web unha exposición descargable, unha guía didáctica, vídeos divulgativos e diversos recursos educativos.

A carteleira do Planetario da Casa das Ciencias incorpora «3CLIPSE» con sesións ás 13.00 e ás 18.00 horas. A partir do 1 de xullo proxectarase ás 13.00 e ás 19.00 horas.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión