Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2026

Ditame do xurado dos XXXIX Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 14 de novembro no Concello da Coruña

O xurado da XXXIX convocatoria do premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, reunido os días 19 e 20 de setembro de 2026, decidiu outorgarlles os Prismas de Bronce aos seguintes traballos:

• Mellor traballo en vídeo: "La luz con el tiempo dentro", de Elena Alonso Redondo, Luís Gómez Juanes e Paloma Banderas Bielicka, por facer accesible e emocionante un fenómeno físico de enorme complexidade sen descoidar o lado humano da investigación científica.

• Mellor traballo en novos medios: canle de Youtube "Cuarentaydos", de José Luis Oltra Calatayud, pola calidade, creatividade e dinamismo dunha produción divulgativa consolidada.

• Mellor proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano: "Del cloro a la diversidad", de Bárbara Martínez Escrich e Mónica López Martínez do Instituto Municipal de Gestión Medioambiental-Real Jardín Botánico de Córdoba, pola súa orixinalidade e marcada visión didáctica.

• Mellor artigo xornalístico: "ChatGPT no pasa la prueba: así pone en peligro la vida de los menores" de Isabel Rubio Arroyo para El País, por poñer en evidencia a través da experimentación directa e o coñecemento de fontes expertas o risco da falta de controis efectivos na tecnoloxía ao alcance dos menores.

• Mellor traballo en radio: "Calvet en bicicleta" de Manuel Vicente García, César Martínez Pérez, Rosa Pedrido Castiñeiras, Estíbaliz Espinosa Río e Juan José Fernández Gómez por aproveitar todas as posibilidades dunha experiencia estética sonora integral.

• Mellor proxecto singular: "#LaCienciaDel100" de Navarrabiomed-Fundación Miguel Servet, por propoñer unha innovadora experiencia de divulgación científica e trasladala con eficacia ao medio dixital.

• Mellor libro editado: "Viaje al planeta de los insectos", de Chema Catarineu para Tundra Ediciones, por utilizar os insectos como vía para abordar conceptos máis amplos e polo emprego do humor e recursos visuais para espertar a curiosidade de lectores e lectoras inesperados.

• Prisma Especial do Xurado a por "Desgranando Ciencia" a traxectoria dun evento que conxuga múltiples fórmulas de divulgación científica co fomento da participación cidadá.

Tamén se decidiu outorgar mencións honoríficas nas modalidades seguintes:

Mención de honra na categoría de vídeo para "O camiño de cova Eirós", de José González Varela.

Mención honra na categoría de radio para "Vis a vis con la ciencia", do Museo Nacional de Ciencias Naturales.

Composición do xurado

- Presidenta: Rocío Benavente Pérez, xornalista científica adxunta á dirección da Fundación Maldita.

- Gemma del Caño Jiménez, farmacéutica especialista en industria alimentaria e divulgadora científica.

- Yolanda Golías Pérez, profesora da área de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade da Coruña.

- Diego Ortega Alonso, profesor de Didáctica da Expresión plástica da Universidade de Xaén e ilustrador científico.

- Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo Museos Científicos Coruñeses, actuou como secretario do xurado.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión