17 de xullo de 2019
Ademais da exposición, preséntase un módulo cun microscopio electrónico doado polo CHUAC.
Bocados é unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á mala nutrición antes de 2030.
A exposición aborda temas que van desde a vida urbana e a educación ata o acceso á auga, a saúde ou a igualdade de xénero. Os ODS son 17 obxectivos que están relacionados, de forma directa ou indirecta, coa nutrición.
As experiencias que se propoñen na exposición inclúen unha gran roda sobre a que hai que camiñar e comprobar as calorías consumidas, como exemplo do exercicio físico que debemos realizar. Tamén unha báscula especial que indicará a cantidade de auga que corresponde ao peso da persoa que suba a ela; un módulo sobre técnicas culinarias que propón realizar estimacións de peso, volume e tempo, parámetros que se empregan habitualmente na preparación de comidas; a reprodución dos sons que se producen durante a dixestión, en especial ao comer legumes; unha mesa cunha pantalla táctil na que se propón un xogo que mostra que comer non só implica alimentarnos senón tamén experiencias agradables a todos os sentidos; ou unha actividade de creación de figuras de froitas con papiroflexia.
Bocados é unha produción dos Museos Científicos Coruñeses.
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía- Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

26 de xuño de 2026
A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible